{"id":4512,"date":"2021-11-22T00:00:00","date_gmt":"2021-11-21T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/costa-da-morte-traballa-conseguir-certificacion-starlight"},"modified":"2024-11-06T06:57:32","modified_gmt":"2024-11-06T05:57:32","slug":"costa-da-morte-traballa-conseguir-certificacion-starlight","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/costa-da-morte-traballa-conseguir-certificacion-starlight","title":{"rendered":"Costa da Morte traballa para conseguir a certificaci\u00f3n Starlight"},"content":{"rendered":"<p>O venres 19 de novembro celebrouse na Casa da Cultura de Vimianzo unha xornada t\u00e9cnica\u00a0para explicar a posta en marcha, por parte da Asociaci\u00f3n de Turismo d\u00e1 Costa da Morte (CMAT), dun proxecto que impulsar\u00e1 este territorio como Destino Starlight e po\u00f1er\u00e1 en valor a s\u00faa idoneidade para gozar de experiencias de astroturismo.<\/p>\n<p>Asistiron os m\u00e1ximos representantes dos 17 concellos do Xeodestino Costa da Morte, a patronal, a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e varios cient\u00edficos, para comentar os beneficios que a certificaci\u00f3n de Costa da Morte como Destino Starlight ter\u00eda para o territorio. A comarca conta cun ceo espectacular, con pouca contaminaci\u00f3n lum\u00ednica, aire transparente e ceos despexados.\u00a0<\/p>\n<p>En clave cient\u00edfica intervi\u00f1eron Jorge Mira P\u00e9rez, catedr\u00e1tico do Departamento de F\u00edsica Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela; Salvador Bar\u00e1 Vi\u00f1as, profesor de \u00d3ptica da Universidade de Santiago de Compostela, quen apuntou que &#8220;en canto \u00e1 contaminaci\u00f3n luminosa, en Costa da Morte estades mellor que noutros territorios, pero non vos ve\u00f1ades arriba que a\u00ednda hai moita marxe de mellora\u201d. E Ana Ulla Miguel, profesora de astronom\u00eda e astrof\u00edsica da Universidade de Vigo, que animou \u00e1 organizaci\u00f3n: \u201c A\u00ednda hai moitos elementos que analizar sobre as condici\u00f3ns para a observaci\u00f3n do ceo de Costa da Morte, pero penso que tendes moitas posibilidades de conseguir a certificaci\u00f3n d\u00e1 Fundaci\u00f3n Starlight\u201d.<\/p>\n<p>Puidemos escoitar tam\u00e9n a Ana Teresa Cimas Hernando, xefa da \u00e1rea Provincial Turismo de Galicia, quen recalcou a importancia de posicionar Costa da Morte como destino \u00fanico baixo unha \u00fanica marca. Recalcou que ademais da certificaci\u00f3n Destino Starlight hai que ir a por todas, as empresas do sector te\u00f1en que unirse e crear servizos especializados no turismo das estrelas. A maiores lembrou que\u00a0\u201cEn Galicia temos tres destinos certificados: A Veiga, Illas Atl\u00e1nticas e Muras; non pasa desapercibido que Costa da Morte ser\u00eda o primeiro destino Starlight da provincia da Coru\u00f1a, e co el, Galicia ser\u00eda o segundo destino de Espa\u00f1a con m\u00e1is lugares certificados no turismo de estrelas\u201d.<\/p>\n<p>Finalmente, Xos\u00e9 Regueira, Vicepresidente da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, mostrou todo o seu apoio ao proxecto, xa que &#8220;proxectos como Starlight son coherentes coas intenci\u00f3ns da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a&#8221;. Tam\u00e9n considera que se trata de &#8220;un elemento que vai diversificar o produto no xeodestino e tam\u00e9n permitir seleccionar un perfil de turista de calidade&#8221;. Destacou tam\u00e9n que se trata dun produto &#8220;sostible, responsable e innovador&#8221; que servir\u00e1 para &#8221; desestacionalizar e aumentar a estancia media en destino&#8221;.<\/p>\n<p>Agora com\u00e9zase coa lista de acci\u00f3ns a realizar. Comezando en xaneiro, a mediados de ano ter\u00edase a resoluci\u00f3n de se Costa da Morte \u00e9 un Destino Starlight. \u00c9 importante ter en conta a lista de melloras a implementar, as\u00ed como lembrar que o selo Starlight \u00e9 renovable polo que \u00e9 fundamental a concienciaci\u00f3n sobre a contaminaci\u00f3n lum\u00ednica e o dereito de todos a ver as estrelas.\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O venres 19 de novembro celebrouse na Casa da Cultura de Vimianzo unha xornada t\u00e9cnica\u00a0para explicar a posta en marcha, por parte da Asociaci\u00f3n de Turismo d\u00e1 Costa da Morte (CMAT), dun proxecto que impulsar\u00e1 este territorio como Destino Starlight e po\u00f1er\u00e1 en valor a s\u00faa idoneidade para gozar de experiencias de astroturismo. Asistiron os [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1675,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Costa da Morte traballa para conseguir a certificaci\u00f3n Starlight - Costa da Morte","description":"O venres 19 de novembro celebrouse na Casa da Cultura de Vimianzo unha xornada t\u00e9cnica\u00a0para explicar a posta en marcha, por parte da Asociaci\u00f3n de Turismo d\u00e1 Co"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4512","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4512","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4512"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4512\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1675"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4512"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4512"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4512"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}