{"id":4616,"date":"2018-11-06T00:00:00","date_gmt":"2018-11-05T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/camarinas-preparase-para-unha-fin-de-semana-dos-naufraxios-con-propostas-gastronomicas-culturais-e-turisticas"},"modified":"2024-11-06T06:59:19","modified_gmt":"2024-11-06T05:59:19","slug":"camarinas-preparase-para-unha-fin-de-semana-dos-naufraxios-con-propostas-gastronomicas-culturais-e-turisticas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/camarinas-preparase-para-unha-fin-de-semana-dos-naufraxios-con-propostas-gastronomicas-culturais-e-turisticas","title":{"rendered":"Camari\u00f1as prep\u00e1rase para unha &#8220;Fin de Semana dos Naufraxios&#8221; con propostas gastron\u00f3micas, culturais e tur\u00edsticas"},"content":{"rendered":"<p>O Concello de Camari\u00f1as vivir\u00e1 unha fin de semana repleta de propostas gastron\u00f3micas, culturais e tur\u00edsticas. Do 9 ao 11 de novembro cel\u00e9brase a Fin de Semana dos Naufraxios\u2019, un evento que pretende reivindicar a historia do municipio a trav\u00e9s de diferentes actividades. O acto central ter\u00e1 lugar o s\u00e1bado, 10 de novembro, cando se celebrar\u00e1 o acto conmemorativo polo 128 aniversario da traxedia do &#8220;HMS Serpent&#8221;, o cruceiro da Royal Navy que se afundiu en 1890 no corno da Punta do Boi deixando 173 v\u00edtimas. O Cemiterio dos Ingleses acoller\u00e1, a partir das 21 horas, unha representaci\u00f3n teatral organizada polo Concello en colaboraci\u00f3n coa Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e a Real Liga Naval Espa\u00f1ola.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>Ademais, os veci\u00f1os e visitantes de Camari\u00f1as poder\u00e1n gozar durante todo o fin de semana dunha &#8220;Ruta de Tapas dos Naufraxios&#8221; na que os 20 establecementos participantes ofrecer\u00e1n, por 1 euro, tapas relacionadas cun barco naufragado en concreto. Participan nesta ocasi\u00f3n A R\u00eda, Bar Playa, Bar Victoria, A Moleda, Belmar, O Pinar, Oasis, As Vegas, Confiter\u00eda Camari\u00f1as, Taberna do Bico, Club N\u00e1utico, A Molinera, Bar Paella, Mar\u00edtimo, Pizzer\u00eda Xunqueira, Pizzer\u00eda Brasil, Casa Trabeiro, CunKcaf\u00e9, La Tavernetta, Bar Rojo e O Ari\u00f1o. Para aqueles que enchen o cup\u00f3n con selos das 6 das tapas participantes o Concello de Camari\u00f1as sortear\u00e1 210 euros en premios. Un primeiro premio de 120 euros, un segundo de 60 euros e un terceiro de 30 euros. Ademais, todos os que proben as 6 tapas recibir\u00e1n un agasallo dunha gorra-viseira. O horario para probar as tapas da ruta \u00e9 de 12 a 14:30 horas e de 19 a 21:30 horas.\u00a0<\/p>\n<p>Por outra banda, haber\u00e1 unha serie de representaci\u00f3ns teatrais e rutas guiadas dirixidas a nenos e adultos cunha tem\u00e1tica que xirar\u00e1 en torno aos naufraxios en Camari\u00f1as.O venres 9, no Bar o Paella o Rubio de Camelle e Fernando Patricio falar\u00e1n sobre naufraxios na zona e, \u00e1s 21 horas, haber\u00e1 unha teatralizaci\u00f3n dos naufraxios en Camelle; O s\u00e1bado 10, na Lonxa de Camari\u00f1as estar\u00e1 o programa da TVG &#8220;Buscadores de Naufraxios&#8221; e haber\u00e1 unha ponencia de Bernardino Mart\u00ednez, celebrarase o Magosto na Praza do Mercado. Por \u00faltimo, o domingo 11 haber\u00e1 unha ruta con sa\u00edda do Faro Vil\u00e1n ata o Cemiterio dos Ingleses e na Praza do Mercado instalarase unha carpa con animaci\u00f3n para os nenos relacionada cos naufraxios.\u00a0<\/p>\n<p>Para as rutas guiadas \u00e9 imprescindible anotarse previamente polas ma\u00f1\u00e1s no 981 737 004 ou no correo electr\u00f3nico <a style=\"outline: currentcolor none medium;\" href=\"mailto:turismo@camarinas.net\">turismo@camarinas.net<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Concello de Camari\u00f1as vivir\u00e1 unha fin de semana repleta de propostas gastron\u00f3micas, culturais e tur\u00edsticas. Do 9 ao 11 de novembro cel\u00e9brase a Fin de Semana dos Naufraxios\u2019, un evento que pretende reivindicar a historia do municipio a trav\u00e9s de diferentes actividades. O acto central ter\u00e1 lugar o s\u00e1bado, 10 de novembro, cando se [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":2079,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Camari\u00f1as prep\u00e1rase para unha \"Fin de Semana dos Naufraxios\" con propostas gastron\u00f3micas, culturais e tur\u00edsticas - Costa da Morte","description":"O Concello de Camari\u00f1as vivir\u00e1 unha fin de semana repleta de propostas gastron\u00f3micas, culturais e tur\u00edsticas. Do 9 ao 11 de novembro cel\u00e9brase a Fin de Semana d"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[112],"class_list":["post-4616","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-camarinas-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4616","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4616"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4616\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2079"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4616"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4616"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4616"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}