{"id":4502,"date":"2022-07-07T00:00:00","date_gmt":"2022-07-06T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/cmat-entregara-informe-optar-destino-starligh"},"modified":"2024-11-06T06:57:23","modified_gmt":"2024-11-06T05:57:23","slug":"cmat-entregara-informe-optar-destino-starligh","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/cmat-entregara-informe-optar-destino-starligh","title":{"rendered":"A CMAT entregrar\u00e1 o informe para optar a \u2018Destino Starlight\u2019 na xornada que organiza o Centro de Interpretaci\u00f3n do Dolmen de Dombate os pr\u00f3ximos 14 e 15 de xullo sobre \u2018Protecci\u00f3n do ceo nocturno\u2019"},"content":{"rendered":"<div class=\"page\" title=\"Page 1\">\n<div class=\"layoutArea\">\n<div class=\"column\">\n<p>Costa da Morte Asociacio\u0301n Turi\u0301stica colabora coas xornadas que se celebrara\u0301n a pro\u0301xima semana no Concello de Cabana de Bergantin\u0303os sobre a conservacio\u0301n dos ceos na noite e na que participan a Fundacio\u0301n Starlight e os destinos galegos Starlight: A Veiga, Parque Nacional Illas Atla\u0301nticas e Concello de Muras.<\/p>\n<div class=\"page\" title=\"Page 1\">\n<div class=\"layoutArea\">\n<div class=\"column\">\n<p>A xunta directiva da CMAT, presidida por Mo\u0301nica Rodri\u0301guez, destaca que no 2022 aposta pola promocio\u0301n do surf, turismo xeolo\u0301xico e megalistismo nunha estratexia que quere \u201cimplicar a todo o territorio, diversificar a oferta e desestacionalizar a demanda\u201d.<\/p>\n<div class=\"page\" title=\"Page 1\">\n<div class=\"layoutArea\">\n<div class=\"column\">\n<p>Costa da Morte Asociacio\u0301n Turi\u0301stica (CMAT) xa ten listo un \u201cexhaustivo informe\u201d que argumenta e defende a candidatura do xeodestino da Costa a Morte para obter a certificacio\u0301n Destino Starlihgt. A presidenta a CMAT, Mo\u0301nica Rodri\u0301guez, fara\u0301 entrega simbo\u0301lica da application pack, onde se inclu\u0301e o citado informe, a\u0301 directora xerente da Fundacio\u0301n Starlight, Antonia Varela Pe\u0301rez, os pro\u0301ximos di\u0301as 14 e 15 de xullo nas xornadas sobre \u2018Proteccio\u0301n do ceo nocturno\u2019 que se celebrara\u0301n no Centro de Interpretacio\u0301n do Dolmen de Dombate, no concello de Cabana de Bergantin\u0303os. Asi\u0301 o acordou a xunta directiva da CMAT, reunida o pasado luns (4 de xullo) e presidida por Mo\u0301nica Rodri\u0301guez. Nesta reunio\u0301n tame\u0301n participaron os membros da xunta directiva Xose\u0301 Mui\u0301n\u0303o e Xose\u0301 Marcote; o equipo da Secretari\u0301a Te\u0301cnica da CMAT, Marta Rodri\u0301guez e Manuel Carneiro; e unha representacio\u0301n do Centro de Interpretacio\u0301n do Dolmen de Dombate, integrada por Jorge Mira e Silvia Losada. Este informe e o resto\u00a0de traballos necesarios para a solicitude do certificado \u201cDestino Tur\u00edstico Starlight\u201d foron desenvolvidos grazas \u00e1 cofinanciaci\u00f3n da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, a trav\u00e9s da concesi\u00f3n das axudas a entes de xesti\u00f3n tur\u00edstica na anualidade 2022.<\/p>\n<div class=\"page\" title=\"Page 1\">\n<div class=\"layoutArea\">\n<div class=\"column\">\n<p>Costa da Morte Asociacio\u0301n Turi\u0301stica e a Deputacio\u0301n da Corun\u0303a colaboran coas xornadas que organiza o Centro de Interpretacio\u0301n do Dolmen de Dombate sobre \u2018Proteccio\u0301n do ceo nocturno, Fundacion Starlight e contaminacio\u0301n lumi\u0301nica\u2019. Tera\u0301n lugar o 14 e 15 de xullo no Dolmen de Dombate. \u201cEste encontro servira\u0301 para concienciar sobre a importancia da conservacio\u0301n do ceo nocturno\u201d, destaca a presidenta da CMAT, Mo\u0301nica Rodri\u0301guez, quen apunta que a cita \u201ctame\u0301n reunira\u0301 en Cabana de Bergantin\u0303os aos destinos Starlight de Galicia: Trevinca, Muras e Parque Nacional das Illas Atla\u0301nticas\u201d. Estas tres ubicacio\u0301ns galegas que xa contan con certificacio\u0301n que concede a Fundacio\u0301n Starlight \u201ccompartira\u0301n a su\u0301a experiencia e boas pra\u0301cticas e contara\u0301n que representou a certificacio\u0301n para o territorio\u201d.<\/p>\n<p>Mo\u0301nica Rodri\u0301guez, tame\u0301n alcaldesa de Vimianzo, sinala que este cumio arredor da proteccio\u0301n do ceo nocturno e o turismo astrono\u0301mico en Galicia servira\u0301 de presentacio\u0301n oficial da candidatura da Costa da Morte como Destino Starlight, un marchamo que convertiri\u0301a este territorio integrado por 17 concellos (Cabana de Berganti\u00f1os, Camari\u00f1as, Carballo, Carnota, Cee, Corcubi\u00f3n, Coristando, Dumbr\u00eda, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Mux\u00eda, Ponteceso, Vimianzo e Zas) no cuarto Destino Starlight de Galicia e no primeiro da provincia da Corun\u0303a. A xunta directiva de Costa da Morte Asociacio\u0301n Turi\u0301stica esta\u0301 convencida de que o seu territorio conta coa \u201cidoneidade\u201d para incorporarse ao astroturismo ou turismo de estrelas. A presidenta da CMAT solicitou de novo o compromiso, asi\u0301 como a asistencia a\u0301 xornadas, dos representantes dos concellos que integran o xeodestino asi\u0301 como dos axentes do a\u0301mbito pu\u0301blico e privado que forman parte do sector turi\u0301stico da Costa da Morte.<\/p>\n<div class=\"page\" title=\"Page 2\">\n<div class=\"layoutArea\">\n<div class=\"column\">\n<p>A reunio\u0301n da xunta directiva de Costa da Morte Asociacio\u0301n Turi\u0301stica tame\u0301n serviu para valorar as ofertas recibidas polos provedores e se adxudicaron os servicios que impulsara\u0301 co apoio das axudas da Deputacio\u0301n da Corun\u0303a e do convenio que firmara\u0301 con Turismo de Galicia, dependente da Xunta de Galicia. A asociacio\u0301n que preside Mo\u0301nica Rodri\u0301guez seguira\u0301 apostando pola promocion do turismo familiar. Du\u0301as familias viaxeiras con influencia nas redes sociais e blogs especializados achegara\u0301nse a partir do mes de setembro ata Costa da Morte.<\/p>\n<div class=\"page\" title=\"Page 2\">\n<div class=\"layoutArea\">\n<div class=\"column\">\n<p><strong>Surf, turismo xeolo\u0301xico e megalitismo<\/strong><\/p>\n<p>A CMAT ten previsto, por outra banda, crear contidos promocionais vinculados coas mellores praias do xeodestino para a pra\u0301ctica do surf, partindo do traballo xa realizado pola Deputacio\u0301n da Corun\u0303a e relacionado coa candidatura da Costa da Morte para ser Reserva Mundial de Surf. Esta iniciativa pretende identificar e promocionar os areais ma\u0301is salvaxes do territorio que axuden a posicionar o producto turi\u0301stico \u2018Naturalmente Salvaxe\u2019.<\/p>\n<div class=\"page\" title=\"Page 2\">\n<div class=\"layoutArea\">\n<div class=\"column\">\n<p>Asi\u0301 mesmo, Costa da Morte Asociacio\u0301n Turi\u0301stica pon\u0303era\u0301 en marcha na segunda metade de 2022 outras du\u0301as campan\u0303as, concretamente sobre o Turismo Xeolo\u0301xico e o Megalitismo na Costa da Morte. \u201cQueremos que todo o territorio que integra o xeodestino poida verse representado e exista un equilibrio entre as diferentes iniciativas impulsadas desde a CMAT\u201d, lembra Mo\u0301nica Rodri\u0301guez, quen indica que \u201ctodo este plan para o que queda de 2022 sera\u0301 impulsado por equipos de traballo especializados nas diferentes tema\u0301ticas e cun profundo con\u0303ecemento do noso territorio e patrimonio natural e cultural\u201d. A presidenta lembra unha vez ma\u0301is que a CMAT, coa su\u0301a estratexica turi\u0301stica, pretende \u201cimplicar a todo o territorio, diversificar a oferta e desestacionalizar a demanda\u201d.<\/p>\n<p>Por outra banda, a Costa da Morte Asociacio\u0301n Turi\u0301stica esta\u0301 a\u0301 espera da resolucio\u0301n dos Plans de Sustentabilidade Turi\u0301stica. CMAT, que presentou o pasado mes de maio o seu proxecto neste eido e que conta con presuposto de 2,5 millo\u0301ns de euros para os anos 2023, 2024 e 2025, confi\u0301a en con\u0303ecer a resolucio\u0301n a finais do presente vera\u0301n.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Costa da Morte Asociacio\u0301n Turi\u0301stica colabora coas xornadas que se celebrara\u0301n a pro\u0301xima semana no Concello de Cabana de Bergantin\u0303os sobre a conservacio\u0301n dos ceos na noite e na que participan a Fundacio\u0301n Starlight e os destinos galegos Starlight: A Veiga, Parque Nacional Illas Atla\u0301nticas e Concello de Muras. A xunta directiva da CMAT, presidida [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1638,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"A CMAT entregrar\u00e1 o informe para optar a \u2018Destino Starlight\u2019 na xornada que organiza o Centro de Interpretaci\u00f3n do Dolmen de Dombate os pr\u00f3ximos 14 e 15 de xullo sobre \u2018Protecci\u00f3n do ceo nocturno\u2019 - Costa da Morte","description":"Costa da Morte Asociacio\u0301n Turi\u0301stica colabora coas xornadas que se celebrara\u0301n a pro\u0301xima semana no Concello de Cabana de Bergantin\u0303os sobre a conservacio\u0301n do"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4502","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4502","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4502"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4502\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1638"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4502"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4502"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4502"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}