{"id":4503,"date":"2022-01-18T00:00:00","date_gmt":"2022-01-17T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/cmat-lanza-plan-formativo-para-mellorar-xestion-promocion-servizos-turisticos-da-costa-da-morte"},"modified":"2024-11-06T06:57:23","modified_gmt":"2024-11-06T05:57:23","slug":"cmat-lanza-plan-formativo-para-mellorar-xestion-promocion-servizos-turisticos-da-costa-da-morte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/cmat-lanza-plan-formativo-para-mellorar-xestion-promocion-servizos-turisticos-da-costa-da-morte","title":{"rendered":"CMAT lanza un plan formativo para &#8220;mellorar a xesti\u00f3n e promoci\u00f3n dos servizos tur\u00edsticos da Costa da Morte&#8221;"},"content":{"rendered":"<p>Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica organiza no mes de febreiro un programa financiado pola Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a para formar desempregados en coci\u00f1a, restauraci\u00f3n e aloxamentos que atenda as necesidades de persoal do sector.<\/p>\n<p>A presidenta da CMAT destaca que a iniciativa \u201cservir\u00e1 para que as empresas tur\u00edsticas do xeodestino melloren o seu posicionamento e as competencias dos seus profesionais\u201d<\/p>\n<p>Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica (CMAT) lanza un <strong>programa de formaci\u00f3n gratuito denominado <em>Mellora na xesti\u00f3n e promoci\u00f3n de servizos tur\u00edsticos da Costa da Morte<\/em> dirixido a traballadores censados nalg\u00fan dos 17 concellos do xeodestino en situaci\u00f3n de desemprego<\/strong> ou afectados por un Expediente de Regulaci\u00f3n Temporal de Emprego (ERTE). A iniciativa, financiada pola Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, desenv\u00f3lvese de xeito presencial no F\u00f3rum de Carballo na \u00faltima semana de xaneiro e no mes de febreiro de 2022. \u201cEste plan formativo dise\u00f1ouse e p\u00f3nse en marcha para axudar ao noso xeodestino tur\u00edstico e \u00e1s s\u00faas empresas a mellorar tanto o seu posicionamento como as competencias dos seus profesionais\u201d, destaca M\u00f3nica Rodr\u00edguez, presidenta da CMAT e alcaldesa do Concello de Vimianzo, quen lembra que \u201ca formaci\u00f3n dos traballadores no sector tur\u00edstico \u00e9 fundamental para ofrecer un turismo de calidade, de excelencia\u201d.<\/p>\n<p>O programa formativo organizado pola CMAT, que comeza agora nunha primeira fase de 105 horas e que ter\u00e1 continuidade ao longo do ano, incl\u00fae tres cursos: <strong>Axudante de coci\u00f1a<\/strong>, <strong>Servizo de bar e restaurante<\/strong> e <strong>T\u00e9cnicas de procedementos de limpeza en aloxamentos tur\u00edsticos<\/strong>. Os interesados en inscribirse _haber\u00e1 vinte prazas por especialidade_ deber\u00e1n estar empadroados nalg\u00fan dos 17 concellos da Costa da Morte (Cabana, Camari\u00f1as, Carballo, Carnota, Cee, Corcubi\u00f3n, Coristanco, Dumbr\u00eda, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Mux\u00eda, Ponteceso, Vimianzo e Zas).<\/p>\n<p><strong>A presidenta da CMAT explica que a asociaci\u00f3n que preside, tras contactar e co\u00f1ecer as necesidades do ecosistema tur\u00edstico, \u201ctomou nota e p\u00fasoxe a traballar no dese\u00f1o, organizaci\u00f3n e lanzamento deste plan formativo<\/strong> que agora inicia o seu percorrido\u201d. \u201cTivemos constancia de que faltaba persoal cualificado como axudantes de coci\u00f1a ou no servizo de hosteler\u00eda e de aloxamentos tur\u00edsticos\u201d, indica M\u00f3nica Rodr\u00edguez, quen sinala que \u201cas\u00ed cubrimos o oco que faltaba na formaci\u00f3n dos nosos futuros traballadores ao tempo que incentivamos a contrataci\u00f3n de persoal da Costa da Morte\u201d.<\/p>\n<p><strong><u>PROGRAMA FORMATIVO CMAT. Xaneiro\/febreiro do 2022. Lugar: F\u00f3rum de Carballo.<\/u><\/strong><\/p>\n<ul>\n<li><strong>Servizo en restaurantes e bares<\/strong>. 35 horas. D\u00edas 1, 2, 3, 8, 9, 10, 14, 15, 16 e 17 de febreiro. De 17:00 a 20:30 horas.<\/li>\n<li><strong>Axudante de coci\u00f1a<\/strong>. 40 horas. D\u00edas 2, 3, 4, 8, 9, 10, 14, 15, 16 e 17 de febreiro de 16:30 a 20:30 horas.<\/li>\n<li><strong>T\u00e9cnicas e procedementos de limpeza en aloxamentos<\/strong>. 30 horas. D\u00edas 10, 11, 14, 15, 16, 17, 18 e 21 de febreiro de 17:00 a 20:45.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Inscr\u00edbete no <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLScyiDiitry6kDQVG33CQWALnJxAnc62ZP1VBIqPPrAMZAPedw\/viewform\">formulario<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica organiza no mes de febreiro un programa financiado pola Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a para formar desempregados en coci\u00f1a, restauraci\u00f3n e aloxamentos que atenda as necesidades de persoal do sector. A presidenta da CMAT destaca que a iniciativa \u201cservir\u00e1 para que as empresas tur\u00edsticas do xeodestino melloren o seu posicionamento e as [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1642,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"CMAT lanza un plan formativo para \"mellorar a xesti\u00f3n e promoci\u00f3n dos servizos tur\u00edsticos da Costa da Morte\" - Costa da Morte","description":"Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica organiza no mes de febreiro un programa financiado pola Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a para formar desempregados en coci\u00f1a, restauraci"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4503","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4503","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4503"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4503\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1642"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4503"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4503"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4503"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}