{"id":4717,"date":"2018-05-04T00:00:00","date_gmt":"2018-05-03T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/a-deputacion-da-coruna-confirma-a-mellora-de-xestion-das-torres-do-allo-coa-cesion-ao-concello-de-zas"},"modified":"2024-11-06T07:06:05","modified_gmt":"2024-11-06T06:06:05","slug":"a-deputacion-da-coruna-confirma-a-mellora-de-xestion-das-torres-do-allo-coa-cesion-ao-concello-de-zas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/a-deputacion-da-coruna-confirma-a-mellora-de-xestion-das-torres-do-allo-coa-cesion-ao-concello-de-zas","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a confirma a mellora de xesti\u00f3n das Torres do Allo coa cesi\u00f3n ao Concello de Zas"},"content":{"rendered":"<p class=\"m_-210544657141361919gmail-xgmail-p1\" style=\"text-align: justify;\">O novo modelo de xesti\u00f3n do patrimonio que desde hai dous anos desenvolve a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a confirma, segundo o respons\u00e1bel, Xes\u00fas Soto, a mellora na difusi\u00f3n e promoci\u00f3n dos bens por parte dos concellos. Neste sentido, Deputaci\u00f3n e Concello de Zas volveron a asinar o convenio de colaboraci\u00f3n que contin\u00faa co labor de promocionar un monumento de referencia na Costa da Morte.<\/p>\n<p class=\"m_-210544657141361919gmail-xgmail-p1\" style=\"text-align: justify;\">Un maior co\u00f1ecemento do ben, implicaci\u00f3n da veci\u00f1anza na s\u00faa posta en valor,\u00a0\u00a0desenvolvemento dun programa para o seu uso educativo e inclusi\u00f3n na estratexia tur\u00edstica municipal son alg\u00fans dos obxectivos do novo convenio de colaboraci\u00f3n que contin\u00faa o modelo iniciado pola \u00e1rea de Patrimonio e Contrataci\u00f3n, dirixida polo deputado Xes\u00fas Soto, para a xesti\u00f3n das Torres do Allo por parte do Concello de Zas.<\/p>\n<p class=\"m_-210544657141361919gmail-xgmail-p1\" style=\"text-align: justify;\">Neste sentido, o novo convenio subscrito polo deputado Xes\u00fas Soto e o alcalde Manuel Mu\u00ed\u00f1o contempla a xesti\u00f3n do servizo de atenci\u00f3n aos visitantes, comunicaci\u00f3n e promoci\u00f3n do ben, creaci\u00f3n dun espazo did\u00e1ctico e a aprobaci\u00f3n dun programa de actividades de animaci\u00f3n.\u00a0\u00a0Especial atenci\u00f3n mereceu na avaliaci\u00f3n da xesti\u00f3n anterior, o esforzo polo concello de Zas de dar a co\u00f1ecer o que est\u00e1 considerado Ben de Interese Cultural e que \u00e9 o primeiro monumento na principal v\u00eda de entrada \u00e1 Costa da Morte.<\/p>\n<p class=\"m_-210544657141361919gmail-xgmail-p1\" style=\"text-align: justify;\">\u201cDesde o concello desenvolveuse un importante labor de difusi\u00f3n, tam\u00e9n a trav\u00e9s das redes sociais e con soportes propios co fin de dar a co\u00f1ecer as Torres do Allo como recurso tur\u00edstico e patrimonial non s\u00f3 de Zas sen\u00f3n de toda a Costa da Morte e iso confirma a conveniencia de po\u00f1er o patrimonio da Deputaci\u00f3n nas mans dos concellos en que se asentan\u201d, valora o deputado Xes\u00fas Soto.<\/p>\n<p class=\"m_-210544657141361919gmail-xgmail-p1\" style=\"text-align: justify;\">Ao respecto, o alcalde Manuel Mu\u00ed\u00f1o confirma a axilidade e a proximidade \u00e1 veci\u00f1anza do monumento desde que a xesti\u00f3n depende directamente do concello. \u201cAgora a referencia \u00e9 o propio concello e desde al\u00ed d\u00e1se resposta a consultas, solicitudes de visitas ou achegas de materiais informativos\u201d, sinala.<\/p>\n<p class=\"m_-210544657141361919gmail-xgmail-p1\" style=\"text-align: justify;\">O convenio entre a Deputaci\u00f3n e o Concello prol\u00f3ngase ao longo de todo o ano e, ademais do espazo did\u00e1ctico, o plan de comunicaci\u00f3n e o investimento en recursos humanos contempla actividades de animaci\u00f3n como organizaci\u00f3n de exposici\u00f3ns, Room escape, visitas teatralizadas, d\u00eda do xogo tradicional, concurso fotogr\u00e1fico, mercado tradicional de San Ram\u00f3n, monograf\u00edas e congreso, e outras iniciativas de conmemoraci\u00f3n das festas tradicionais. O orzamento ascende a 46.596,37\u20ac que a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a achega ao Concello de Zas para a xesti\u00f3n global do monumento.\u00a0<\/p>\n<p class=\"m_-210544657141361919gmail-xgmail-p1\" style=\"text-align: justify;\">Neste mesmo mes de maio in\u00edcianse as actividades escolares con visitas did\u00e1cticas e obradoiros para o que o Pazo do Allo estar\u00e1 aberto todos os venres co fin de que os centros podan achegarse con reserva previa. As visitas ad\u00e1ptanse a cada ciclo educativo co fin de mostrar os valores art\u00edsticos, hist\u00f3ricos, medioambientais, cient\u00edficos e etnogr\u00e1ficos do Allo.<\/p>\n<p class=\"m_-210544657141361919gmail-xgmail-p1\" style=\"text-align: justify;\">Canda as visitas, desenvolverase un programa de obradoiros que incl\u00fae un taller de plantaci\u00f3n de sementes chamado \u201cSementes do Allo\u201d, obradoiro de tecido artesanal,\u00a0\u00a0\u201cTecendo a mi\u00f1a roupa,\u00a0\u00a0circu\u00edto de probas a \u201cXincana do Allo\u201d ou o de escudos her\u00e1ldicos co obradoiro \u201cEscudo de Familia\u201d.<\/p>\n<p class=\"m_-210544657141361919gmail-xgmail-p1\" style=\"text-align: justify;\">Desde que a xesti\u00f3n depende do Concello de Zas, as Torres do Allo incrementaron o n\u00famero de visitas e no per\u00edodo vacacional do 23 de marzo ao 1 de abril un total de 662 persoas acheg\u00e1ronse a visitar o monumento.<\/p>\n<p class=\"m_-210544657141361919gmail-xgmail-p1\" style=\"text-align: justify;\">As Torres do Allo forman parte tam\u00e9n dos itinerarios do programa de Turismo Escolar da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e forman parte co castelo e os mu\u00ed\u00f1os de bat\u00e1n de Vimianzo e o propio Dolmen de Dombate de Cabana de Berganti\u00f1os do c\u00edrculo monumental de bens da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a que conforman, en tan s\u00f3 cinco quil\u00f3metros \u00e1 redonda, un circu\u00edto de especial interese monumental e art\u00edstico na entrada da Costa da Morte.\u00a0<\/p>\n<div class=\"yj6qo ajU\">\n<div id=\":m8\" class=\"ajR\" tabindex=\"0\" data-tooltip=\"Mostrar contenido reducido\"><img decoding=\"async\" class=\"ajT\" src=\"https:\/\/ssl.gstatic.com\/ui\/v1\/icons\/mail\/images\/cleardot.gif\" \/><\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O novo modelo de xesti\u00f3n do patrimonio que desde hai dous anos desenvolve a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a confirma, segundo o respons\u00e1bel, Xes\u00fas Soto, a mellora na difusi\u00f3n e promoci\u00f3n dos bens por parte dos concellos. Neste sentido, Deputaci\u00f3n e Concello de Zas volveron a asinar o convenio de colaboraci\u00f3n que contin\u00faa co labor de promocionar [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":2477,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"A Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a confirma a mellora de xesti\u00f3n das Torres do Allo coa cesi\u00f3n ao Concello de Zas - Costa da Morte","description":"O novo modelo de xesti\u00f3n do patrimonio que desde hai dous anos desenvolve a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a confirma, segundo o respons\u00e1bel, Xes\u00fas Soto, a mellora na difus"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[145],"class_list":["post-4717","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-zas-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4717","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4717"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4717\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2477"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4717"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4717"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4717"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}