{"id":4501,"date":"2022-08-08T00:00:00","date_gmt":"2022-08-07T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/costa-morte-asociacion-turistica-incorpora-xunta-directiva-novos-representantes-aptcm"},"modified":"2024-11-06T06:57:23","modified_gmt":"2024-11-06T05:57:23","slug":"costa-morte-asociacion-turistica-incorpora-xunta-directiva-novos-representantes-aptcm","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/costa-morte-asociacion-turistica-incorpora-xunta-directiva-novos-representantes-aptcm","title":{"rendered":"Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica incorpora \u00e1 s\u00faa xunta directiva aos novos representantes de APTCM"},"content":{"rendered":"<p><strong>A presidenta da CMAT, M\u00f3nica Rodr\u00edguez, e os demais membros da xunta directiva, deron hoxe unha \u201ccalurosa\u201d benvida \u00e1s d\u00faas incorporaci\u00f3ns, Pepe Formoso e Dami\u00e1n \u00c1lvarez, e destacaron \u201ca honestidade, bo facer, implicaci\u00f3n e gran traballo\u201d feito polos seus antecesores, Pablo Canosa e Silvia Bouzas, durante os anos que formaron parte da asociaci\u00f3n desde a s\u00faa constituci\u00f3n.<\/strong><\/p>\n<p><strong>CMAT impulsar\u00e1 no mes de setembro as campa\u00f1as promocionais de turismo familiar, megalitismo, turismo xeol\u00f3xico, surf e praias salvaxes. Ademais valorou emplazamentos e contidos para o II Encontro de Turismo de Costa da Morte, que ter\u00e1 lugar a finais deste ano.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica agarda que en agosto e setembro os t\u00e9cnicos da Fundaci\u00f3n Starlight visiten sobre o terreo o xeodestino para facer os traballos de auditor\u00eda necesarios para valorar a viabilidade da Costa da Morte como Destino Tur\u00edstico Starlight.<\/strong><\/p>\n<p>A xunta directiva de <a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/es\/cmat\/que-es-cmat\">Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica (CMAT)<\/a>, reunida hoxe na Casa da Cultura de Vimianzo, deu a benvida ao novo presidente da Asociaci\u00f3n de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM), Pepe Formoso, a ao novo secretario, Dami\u00e1n \u00c1lvarez. Os dous directivos de APTCM, tras a recente renovaci\u00f3n da s\u00faa xunta directiva, incorp\u00f3ranse ao m\u00e1ximo \u00f3rgano de direcci\u00f3n da CMAT como relevo dos compa\u00f1eiros do sector Pablo Canosa, antigo presidente de APTCM, e Silvia Bouzas, anterior secetaria da entidade que re\u00fane aos profesionais do eido tur\u00edstico da Costa da Morte e uns dos promotores e impulsores da posta en marcha da CMAT no ano 2015.<\/p>\n<p>A CMAT re\u00fane a inicios de cada mes e desde vai m\u00e1is dun ano a s\u00faa xunta directiva para realizar o seguimento das actividades postas en marcha e definir a estratexia para a promoci\u00f3n e consolidaci\u00f3n do turismo da Costa a Morte. A presidenta da CMAT, M\u00f3nica Rodr\u00edguez, e os dem\u00e1is membros da xunta directiva deron unha \u201ccalurosa\u201d benvida aos novos compa\u00f1eiros. O novo presidente de APTCM destacou a \u201cilusi\u00f3n e responsabilidade\u201d que sup\u00f3n incorporarse ao m\u00e1ximo \u00f3rgano de responsabilidade da CMAT, e os principais obxectivos que buscan dentro de APTCM, \u201ca profesionalizaci\u00f3n e a uni\u00f3n definitiva do sector\u201d. M\u00f3nica Rodr\u00edguez, pola s\u00faa banda, tras felicitar \u00e1s novas incorporaci\u00f3ns e destacar a s\u00faa colaboraci\u00f3n para facer da Costa da Morte un referente no eido tur\u00edstico, lembrou \u201co gran traballo\u201d realizado polos seus antecesores, Pablo Canosa e Silvia Bouzas, durante os m\u00e1is de sete anos que formaron parte da CMAT. \u201cO meu agradecemento pola s\u00faa dedicaci\u00f3n ao m\u00e1ximo \u00e1 asociaci\u00f3n, polo seu bo facer, pola s\u00faa honestidade e a s\u00faa entrega e incansable loita polo sector tur\u00edstico do destino Costa da Morte e pola s\u00faa visi\u00f3n global do territorio\u201d, sinalou a presidenta refer\u00edndose aos dous directivos que deixan os seus cargos no seo da CMAT.<\/p>\n<p><strong>Membros da xunta directiva<\/strong><\/p>\n<p>Na xunta directiva de hoxe participaron <strong>M\u00f3nica Rodr\u00edguez<\/strong>, presidenta da CMAT e alcaldesa de Vimianzo; <strong>Jos\u00e9 Mu\u00ed\u00f1o<\/strong>, tesoureiro da CMAT e alcalde de Cabana de Berganti\u00f1os; <strong>Jos\u00e9 Marcote<\/strong>, vogal da CMAT e alcalde de Fisterra; e <strong>Xos\u00e9 Regueira<\/strong>, vogal e concelleiro de Turismo de Carballo. Como novos membros da xunta directiva da CMAT e representantes de APTCM asistiron o seu rec\u00e9n elexido presidente, <strong>Pepe Formoso<\/strong>; e o novo secretario, <strong>Dami\u00e1n \u00c1lvarez<\/strong>, que sustit\u00faen a Pablo Canosa e Silvia Bouzas, que causan baixa. A secretar\u00eda t\u00e9cnica estivo representada por <strong>Marta Rodr\u00edguez<\/strong> e <strong>Manuel Carneiro<\/strong>, de Grupo Atlante.<\/p>\n<p>A xunta directiva de Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica, ademais de po\u00f1er ao d\u00eda aos novos integrantes dos aspectos relacionados co funcionamento da CMAT e de intercambiar puntos de vista sobre a estratexia tur\u00edstica de futuro, sendo un dos principais temas tratados os da \u201cnecesidade de traballar na an\u00e1lise da capacidade de carga do destino, especialmente dalg\u00fans puntos do territorio, e consensuar o modelo tur\u00edstico que queremos para Costa da Morte\u201d, fixo seguimento das actividades postas en marcha durante a presente anualidade, no marco das axudas da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a. Destacouse a sinatura do convenio con Turismo de Galicia para actividades de promoci\u00f3n tur\u00edstica no territorio, acadada o pasado mes de xullo.<\/p>\n<p><strong>Campa\u00f1as de promoci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Est\u00e1 previsto que no pr\u00f3ximo mes de setembro comecen as campa\u00f1as promocionais online de turismo familiar, megalitismo, turismo xeol\u00f3xico, surf e praias salvaxes. Os membros da xunta directiva da CMAT tam\u00e9n comezaron a valorar posibles emplazamentos e contidos para o que ser\u00e1 o II Encontro de Turismo de Costa da Morte, que ter\u00e1 lugar no xeodestino no \u00faltimo trimestre de 2022.<\/p>\n<p>Tras as xornadas celebradas a mediados do mes de xullo no Dolmen de Dombate sobre<em> A protecci\u00f3n do ceo nocturno, Fundaci\u00f3n Startlight e contaminaci\u00f3n luminosa <\/em>no marco das Aulas Cient\u00edficas 2022 A luz da Ciencia da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a e do Concello de Cabana de Berganti\u00f1os onde foi entregada a <em>application pack<\/em> para solicitar a certificaci\u00f3n Destino Tur\u00edstico Starlight, a xunta directiva da CMAT agarda que os t\u00e9cnicos da Fundaci\u00f3n Starlight realicen entre os meses de agosto e setembro sobre o terreo os traballos de auditor\u00eda para valorar a viabilidade da Costa da Morte para obter este distintivo \u201cque axudar\u00eda ao destino ao posicionamento internacional no turismo de estrelas\u201d. Conta para isto coa valiosa colaboraci\u00f3n de Jorge Mira. Adem\u00e1is, a CMAT agarda \u201cpacientemente\u201d a resoluci\u00f3n da concesi\u00f3n dos Plans de Sostibilidade Tur\u00edstica, o que constituir\u00eda o impulso definitivo para a consolidaci\u00f3n do destino.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A presidenta da CMAT, M\u00f3nica Rodr\u00edguez, e os demais membros da xunta directiva, deron hoxe unha \u201ccalurosa\u201d benvida \u00e1s d\u00faas incorporaci\u00f3ns, Pepe Formoso e Dami\u00e1n \u00c1lvarez, e destacaron \u201ca honestidade, bo facer, implicaci\u00f3n e gran traballo\u201d feito polos seus antecesores, Pablo Canosa e Silvia Bouzas, durante os anos que formaron parte da asociaci\u00f3n desde a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1634,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica incorpora \u00e1 s\u00faa xunta directiva aos novos representantes de APTCM - Costa da Morte","description":"A presidenta da CMAT, M\u00f3nica Rodr\u00edguez, e os demais membros da xunta directiva, deron hoxe unha \u201ccalurosa\u201d benvida \u00e1s d\u00faas incorporaci\u00f3ns, Pepe Formoso e Dami\u00e1n"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4501","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4501","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4501"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4501\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1634"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4501"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4501"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4501"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}