{"id":4697,"date":"2018-05-31T00:00:00","date_gmt":"2018-05-30T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/vimianzo-e-laxe-xuntos-por-primeira-vez-nunha-mesa-redonda-sobre-os-penedos-de-pasarela-e-traba"},"modified":"2024-11-06T07:05:47","modified_gmt":"2024-11-06T06:05:47","slug":"vimianzo-e-laxe-xuntos-por-primeira-vez-nunha-mesa-redonda-sobre-os-penedos-de-pasarela-e-traba","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/vimianzo-e-laxe-xuntos-por-primeira-vez-nunha-mesa-redonda-sobre-os-penedos-de-pasarela-e-traba","title":{"rendered":"Vimianzo e laxe xuntos por primeira vez nunha Mesa redonda sobre os Penedos de Pasarela e Traba"},"content":{"rendered":"<p>O venres 1 de xu\u00f1o \u00e1s 20.00 horas no Museo do Mar de Laxe, mesa redonda titulada \u201cUn impulso \u00f3 plan de conservaci\u00f3n dos Penedos de Pasarela e Traba\u201d.\u00a0O proxecto tur\u00edstico\u00a0relaxese 2018\u00a0adica este segundo trimestre do ano a potenciar a cultura e a ciencia a trav\u00e9s dunha serie de actividades vencelladas con esas tem\u00e1ticas.\u00a0Unha das actividades programadas busca a posta en valor do macizo dos Penedos de Pasarela e Traba, xa oficialmente Declarados Paisaxe Protexida no ano 2009 pola Xunta de Galicia. Con este motivo, o venres 1 de xu\u00f1o \u00e1s 20.00 horas, haber\u00e1 unha mesa redonda no Museo do Mar de Laxe.<\/p>\n<p>Participar\u00e1n o Alcalde do Concello de Laxe, Jos\u00e9 Manuel Mouzo, o Concelleiro de Turismo de Laxe, Xos\u00e9 Manuel Pose, o Alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos, o escritor e historiador Xos\u00e9 Mar\u00eda Lema, o xornalista Juan Ventura Lado, e tam\u00e9n o catedr\u00e1tico Augusto P\u00e9rez Alberti, redactor do informe que impulsou a declaci\u00f3n oficial coma Paisaxe Protexida.\u00a0O obxectivo non \u00e9 outro que transmitir o sentimento polos Penedos, desde distintos puntos de vista; o dos dirixentes pol\u00edticos de Laxe e Vimianzo, o do poder asociativo a trav\u00e9s da iniciativas do Seminario de Estudos Comarcais, o da repercusi\u00f3n social e nos medios de comunicaci\u00f3n, e o do co\u00f1ecemento t\u00e9cnico.<\/p>\n<p>O que se pretende \u00e9 unificar obxectivos e plans de traballo entre os Concellos de Laxe e de Vimianzo, para lembrar que a\u00a0Xunta de Galicia ten por cumprir dous compromisos que adquiriu no ano 2009 coa declaraci\u00f3n oficial outorgada \u00f3s Penedos, e dos que ata o momento nada se fixo:<\/p>\n<ul>\n<li>O primeiro deles \u00e9 a aprobaci\u00f3n do Plan de Conservaci\u00f3n da Paisaxe Protexida.<\/li>\n<li>E o segundo \u00e9\u00a0a elaboraci\u00f3n do Plan de Acci\u00f3n para a protecci\u00f3n, xesti\u00f3n e ordenaci\u00f3n dos Penedos de Pasarela e Traba.\u00a0No que deben contemplarse tam\u00e9n as medidas para o mantemento, mellora, recuperaci\u00f3n e rexeneraci\u00f3n desta Paisaxe Protexida.<\/li>\n<\/ul>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O venres 1 de xu\u00f1o \u00e1s 20.00 horas no Museo do Mar de Laxe, mesa redonda titulada \u201cUn impulso \u00f3 plan de conservaci\u00f3n dos Penedos de Pasarela e Traba\u201d.\u00a0O proxecto tur\u00edstico\u00a0relaxese 2018\u00a0adica este segundo trimestre do ano a potenciar a cultura e a ciencia a trav\u00e9s dunha serie de actividades vencelladas con esas tem\u00e1ticas.\u00a0Unha das [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":2400,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Vimianzo e laxe xuntos por primeira vez nunha Mesa redonda sobre os Penedos de Pasarela e Traba - Costa da Morte","description":"O venres 1 de xu\u00f1o \u00e1s 20.00 horas no Museo do Mar de Laxe, mesa redonda titulada \u201cUn impulso \u00f3 plan de conservaci\u00f3n dos Penedos de Pasarela e Traba\u201d.\u00a0O proxecto"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[130],"class_list":["post-4697","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-laxe-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4697","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4697"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4697\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2400"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4697"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4697"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4697"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}