{"id":4644,"date":"2018-09-06T00:00:00","date_gmt":"2018-09-05T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/a-deputacion-da-coruna-apoia-a-costa-da-morte-como-destino-turistico-de-calidade"},"modified":"2024-11-06T07:04:47","modified_gmt":"2024-11-06T06:04:47","slug":"a-deputacion-da-coruna-apoia-a-costa-da-morte-como-destino-turistico-de-calidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/a-deputacion-da-coruna-apoia-a-costa-da-morte-como-destino-turistico-de-calidade","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a apoia a Costa da Morte como destino tur\u00edstico de calidade"},"content":{"rendered":"<p class=\"m_7978040289050016392gmail-MsoBodyText\" style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"ES-TRAD\">A Costa da Morte \u00e9 un xeodestino de especial interese para a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e iso ficou \u00e1 vista na intervenci\u00f3n do deputado de Turismo, Xos\u00e9 Regueira, nas xornadas organizadas polo Grupo Desenvolvemento Rural Costa da Morte que se desenvolven en Vimianzo e Malpica de Berganti\u00f1os.\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"m_7978040289050016392gmail-MsoBodyText\" style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"ES-TRAD\">Xunto coas li\u00f1as coas que a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a est\u00e1 a apoiar o desenvolvemento tur\u00edstico do xeodestino da Costa da Morte, o deputado de Turismo, Xos\u00e9 Regueira, anunciou na s\u00faa intervenci\u00f3n nas xornadas &#8220;Xeodestino Costa da Morte. Presente e Futuro&#8221; novas iniciativas encami\u00f1adas a promover o turismo de calidade como son as importantes achegas para a ruta BTT, o Xeoparque de Ortegal ou o Cami\u00f1o Fisterra Mux\u00eda.\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"m_7978040289050016392gmail-MsoBodyText\" style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"ES-TRAD\">&#8220;A Costa da Morte \u00e9 un territorio moi rico en recursos que est\u00e1 a ser xa reco\u00f1ecido nos mercados emisores cando se fala de Galiza. Sendo un destino emerxente, comeza a ter xa unha grande relevancia no \u00e1mbito e a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a conf\u00eda nesa potencialidade co apoio efectivo en investimentos e recursos&#8221;, explicou Xos\u00e9 Regueira que participou no panel de apoios e desenvolvemento tur\u00edstico xunto coa Xefa de \u00c1rea de Calidade e Proxectos Europeos de Turismo de Galicia, Laura Gonz\u00e1lez-Dopeso e o xerente da Asociaci\u00f3n Costa da Morte-GDR, Jos\u00e9 Antonio Vila Garcia.\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"m_7978040289050016392gmail-MsoBodyText\" style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"ES-TRAD\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"m_7978040289050016392gmail-MsoBodyText\" style=\"text-align: justify;\"><strong><span lang=\"ES-TRAD\">Novas iniciativas de impulso\u00a0<\/span><\/strong><\/p>\n<p class=\"m_7978040289050016392gmail-MsoBodyText\" style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"ES-TRAD\">Xunto \u00e1s li\u00f1as de concorrencia competitiva que o departamento de Turismo convoca cada ano para concellos e entidades, a Costa da Morte verase beneficiada de novas iniciativas de impulso como son a posta en marcha Parque de Megalitismo da Costa da Morte ao que a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a destina 500.000 euros ou a consignaci\u00f3n de 230.000 euros para desenvolver os 600 quil\u00f3metros da Ruta BTT da Costa da Morte. A pr\u00f3xima constituci\u00f3n da mesa de coordinaci\u00f3n do Cami\u00f1o Fisterra-Mux\u00eda abrir\u00e1 unha nova etapa para unha ruta \u00e1 que a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a destinar\u00e1 500.000 euros co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e a conservaci\u00f3n.\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"m_7978040289050016392gmail-MsoBodyText\" style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"ES-TRAD\">O deputado de Turismo lembrou o esforzo da instituci\u00f3n por cami\u00f1ar cara a profesionalizaci\u00f3n do sector e a calidade de ofertas, a trav\u00e9s de li\u00f1as de axuda como a de informadores tur\u00edsticos \u00e1s que destina cada ano 800.000 euros e que permite ter abertas na Costa da Morte catorce oficinas para que se asinan outros tantos contratos laborais de persoal especializado. Ademais, do total dos 750.000 destinados a entes de xesti\u00f3n, a Costa da Morte recibe 90.000 euros para o financiamento de CMAT e Asociaci\u00f3n de Empresarios de Camari\u00f1as. A profesionalizaci\u00f3n e contrataci\u00f3n de persoal compl\u00e9tase coa li\u00f1a de atenci\u00f3n a museos e centros de interpretaci\u00f3n que permite a mellora da informaci\u00f3n sobre o territorio e o patrimonio.\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"m_7978040289050016392gmail-MsoBodyText\" style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"ES-TRAD\">Fixo fincap\u00e9 tam\u00e9n Xos\u00e9 Regueira en que o territorio da Costa da Morte conta cun dos produtos tur\u00edstico que m\u00e1is interese est\u00e1 a espertar como \u00e9 o Cami\u00f1o dos Faros para o que a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a asinou un convenio de 80.000 euros nun recurso que foi tam\u00e9n protagonista da presentaci\u00f3n no programa da instituci\u00f3n en Fitur.\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"m_7978040289050016392gmail-MsoBodyText\" style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"ES-TRAD\">O territorio da Costa da Morte \u00e9 privilexiado en canto presenza de bens patrimoniais da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a que xestionan os propios concellos despois de asinar convenios que contan co apoio econ\u00f3mico da instituci\u00f3n provincial. Neste sentido, a Deputaci\u00f3n achega ao concello de Vimianzo 100.000 euros para a xesti\u00f3n do Castelo e os Bat\u00e1ns de Mosquet\u00edn de Vimianzo, 46.596 ao concello de Zas polas Torres do Allo, 60.000 ao concello de Cabana de Berganti\u00f1os polo Dolmen de Dombate e outros 60.000 a Malpica de Berganti\u00f1os polo Forno do Forte de Bu\u00f1o. Dous eventos de especial interese da comarca como son a Mostra do Encaixe e o Sal\u00f3n Na\u00fatico reciben 250.000 euros m\u00e1is que contrib\u00faen tam\u00e9n a incrementar a oferta tur\u00edstica da Costa da Morte.\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"m_7978040289050016392gmail-MsoBodyText\" style=\"text-align: justify;\"><span lang=\"ES-TRAD\">&#8220;A riqueza patrimonial e paisax\u00edstica tanto natural como art\u00edstica do territorio ademais da singularidade dos propios recursos fan que a Costa da Morte sexa un destino especialmente buscado por persoas que desexan co\u00f1ecer lugares especiais e desde a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a promovemos que esa riqueza contin\u00fae a ser un dos nosos tesouros tur\u00edsticos&#8221;, sinalou Xos\u00e9 Regueira.<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Costa da Morte \u00e9 un xeodestino de especial interese para a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e iso ficou \u00e1 vista na intervenci\u00f3n do deputado de Turismo, Xos\u00e9 Regueira, nas xornadas organizadas polo Grupo Desenvolvemento Rural Costa da Morte que se desenvolven en Vimianzo e Malpica de Berganti\u00f1os.\u00a0 Xunto coas li\u00f1as coas que a Deputaci\u00f3n da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":2191,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"A Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a apoia a Costa da Morte como destino tur\u00edstico de calidade - Costa da Morte","description":"A Costa da Morte \u00e9 un xeodestino de especial interese para a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e iso ficou \u00e1 vista na intervenci\u00f3n do deputado de Turismo, Xos\u00e9 Regueira, nas"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4644","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4644","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4644"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4644\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2191"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4644"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4644"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4644"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}