{"id":4601,"date":"2019-01-02T00:00:00","date_gmt":"2019-01-01T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/a-deputacion-financia-con-69200-euros-a-actividade-do-ecomuseo-do-forno-do-forte"},"modified":"2024-11-06T06:59:03","modified_gmt":"2024-11-06T05:59:03","slug":"a-deputacion-financia-con-69200-euros-a-actividade-do-ecomuseo-do-forno-do-forte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/a-deputacion-financia-con-69200-euros-a-actividade-do-ecomuseo-do-forno-do-forte","title":{"rendered":"A Deputaci\u00f3n financia con 69.200 euros a actividade do ecomuseo do Forno do Forte"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\">O presidente da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, Valent\u00edn Gonz\u00e1lez Formoso, e o alcalde de Maplica, Eduardo Parga Veiga, asinaron esta ma\u00f1\u00e1 na sede da instituci\u00f3n provincial o convenio para o financiamento das actividades do ecomuseo do Forno do Forte durante o ano 2019.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A instituci\u00f3n provincial achegar\u00e1 69.200 euros euros ao municipio malpic\u00e1n para cubrir o 100% dos gastos de mantemento, xesti\u00f3n e promoci\u00f3n do ecomuseo do Forno do Forte de Bu\u00f1o, co obxecto de garantir a valorizaci\u00f3n e mantemento do conxunto etnogr\u00e1fico<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Gonz\u00e1lez Formoso subli\u00f1ou que dende hai m\u00e1is dunha d\u00e9cada, a\u00a0\u00a0Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a colabora co concello de Malpica de Berganti\u00f1os na posta en valor e difusi\u00f3n da oler\u00eda tradicional de Bu\u00f1o, mostrando desde a vida coti\u00e1 dos artes\u00e1ns ata todo o proceso de elaboraci\u00f3n das pezas, nunhas instalaci\u00f3ns que recuperan e conservan os elementos arquitect\u00f3nicos propios dunha casa dedicada \u00e1 oler\u00eda.O presidente provincial destacou que, adem\u00e1is de financiar estas actividades, a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a apoia tam\u00e9n cada ano a celebraci\u00f3n da Mostra de Oler\u00eda de Bu\u00f1o, \u00e1 que se destinaron 80.000 euros nos \u00faltimos anos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os visitantes do Forno do Forte te\u00f1en a oportunidade de co\u00f1ecer en profundidade todo o proceso de produci\u00f3n de pezas, desde o torneado ao cocido ou o secado nun centro que contrib\u00fae a conservar e po\u00f1er en valor a cultura popular e \u00e9 tam\u00e9n un importante recurso tur\u00edstico e etnogr\u00e1fico da comarca.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O acordo asinado hoxe polo entre Gonz\u00e1lez Formoso e Parga Veiga, renova o compromiso da Deputaci\u00f3n co Forno do Forte. Entre as obrigas do Concello, at\u00f3pase ofrecer un horario m\u00ednimo de atenci\u00f3n ao p\u00fablico de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 horas a 19.00 horas, todos os d\u00edas da semana a excepci\u00f3n do luns. As\u00ed mesmo, manterase a taberna ao servizo dos visitantes, cunha oferta baseada nos produtos tradicionais da zona, fomentarase o estudo e investigaci\u00f3n en asociaci\u00f3n con entidades oleiras e culturais da zona e facilitarase informaci\u00f3n tur\u00edstica e cultural sobre a Costa da Morte aos visitantes.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O presidente da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, Valent\u00edn Gonz\u00e1lez Formoso, e o alcalde de Maplica, Eduardo Parga Veiga, asinaron esta ma\u00f1\u00e1 na sede da instituci\u00f3n provincial o convenio para o financiamento das actividades do ecomuseo do Forno do Forte durante o ano 2019. A instituci\u00f3n provincial achegar\u00e1 69.200 euros euros ao municipio malpic\u00e1n para cubrir o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":2019,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"A Deputaci\u00f3n financia con 69.200 euros a actividade do ecomuseo do Forno do Forte - Costa da Morte","description":"O presidente da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, Valent\u00edn Gonz\u00e1lez Formoso, e o alcalde de Maplica, Eduardo Parga Veiga, asinaron esta ma\u00f1\u00e1 na sede da instituci\u00f3n provinci"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[131],"class_list":["post-4601","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas","tag-malpica-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4601","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4601"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4601\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2019"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4601"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4601"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4601"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}