{"id":4495,"date":"2022-10-24T00:00:00","date_gmt":"2022-10-23T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/autitores-fundacion-starligth-visitan-costa-da-morte"},"modified":"2024-11-06T06:57:14","modified_gmt":"2024-11-06T05:57:14","slug":"autitores-fundacion-starligth-visitan-costa-da-morte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/autitores-fundacion-starligth-visitan-costa-da-morte","title":{"rendered":"Os auditores da Fundaci\u00f3n Starlight visitan Costa da Morte"},"content":{"rendered":"<p><strong>O xeodestino, tras superar un primeiro corte, someteuse ao exame dos expertos que certificar\u00e1n antes de final de 2022 se os 16 concellos que forman parte do proxecto merecen contar co selo \u2018Destino Tur\u00edstico Starlight\u2019.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica guiou e acompa\u00f1ou aos peritos da Fundaci\u00f3n Starlight por diversos lugares estrat\u00e9xicos para a observaci\u00f3n do firmamento.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Os representantes dos concellos da Costa da Morte mostraron na Casa da Cultura de Vimianzo o compromiso co proxecto que situar\u00e1 \u00e1 zona como referente en astroturismo.<\/strong><\/p>\n<p>Os auditores da Fundaci\u00f3n Starlight Aleix Roig y Susana Mal\u00f3n visitaron esta semana o xeodestino Costa da Morte para co\u00f1ecer persoalmente o territorio e determinar de xeito xa definitivo se Costa da Morte cumpre cos requisitos para ser merecedora do \u2018Destino Starlight\u2019, un selo de prestixio que avala a excelencia para ser referencia no eido do astroturismo. Tr\u00e1tase do proxecto m\u00e1is importante da CMAT para esta anualidade e conta coa cofinanciaci\u00f3n da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>Os peritos da Fundaci\u00f3n Starlight estiveron na Costa da Morte desde o 17 ata o 20 de outubro. Nas s\u00faas visitas, programadas pola Secretar\u00eda T\u00e9cnica da Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edsica (CMAT), contaron en todo momento coa colaboraci\u00f3n e apoio dos membros da s\u00faa xunta directiva, dos concellos e dos empresarios do sector. A candidatura conta, como clave fundamental, adem\u00e1is, co asesoramento cient\u00edfico no eido astron\u00f3mico dun equipo liderado por Jorge Mira, no que participan expertos como Pablo Canedo e \u00d3scar Blanco, que acompa\u00f1aron aos auditores a o equipo da Secretar\u00eda T\u00e9cnica durante parte da s\u00faa visita.<\/p>\n<p>Durante a xornada do 18 de outubro, co\u00f1eceron lugares de especial inter\u00e9s para o astroturismo como Arca da Piosa, en Zas; encoro da Fervenza, na zona de Mazaricos e Dumbr\u00eda; a praia do Rostro, en Fisterra; o Cabo Touri\u00f1\u00e1n, en Mux\u00eda; e o Cemiterio dos Ingleses, en Camari\u00f1as, aproveitando o itinerario para co\u00f1ecer outros lugares emblem\u00e1ticos do territorio, como o Cami\u00f1o de Fisterra e Mux\u00eda, O Pindo, Olveiroa, o Faro de Fisterra, o miradoiro e fervenza do \u00c9zaro, Corcubi\u00f3n, Lires, etc.<\/p>\n<p>Os representantes dos concellos da Costa da Morte, encabezados en moitos casos polos seus alcaldes e alcaldesas, e os empresarios, emprendedores e l\u00edderes das asociaci\u00f3ns do sector tur\u00edstico participaron onte m\u00e9rcores, 19 de outubro, nunha xornada celebrada na Sala de Conferencias da Casa da Cultura de Vimianzo e na que estiveron presentes os membros da Fundaci\u00f3n Starlight que visitaron Costa da Morte. As Administraci\u00f3ns locais e os representantes da iniciativa privada tur\u00edstica fixeron fincap\u00e9 na proposta das novas actividades no xeodestino vinculadas ao turismo das estrelas, e aproveitaron para realizar consultas sobre como incorporar paulatinamente medidas que reduzan a contaminaci\u00f3n luminosa e protexan, as\u00ed, a calidade dos ceos nocturnos.<\/p>\n<p>Os auditores ofreceron unha visi\u00f3n constructiva do proxecto Destino Startlight e brind\u00e1ronse a prestar asesoramento especializado en estratexia de astroturismo e alumeado exterior para a protecci\u00f3n do ceo nocturno. A presidenta da CMAT destacou a implicaci\u00f3n de todos os concellos que integran Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica e tam\u00e9n fixo referencia \u00e1 iniciativa privada. \u201cAgradezo o compromiso demostrado polas administraci\u00f3ns locais e polo empresariado neste proxecto que \u00e9 de todos\u201d, apuntou M\u00f3nica Rodr\u00edguez.<\/p>\n<p>Onte m\u00e9rcores pola tarde, 19 de outubro, os auditores e o equipo de coordinaci\u00f3n, ao que se incorporaron os expertos Pablo Canedo e \u00d3scar Blanco, continuou percorrendo lugares onde se dan as condici\u00f3ns \u00f3ptimas para a observaci\u00f3n de estrelas pola s\u00faa ubicaci\u00f3n alonxada de focos de contaminaci\u00f3n lum\u00ednica. Roig y Mal\u00f3n co\u00f1eceron o Castro de Borneiro, en Cabana de Berganti\u00f1os; Punta Nariga, en Malpica; e o Espazo Natural de Razo e Baldaio, en Carballo, aproveitando para visitar o Dolmen de Dombate e o seu centro de interpretaci\u00f3n, pasar por Ponteceso e a casa de Eduardo Pondal, gozar das vistas do estuario do r\u00edo Anll\u00f3ns e a r\u00eda de Corme e Laxe, e vislumbrar as Illas Sisargas e a vila de Cai\u00f3n.<\/p>\n<p>A presenza dos expertos da Fundaci\u00f3n Starlight, que hoxe mesmo, 20 de outubro, deixaron o xeodestino para retornar aos seus lugares de orixe, confirma que os 16 concellos que aprobaron en plenos municipal a s\u00faa adhesi\u00f3n \u00e1 Declaraci\u00f3n sobre la Defensa del Cielo Nocturno y el Derecho a la Luz de las Estrellas, e ao proxecto de Costa da Morte Destino Starlight (Cabana de Berganti\u00f1os, Camari\u00f1as, Carballo, Carnota, Cee, Corcubi\u00f3n, Coristanco, Dumbr\u00eda, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Mux\u00eda, Vimianzo e Zas) superaron xa un primeiro corte na carreira para obter o marchamo Destino Tur\u00edstico Starlight. Agora falta saber se o xeodestino superar\u00e1 a proba definitiva. Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica conf\u00eda en co\u00f1ecer o resultado da auditor\u00eda e, en consecuencia, se xa ten a luz verde para ser Destino Tur\u00edstico Starlight, antes de que remate 2022.<\/p>\n<p>A auditora Susana Mal\u00f3n, pola s\u00faa banda, destacou o traballo de planificaci\u00f3n da auditor\u00eda realizado pola CMAT. \u201cQueremos felicitar \u00e1 CMAT e aos concellos todos os esforzos evidentes realizados para planificar esta visita, sen d\u00fabida tr\u00e1tase duns dos traballos de organizaci\u00f3n e acompa\u00f1amento m\u00e1is coidados e exhaustivos que temos vivido coma auditores Starlight\u201d. Ao seu xu\u00edzo, Costa da Morte \u201cten moitas posibilidades de obter o certificado\u201d, ainda que indicou a importancia e relevancia que, no caso de ser reco\u00f1ecida co visto bo ao selo de excelencia astrotur\u00edsica, ter\u00eda unha segunda auditor\u00eda prevista para dentro de catro anos na que se deben contar con claras evidencias de mellora e evoluci\u00f3n: \u201cNese momento evaluar\u00edase a implicaci\u00f3n de todo o territorio a trav\u00e9s da implantaci\u00f3n das novas medidas para combater a contaminaci\u00f3n lum\u00ednica e protexer o ceo nocturno as\u00ed como as actividades dese\u00f1adas e programadas para fomentar e potenciar o astroturismo\u201d.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O xeodestino, tras superar un primeiro corte, someteuse ao exame dos expertos que certificar\u00e1n antes de final de 2022 se os 16 concellos que forman parte do proxecto merecen contar co selo \u2018Destino Tur\u00edstico Starlight\u2019. Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica guiou e acompa\u00f1ou aos peritos da Fundaci\u00f3n Starlight por diversos lugares estrat\u00e9xicos para a observaci\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1610,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Os auditores da Fundaci\u00f3n Starlight visitan Costa da Morte - Costa da Morte","description":"O xeodestino, tras superar un primeiro corte, someteuse ao exame dos expertos que certificar\u00e1n antes de final de 2022 se os 16 concellos que forman parte do pro"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4495","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4495","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4495"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4495\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1610"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4495"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4495"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4495"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}