{"id":4647,"date":"2018-08-16T00:00:00","date_gmt":"2018-08-15T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/naufragio-de-laxe-2018"},"modified":"2024-11-06T07:04:55","modified_gmt":"2024-11-06T06:04:55","slug":"naufragio-de-laxe-2018","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/naufragio-de-laxe-2018","title":{"rendered":"Naufragio de Laxe 2018"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">O Naufraxio \u00e9 unha homenaxe que as xentes do mar de Laxe lle fan \u00e1 Virxe do Carme, patroa dos mari\u00f1eiros, pola s\u00faa protecci\u00f3n e axuda durante todo o ano. A celebraci\u00f3n real\u00edzase anualmente dende que foi instaurada no ano 1962 por Avelino Lema Santos, mari\u00f1eiro de Laxe supervivente a tres naufraxios.\u00a0Acomp\u00e1\u00f1anos cada 17 de Agosto para celebrar unha festa \u00fanica!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c1s 12.00 horas cel\u00e9brase a misa solemne na Igrexa Parroquial de Santa Mar\u00eda da Atalaia e ao rematar sae a Virxe en procesi\u00f3n cara o peirao. Unha vez al\u00ed comeza a popular representaci\u00f3n do Naufraxio: varios mari\u00f1eiros saen nunha chalana dende a parte norte do porto, escenificando a viaxe que realizan cando ve\u00f1en de pescar. A metade de percorrido a embarcaci\u00f3n vai a pique e, despois de botar unhas bengalas, os n\u00e1ufragos comezan a nadar cara o peirao, onde os agarda a Virxe do Carme. Xa en terra os mari\u00f1eiros avanzan de xeonllos cara a Virxe e bican os seus pes como mostra de agradecemento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Neste tempo, os catro \u00faltimos n\u00e1ufragos danse conta de que un dos seus compa\u00f1eiros est\u00e1 morto e nadan na s\u00faa busca. Entre os catro levan o corpo inerte a terra e pres\u00e9ntano aos pes da Virxe do Carme que obrar\u00e1 o milagre de resucitalo. A continuaci\u00f3n todos xuntos, e en memoria dos mari\u00f1eiros naufragados, cantan a \u201cSalve Mari\u00f1eira\u201d e agradecen as\u00ed a constante protecci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Seguidamente os barcos, engalanados con flores e bandeiras, saen en procesi\u00f3n pola r\u00eda, detr\u00e1s do barco que cada ano te\u00f1a a honra de portar a imaxe da Virxe. No transcurso desta procesi\u00f3n mar\u00edtima, t\u00edranse flores \u00e1 auga para rememorar aos mari\u00f1eiros mortos no mar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Unha vez de volta a porto, os mari\u00f1eiros que participaron no naufraxio portan descalzos e a hombros a imaxe da Virxe do Carme de regreso \u00e1 Igrexa Parroquial, de onde non sair\u00e1 ata o vindeiro 17 de agosto.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Naufraxio \u00e9 unha homenaxe que as xentes do mar de Laxe lle fan \u00e1 Virxe do Carme, patroa dos mari\u00f1eiros, pola s\u00faa protecci\u00f3n e axuda durante todo o ano. A celebraci\u00f3n real\u00edzase anualmente dende que foi instaurada no ano 1962 por Avelino Lema Santos, mari\u00f1eiro de Laxe supervivente a tres naufraxios.\u00a0Acomp\u00e1\u00f1anos cada 17 de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":2203,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Naufragio de Laxe 2018 - Costa da Morte","description":"O Naufraxio \u00e9 unha homenaxe que as xentes do mar de Laxe lle fan \u00e1 Virxe do Carme, patroa dos mari\u00f1eiros, pola s\u00faa protecci\u00f3n e axuda durante todo o ano. A cele"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[130],"class_list":["post-4647","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-laxe-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4647","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4647"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4647\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2203"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4647"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4647"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4647"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}