{"id":4751,"date":"2018-03-14T00:00:00","date_gmt":"2018-03-13T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/42-webseries-de-todo-o-mundo-compiten-na-seccion-oficial-do-v-festival-carballo-interplay"},"modified":"2024-11-06T07:06:41","modified_gmt":"2024-11-06T06:06:41","slug":"42-webseries-de-todo-o-mundo-compiten-na-seccion-oficial-do-v-festival-carballo-interplay","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/42-webseries-de-todo-o-mundo-compiten-na-seccion-oficial-do-v-festival-carballo-interplay","title":{"rendered":"42 webseries de todo o mundo compiten na secci\u00f3n oficial do V Festival Carballo Interplay"},"content":{"rendered":"<p align=\"left\">42 webseries de todo o mundo competir\u00e1n na secci\u00f3n oficial da quinta edici\u00f3n do Festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que se celebrar\u00e1 os d\u00edas 4, 5, 6 e 7 de abril na vila coru\u00f1esa e que repartir\u00e1 m\u00e1is de 5.000 euros en premios. Tal e como anunciaron esta ma\u00f1\u00e1 a trav\u00e9s dun v\u00eddeo en directo Sonia M\u00e9ndez e Sandra Lesta, o V Carballo Interplay elixiu, entre m\u00e1is de 250 propostas chegadas de todo o mundo, un total de 3 propostas galegas e en galego, 12 do resto do estado e 27 do resto do mundo.\u00a0<\/p>\n<p align=\"left\">\n<p>Cada un destes bloques competir\u00e1 por cadanseu premio de 800 euros, que decidir\u00e1 o xurado do festival, composto polo guionista e realizador Carlo Padial, a cr\u00edtica Desir\u00e9e de Fez, o xornalista Iago Fern\u00e1ndez, a actriz Mar\u00eda Tasende, o guionista Oscar Cruz e a directora Anxos Faz\u00e1ns. Ademais, o p\u00fablico decidir\u00e1 cos seus votos entre todas elas un premio de 400 euros e, por vez primeira nesta edici\u00f3n, un xurado novo entregar\u00e1 outro premio de 400 euros. Conforman este xurado a youtubeira Nuria Espasand\u00edn, o m\u00fasico Cristian Andrade a ilustradora Laura Tova e o picadiscos e programador do Xiria Pop Maikel P\u00e9rez.<\/p>\n<p>Entre as webseries internacionais que se poder\u00e1n ver no V Carballo Interplay hai propostas de Arxentina, Australia, Canad\u00e1, Chile, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Holanda, Italia, L\u00edbano, M\u00e9xico, Nova Zelanda, Reino Unido, Su\u00edza e Uruguai. A maior\u00eda das series son en espa\u00f1ol (19) e ingl\u00e9s (14), pero tam\u00e9n se escoitar\u00e1n historias en galego (3), alban\u00e9s, \u00e1rabe, dan\u00e9s ou italiano.<\/p>\n<p>O Carballo Interplay ofrecer\u00e1, as\u00ed, unha completa panor\u00e1mica do que se est\u00e1 cocendo no mundo das webseries a nivel global. Como v\u00e9n sendo habitual, o humor ter\u00e1 unha presenza abafadora (22 das 42 webseries finalistas son comedias), pero tam\u00e9n haber\u00e1 oco para o drama e para o cami\u00f1o do medio, a dramedia, para o documental e o falso documental e para o thriller, a ciencia ficci\u00f3n, o romance, o m\u00fasical ou o horror.\u00a0<\/p>\n<p>As 42 webseries finalistas proxectaranse en seis bloques -tres internacionais e tres do Estado- nas tardes do xoves 5, do venres 6 e do s\u00e1bado 7, no Auditorio da Casa de Cultura de Carballo. Cada bloque ter\u00e1 unha duraci\u00f3n de entre unha hora e unha hora e cuarto e a entrada, como en todas as actividades do Festival, \u00e9 libre e gratu\u00edta ata completar aforamento.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>42 webseries de todo o mundo competir\u00e1n na secci\u00f3n oficial da quinta edici\u00f3n do Festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que se celebrar\u00e1 os d\u00edas 4, 5, 6 e 7 de abril na vila coru\u00f1esa e que repartir\u00e1 m\u00e1is de 5.000 euros en premios. Tal e como anunciaron esta ma\u00f1\u00e1 a trav\u00e9s dun v\u00eddeo en [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":2613,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"42 webseries de todo o mundo compiten na secci\u00f3n oficial do V Festival Carballo Interplay - Costa da Morte","description":"42 webseries de todo o mundo competir\u00e1n na secci\u00f3n oficial da quinta edici\u00f3n do Festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que se celebrar\u00e1 os d\u00edas 4, 5,"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[113],"class_list":["post-4751","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-carballo-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4751","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4751"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4751\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2613"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4751"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4751"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4751"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}