{"id":4770,"date":"2018-02-16T00:00:00","date_gmt":"2018-02-15T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/o-campamento-kamikaze-do-cip-ofrecera-en-razo-tres-dias-de-experiencia-audiovisual-extrema"},"modified":"2024-11-06T07:07:08","modified_gmt":"2024-11-06T06:07:08","slug":"o-campamento-kamikaze-do-cip-ofrecera-en-razo-tres-dias-de-experiencia-audiovisual-extrema","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/o-campamento-kamikaze-do-cip-ofrecera-en-razo-tres-dias-de-experiencia-audiovisual-extrema","title":{"rendered":"O Campamento Kamikaze do CIP ofrecer\u00e1 en Razo tres d\u00edas de &#8220;experiencia audiovisual extrema&#8221;"},"content":{"rendered":"<p align=\"left\">Este domingo, d\u00eda 18, remata o prazo para presentar webseries \u00e1 secci\u00f3n oficial do Carballo Interplay, que se celebrar\u00e1 do 4 ao 7 de abril e repartir\u00e1 m\u00e1is de 5.000 euros en premios.\u00a0O festival anunciou tam\u00e9n que nesta quinta edici\u00f3n haber\u00e1 unha xornada profesional coa presenza de plataformas de difusi\u00f3n de contido dixital, festivais de series web e asociaci\u00f3ns do sector<\/p>\n<p align=\"justify\">O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay contin\u00faa anunciando novidades para a s\u00faa quinta edici\u00f3n, que ter\u00e1 lugar a primeira semana de abril. O Campamento Kamikaze ofrecer\u00e1 -os d\u00edas 2, 3 e 4 de abril, nos d\u00edas previos ao festival- unha &#8220;experiencia audiovisual extrema&#8221; \u00e1s 24 persoas participantes, que se enfrontar\u00e1n ao reto de idear, gravar e posproducir unha serie en tres xornadas de traballo intenso. &#8220;Tr\u00e1tase&#8221;, asegura Sonia M\u00e9ndez, directora do festival, &#8220;de aprender facendo e traballando man a man con profesionais como David Sainz, Teresa Segura, Enrique Lojo, \u00d3scar Cruz, Jorge Boquete, Anxos Faz\u00e1ns, Silvia Fuentes e Luc\u00eda Catoira&#8221;.\u00a0<\/p>\n<p>O Campamento Kamikaze est\u00e1 dirixido a estudantes, profesionais do audiovisual e creadores\/as de contidos dixitais para internet. Ser\u00e1n tres d\u00edas de convivencia e creatividade na contorna da praia de Razo e a serie resultante presentarase na apertura do V Carballo Interplay. As persoas interesadas en participar deben preinscribirse na web do Carballo Interplay, cubrindo un sinxelo formulario no que indicar\u00e1n a que se dedican e que labor lles gustar\u00eda realizar no campamento. O prezo \u00e9 de 150 euros e incl\u00fae aloxamento e pensi\u00f3n completa para todos os d\u00edas da actividade no Raz Surf Camp. O equipamento deber\u00e1 achegalo o propio alumnado.<\/p>\n<p><strong>Remata o prazo para presentar series a concurso<\/strong><strong><br \/><\/strong>Este domingo, d\u00eda 18, remata o prazo para presentar series \u00e1 secci\u00f3n oficial do Carballo Interplay e optar aos m\u00e1is de 5.000 euros en premios que repartir\u00e1 o Festival. As webseries participantes, que deben ser producidas entre os anos 2016 e 2018 e ter un m\u00ednimo de 3 cap\u00edtulos emitidos no momento de inscrici\u00f3n, poden ser de calquera duraci\u00f3n, tem\u00e1tica, x\u00e9nero, de imaxe real ou animaci\u00f3n, nacionais ou internacionais. Entre as webseries recibidas, un xurado composto por profesionais do mundo das webseries, do audiovisual e da cultura, as\u00ed como de representantes de asociaci\u00f3ns profesionais relacionadas co sector premiar\u00e1 a mellor webebserie, a mellor webserie internacional e a mellor webserie en versi\u00f3n orixinal en galego con 800 euros e trofeo, para cada categor\u00eda. A escolla do p\u00fablico, pola s\u00faa banda, levar\u00e1 400 euros e trofeo. A mesma cont\u00eda recibir\u00e1 a webserie ga\u00f1adora d<strong>o premio do xurado novo, que nace nesta quinta edici\u00f3n do festival<\/strong>. Tam\u00e9n haber\u00e1 un premio ao mellor gui\u00f3n outorgado por AGAG e un premio \u00e1 mellor direcci\u00f3n outorgado por CREA, dotados con 200 euros e trofeo. Finalmente, entregaranse cadanseu trofeo \u00e1 mellor actriz e ao mellor actor.<\/p>\n<p><strong>Unhas semanas m\u00e1is para presentar proxectos<\/strong><strong><br \/><\/strong>As persoas que non te\u00f1an unha serie producida, pero que si vontade de crear unha, te\u00f1en un mes m\u00e1is para darlle forma ao seu proxecto e presentalo ao\u00a0<strong>premio a proxectos de webserie en galego.<\/strong>\u00a0Este premio, que ten por obxectivo a incentivaci\u00f3n e o fomento da creaci\u00f3n e a difusi\u00f3n de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega en internet, ten unha dotaci\u00f3n econ\u00f3mica de 1.500 euros e deber\u00e1 destinarse exclusivamente \u00e1 produci\u00f3n de, polo menos, tres v\u00eddeos da webserie do proxecto premiado.<br \/>O prazo para presentar proxectos remata o 18 de marzo e non hai ning\u00fan tipo de restrici\u00f3n de tem\u00e1tica, de x\u00e9nero, de estilo ou de persoas destinatarias, simplemente deben ser creaci\u00f3ns audiovisuais pensadas para seren publicadas e difundidas a trav\u00e9s de internet e mediante cap\u00edtulos, episodios ou partes (como m\u00ednimo tres). O galard\u00f3n resolverase cun pitching en directo durante o festival e a serie resultante proxectarase na sexta edici\u00f3n do festival.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este domingo, d\u00eda 18, remata o prazo para presentar webseries \u00e1 secci\u00f3n oficial do Carballo Interplay, que se celebrar\u00e1 do 4 ao 7 de abril e repartir\u00e1 m\u00e1is de 5.000 euros en premios.\u00a0O festival anunciou tam\u00e9n que nesta quinta edici\u00f3n haber\u00e1 unha xornada profesional coa presenza de plataformas de difusi\u00f3n de contido dixital, festivais de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":2686,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"O Campamento Kamikaze do CIP ofrecer\u00e1 en Razo tres d\u00edas de \"experiencia audiovisual extrema\" - Costa da Morte","description":"Este domingo, d\u00eda 18, remata o prazo para presentar webseries \u00e1 secci\u00f3n oficial do Carballo Interplay, que se celebrar\u00e1 do 4 ao 7 de abril e repartir\u00e1 m\u00e1is de 5"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[113],"class_list":["post-4770","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-carballo-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4770","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4770"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4770\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2686"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4770"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4770"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4770"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}