{"id":4596,"date":"2019-02-07T00:00:00","date_gmt":"2019-02-06T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/os-pinchos-irmandinos-o-bolo-do-pote-e-a-empanada-de-carballo-protagonistas-da-proposta-gastronomica-da-deputacion-de-a-coruna-no-xantar-2019"},"modified":"2024-11-06T06:58:55","modified_gmt":"2024-11-06T05:58:55","slug":"os-pinchos-irmandinos-o-bolo-do-pote-e-a-empanada-de-carballo-protagonistas-da-proposta-gastronomica-da-deputacion-de-a-coruna-no-xantar-2019","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/os-pinchos-irmandinos-o-bolo-do-pote-e-a-empanada-de-carballo-protagonistas-da-proposta-gastronomica-da-deputacion-de-a-coruna-no-xantar-2019","title":{"rendered":"Os pinchos irmandi\u00f1os, o bolo do pote e a empanada de  Carballo protagonistas da proposta gastron\u00f3mica da Deputaci\u00f3n de A Coru\u00f1a no Xantar 2019."},"content":{"rendered":"<p>A \u00e1rea de Turismo da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a participa no 20\u00ba Sal\u00f3n Internacional de Turismo Gastron\u00f3mico, Xantar, cunha mostra da riqueza gastron\u00f3mica dos concellos, un espazo propio na feira ou a elaboraci\u00f3n ao vivo nos showcookings. Os pinchos irmandi\u00f1os de Vimianzo, o bolo do pote de Mazaricos, o polbo \u00e1 mugardesa, o pan e a empanada de Carballo ou as filloas de Zas son alg\u00fans dos produtos que fan ao territorio da Coru\u00f1a &#8220;referencia de turismo gastron\u00f3mico&#8221;.<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a ten unha presenza activa no Sal\u00f3n Internacional de Turismo Gastron\u00f3mico, Xantar, que este ano chega a s\u00faa vix\u00e9sima edici\u00f3n e, como en anteriores edici\u00f3ns, desde a \u00e1rea de Turismo convidouse aos concellos da provincia a participar no programa e ter presenza no stand propio que permanecer\u00e1 aberto dos d\u00edas 6 a 10 en que se desenvolven a feira.\u00a0<\/p>\n<p>Ao longo de todas as xornadas, o espazo da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a ofrecer\u00e1 degustaci\u00f3n de produtos dos concellos ademais de informaci\u00f3n sobre festas e produtos gastron\u00f3micos. Ademais, o programa de showcooking -elaboraci\u00f3ns e catas ao vivo- acoller\u00e1 nesta edici\u00f3n a preparaci\u00f3n dos pinchos irmandi\u00f1os de Vimianzo, o bolo do pote de Mazaricos, ou o polbo \u00e1 mugardesa, e as degustaci\u00f3ns de conservas, tortilla romana ou ceviche de raia de Muros-Noia, o pan e a empanada de Carballo ou o queixo da Capela, entre outros.<\/p>\n<p>&#8220;Xantar converteuse nun escaparate privilexiado de\u00a0 turismo gastron\u00f3mico no que a presenza dos concellos da Coru\u00f1a sup\u00f3n xa un referente no sector&#8221;, destaca o deputado de Turismo e Patrimonio, Xos\u00e9 Regueira para quen a riqueza gastron\u00f3mica sup\u00f3n &#8221; un importante atractivo para o turismo e unha chamada a que nos visiten e co\u00f1ezan o territorio&#8221;.<\/p>\n<p>A Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a achega a Xantar tam\u00e9n informaci\u00f3n das m\u00e1is dun cento de festas gastron\u00f3micas que se conmemoran nas dezaoito comarcas da provincia.\u00a0O deputado de Turismo, Xos\u00e9 Regueira, destacou que Xantar &#8220;representa unha interesante oportunidade para promover as propostas gastron\u00f3micas dos nosos concellos&#8221; e destacou o impacto de participaci\u00f3n na \u00fanica feira de turismo gastron\u00f3mico galega que destaca &#8220;unha das nosas fortalezas tur\u00edsticas que \u00e9 o produto de calidade e a elaboraci\u00f3n da nosa gastronom\u00eda que aposta tam\u00e9n por unha maneira distinta de promocionar a nosa oferta tur\u00edstica&#8221;.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>O 20\u00ba Sal\u00f3n Internacional de Turismo Gastron\u00f3mico, Xantar, ten lugar en Ourense entre o 6 e o 10 de febreiro e nas \u00faltimas edici\u00f3ns superou as vinte mil persoas visitantes. Nesta edici\u00f3n, Brasil, e concretamente Foz de Iguaz\u00fa, onde est\u00e1n as famosas cataratas e segundo destino escollido polo turismo que chega a territorio brasileiro, \u00e9 o pa\u00eds convidado de Xantar.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A \u00e1rea de Turismo da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a participa no 20\u00ba Sal\u00f3n Internacional de Turismo Gastron\u00f3mico, Xantar, cunha mostra da riqueza gastron\u00f3mica dos concellos, un espazo propio na feira ou a elaboraci\u00f3n ao vivo nos showcookings. Os pinchos irmandi\u00f1os de Vimianzo, o bolo do pote de Mazaricos, o polbo \u00e1 mugardesa, o pan e a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1999,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Os pinchos irmandi\u00f1os, o bolo do pote e a empanada de Carballo protagonistas da proposta gastron\u00f3mica da Deputaci\u00f3n de A Coru\u00f1a no Xantar 2019. - Costa da Morte","description":"A \u00e1rea de Turismo da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a participa no 20\u00ba Sal\u00f3n Internacional de Turismo Gastron\u00f3mico, Xantar, cunha mostra da riqueza gastron\u00f3mica dos concell"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4596","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4596","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4596"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4596\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1999"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4596"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4596"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4596"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}