{"id":4490,"date":"2022-11-25T00:00:00","date_gmt":"2022-11-24T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/costa-da-morte-organiza-p29-novembro-caion-ii-encontro-turismo-costa-da-morte"},"modified":"2024-11-06T06:47:09","modified_gmt":"2024-11-06T05:47:09","slug":"costa-da-morte-organiza-p29-novembro-caion-ii-encontro-turismo-costa-da-morte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/costa-da-morte-organiza-p29-novembro-caion-ii-encontro-turismo-costa-da-morte","title":{"rendered":"Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica organiza o pr\u00f3ximo 29 de novembro en Cai\u00f3n o II Encontro de Turismo Costa da Morte"},"content":{"rendered":"<p><strong>A presidenta da CMAT, M\u00f3nica Rodr\u00edguez, destaca o obxectivo de que esta cita de todos os protagonistas do sector se institucionalice e se celebre cada ano nun concello diferente do territorio do xeodestino.<\/strong><\/p>\n<p><strong>CMAT celebrou en Vimianzo a \u00faltima asemblea de socios do 2022, onde fixo balance do ano e definiu as estratexias para o pr\u00f3ximo exercicio.<\/strong><\/p>\n<p><strong>A asociaci\u00f3n seguir\u00e1 apostando pola distribuci\u00f3n equilibrada dos fluxos tur\u00edsticos, a especializaci\u00f3n da oferta e a desestacionalizaci\u00f3n da demanda.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica traballa na actualizaci\u00f3n do Mapa Tur\u00edstico da Costa da Morte, que estar\u00e1 listo antes de que remate o ano.<\/strong><\/p>\n<p>Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica (CMAT), que preside M\u00f3nica Rodr\u00edguez, celebrou onte na Casa da Cultura de Vimianzo a \u00faltima asemblea de socios do ano 2022, onde fixo balance do \u201cintenso\u201d traballo desenvolvido durante o presente exercicio e dese\u00f1ou as li\u00f1as b\u00e1sicas da estratexia tur\u00edstica para o 2023. CMAT est\u00e1 agora inmersa na organizaci\u00f3n do II Encontro de Turismo da Costa da Morte, que ter\u00e1 lugar na localidade de Cai\u00f3n (A Laracha) o pr\u00f3ximo martes, 29 de novembro. \u201c\u00c9 unha cita anual que queremos institucionalizar e que debe servir para intercambiar ideas e proxectos e para mostrar a potencial do sector tur\u00edstico do xeodestino\u201d, apuntou a presidenta da CMAT, quen anunci\u00f3 que o obxectivo \u00e9 celebrala cada ano nun concello diferente.<\/p>\n<p>A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu a \u00faltima asemblea deste ano da CMAT, que representa os intereses tur\u00edsticos do concellos de Cabana de Berganti\u00f1os, Camari\u00f1as, Carballo, Carnota, Cee, Corcubi\u00f3n, Coristanco, Dumbr\u00eda, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Mux\u00eda, Ponteceso, Vimianzo e Zas, ademais da asociaci\u00f3n de empresarios tur\u00edsticos de Costa da Morte (APTCM). Xunta directiva e secretar\u00eda t\u00e9cnica expuseron aos socios os resultados da anualidade e debat\u00edronse li\u00f1as estrat\u00e9xicas e actividades prioritarias para 2023. Entre outros temas, f\u00edxose balance das campa\u00f1as e actividades impulsadas a trav\u00e9s do convenio entre a CMAT e Turismo de Galicia e as axudas de Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a para os entes de xesti\u00f3n dos xeodestinos da provincia, tratouse a participaci\u00f3n do destino en FITUR en xaneiro de 2023 e da posibilidade de por en marcha un proxecto importante destinado a mellorar a calidade e a competitividade dos servizos tur\u00edsticos do territorio e continuar traballando na consolidaci\u00f3n do destino no eido do astroturismo.<\/p>\n<p>O convenio con Turismo de Galicia permite que Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica impulse campa\u00f1as promocionais tem\u00e1ticas para po\u00f1er en valor o patrimonio megal\u00edtico de Costa da Morte, os principais lugares de interese xeol\u00f3xico, o surf e as praias salvaxes e o turismo familiar. Durante os \u00faltimos meses, ademais de presentar os novos contidos nas redes sociais e na web da CMAT, un equipo de profesionais da fotograf\u00edas e o audiovisual est\u00e1 a percorrer os lugares de maior interese relacionados con estas tem\u00e1ticas da Costa da Morte. Este material servir\u00e1 para que a CMAT fortaleza a capacidade de promoci\u00f3n e informaci\u00f3n sobre o territorio, especialmente a trav\u00e9s da canles online.<\/p>\n<p>No 2023 Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica, seg\u00fan ratificou a asemblea, seguir\u00e1 traballando na imaxe e posicionamento dos valores da marca do destino, na diversificaci\u00f3n da oferta e na mellora, na distribuci\u00f3n equilibrada dos fluxos tur\u00edsticos ao longo do territorio e na\u00a0desestacionallizaci\u00f3n da demanda. A CMAT traballa neste \u00faltimo trimestre de 2022 na reedici\u00f3n, xunto cos concellos do xeodestino, do Mapa Tur\u00edstico de Costa da Morte, que estar\u00e1 nas pr\u00f3ximas semanas a disposici\u00f3n de viaxeiros locais e for\u00e1neos. A asociaci\u00f3n tam\u00e9n produce material de merchandising para empregar en eventos promocionais e feiras de turismo.<\/p>\n<p>O convenio con Turismo de Galicia permite, ademais, a organizaci\u00f3n do II Encontro de Turismo de Costa da Morte, organizaci\u00f3n na que actualmente traballa a CMAT. Esta cita do ecosistema tur\u00edstico do xeodestino ter\u00e1 lugar o martes da pr\u00f3xima semana, 29 de novembro, en Costa Cai\u00f3n, na localidade de Cai\u00f3n (A Laracha). M\u00f3nica Rodr\u00edguez considera que o evento \u201crepresenta unha oportunidade para formentar a uni\u00f3n dos concellos, da iniciativa p\u00fablica e do sector tur\u00edstico privado\u201d. Ao seu xuizo, \u201co encontro serve para celebrar o pasos adiante dados polo xeodestino\u201d.<\/p>\n<p><strong>Unha cita para todo o sector a Certificaci\u00f3n Starlight coma tem\u00e1tica principal<\/strong><\/p>\n<p>A presidenta da CMAT aproveitou a asemblea para agredecer o \u201capoio\u201d de Turismo de Galicia e a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a no cofinanciamento das actividades desenvolvidas e \u201cesenciais para poder consolidar o noso xeodestino, posicionar a nosa marca e atraer a un turismo de maior calidade\u201d. O II Encontro de Turismo de Costa da Morte contar\u00e1 con representantes do concellos, do tecido empresarial tur\u00edstico local, da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, de Turismo de Galicia e da Fundaci\u00f3n Starlight. Tam\u00e9n participar\u00e1 o catedr\u00e1tico da Universidade de Santiago de Compostela Jorge Mira. Un dos proxectos estrela da CMAT durante 2022 foi a candidatura presentada para ter a posibilidade de que o territorio da Costa da Morte opte \u00e1 certificaci\u00f3n coma Destino Tur\u00edstico Starlight. O cient\u00edfico bai\u00e9s coordinou os informes t\u00e9cnicos presentados \u00e1 Fundaci\u00f3n Starlight. Nas pr\u00f3ximas semanas, co\u00f1ecerase a resoluci\u00f3n de concesi\u00f3n deste distintivo interncional de gran renome e importancia, que actualmente soamente te\u00f1en 3 destinos en Galicia: Parque Nacional de Illas Atl\u00e1nticas e concellos de A Veiga e de Muras. No caso de obtelo, ser\u00e1 sen d\u00fabida un gran trampol\u00edn para o posicionamento internacional de Costa da Morte. Ademais, a incorporaci\u00f3n de Costa da Morte na rede de Destinos Starlight ser\u00eda de gran impacto, xa que poucos destinos certificados contan coa extraordinaria dimensi\u00f3n do territorio.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A presidenta da CMAT, M\u00f3nica Rodr\u00edguez, destaca o obxectivo de que esta cita de todos os protagonistas do sector se institucionalice e se celebre cada ano nun concello diferente do territorio do xeodestino. CMAT celebrou en Vimianzo a \u00faltima asemblea de socios do 2022, onde fixo balance do ano e definiu as estratexias para o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1590,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica organiza o pr\u00f3ximo 29 de novembro en Cai\u00f3n o II Encontro de Turismo Costa da Morte - Costa da Morte","description":"A presidenta da CMAT, M\u00f3nica Rodr\u00edguez, destaca o obxectivo de que esta cita de todos os protagonistas do sector se institucionalice e se celebre cada ano nun c"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4490","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4490","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4490"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4490\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1590"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4490"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4490"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4490"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}