{"id":4653,"date":"2018-08-09T00:00:00","date_gmt":"2018-08-08T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/torres-do-allo-bate-de-novo-record-de-visitantes-en-xullo-cun-50-mas"},"modified":"2024-11-06T07:04:55","modified_gmt":"2024-11-06T06:04:55","slug":"torres-do-allo-bate-de-novo-record-de-visitantes-en-xullo-cun-50-mas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/torres-do-allo-bate-de-novo-record-de-visitantes-en-xullo-cun-50-mas","title":{"rendered":"Torres do Allo bate de novo r\u00e9cord de visitantes en xullo cun 50% m\u00e1s."},"content":{"rendered":"<p lang=\"es-ES\" style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"gl-ES\">Mentres a tendencia de afluencia tur\u00edstica deste 2018 parece m\u00e1is discreta que no ano anterior, o monumento do Concello de Zas v\u00e9n de superar por moito as cifras de visitantes do pasado 2017. Son xa\u00a0<\/span><span lang=\"gl-ES\"><strong>m\u00e1is de 4.000 persoas<\/strong><\/span><span lang=\"gl-ES\">\u00a0as que se achegaron a co\u00f1ecer o pazo e a s\u00faa contorna dende o 1 de xaneiro ata o 31 de xullo e realizaron algunha das s\u00faas actividades. Un dato que supera os visitantes de todo o ano 2015 ou 2016.<\/span><\/p>\n<p lang=\"es-ES\" style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"gl-ES\">Tan s\u00f3 durante o \u00faltimo mes as Torres do Allo tiveron m\u00e1is de 1.500 visitantes, o que sup\u00f3n un\u00a0<\/span><span lang=\"gl-ES\"><strong>incremento de m\u00e1is do cincuenta por cento<\/strong><\/span><span lang=\"gl-ES\">\u00a0con respecto do mesmo mes do ano anterior, no que non se superou o milleiro. Unha media de 51 persoas diarias acheg\u00e1ronse para visitar libremente o museo, realizar as visitas guiadas, o xogo de pistas, asistir \u00e1s teatralizadas, ou participar das actividades especiais como o concurso de fotograf\u00eda, o cine ao aire libre ou o D\u00eda nas Torres para nenos. Un dato salientable se temos en conta que en xullo as Torres do Allo abren t\u00f3dolos d\u00edas.<\/span><\/p>\n<p lang=\"es-ES\" style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"gl-ES\">\u00c9 de destacar tam\u00e9n o cambio de tendencia no perfil visitante que se produciu grazas \u00e1 actividade estrela deste ver\u00e1n o\u00a0<\/span><span lang=\"gl-ES\"><strong>Escape Room &#8220;Pazo do Allo&#8221;, con m\u00e1is de 500 participantes<\/strong><\/span><span lang=\"gl-ES\">\u00a0de todas partes de Galicia. Este xogo de escapismo conseguiu atraer ao pazo m\u00e1is antigo de Galicia \u00e1 mocidade de entre 16 e 30 anos, un p\u00fablico que antes se situaba \u00e1 cola das estat\u00edsticas e que agora v\u00e9n de duplicar os seus datos con m\u00e1is de douscentos mozos e mozas.<\/span><\/p>\n<p lang=\"es-ES\" style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"gl-ES\">En canto \u00e1 procedencia dos visitantes destaca neste mes de xullo o p\u00fablico chegado do resto do Estado con m\u00e1is dun terzo do n\u00famero total. Os galegos e galegas de todas partes do pa\u00eds constitu\u00edron o grupo m\u00e1is numeroso cun 43% das visitas totais. As persoas procedentes da Costa da Morte foron algo m\u00e1is de douscentas, un 14%; mentres que xs visitantes do propio concello de Zas non pasaron do 8%. Corenta e cinco persoas chegaron tam\u00e9n doutros pa\u00edses europeos.<\/span><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mentres a tendencia de afluencia tur\u00edstica deste 2018 parece m\u00e1is discreta que no ano anterior, o monumento do Concello de Zas v\u00e9n de superar por moito as cifras de visitantes do pasado 2017. Son xa\u00a0m\u00e1is de 4.000 persoas\u00a0as que se achegaron a co\u00f1ecer o pazo e a s\u00faa contorna dende o 1 de xaneiro ata [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":2227,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Torres do Allo bate de novo r\u00e9cord de visitantes en xullo cun 50% m\u00e1s. - Costa da Morte","description":"Mentres a tendencia de afluencia tur\u00edstica deste 2018 parece m\u00e1is discreta que no ano anterior, o monumento do Concello de Zas v\u00e9n de superar por moito as cifra"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[145],"class_list":["post-4653","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-zas-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4653","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4653"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4653\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2227"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4653"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4653"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4653"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}