{"id":4488,"date":"2023-01-16T00:00:00","date_gmt":"2023-01-15T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/costa-da-morte-obten-selo-destino-turistico-starlight"},"modified":"2024-11-06T06:47:09","modified_gmt":"2024-11-06T05:47:09","slug":"costa-da-morte-obten-selo-destino-turistico-starlight","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/costa-da-morte-obten-selo-destino-turistico-starlight","title":{"rendered":"Costa da Morte obt\u00e9n o selo Destino Tur\u00edstico Starlight"},"content":{"rendered":"<p class=\"p2\"><strong>O xeodestino, integrado por dezasete concellos, s\u00famase xa no ano 2023 a esta rede internacional de astroturismo.<\/strong><\/p>\n<p class=\"p2\"><strong>A Fundaci\u00f3n Starlight entregar\u00e1 o distintito a Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica en FITUR, que se celebrar\u00e1 en Madrid do 18 ao 23 de xaneiro.<\/strong><\/p>\n<p class=\"p2\"><span class=\"s2\"><strong>Turismo de Galicia outorgar\u00e1 \u00e1 CMAT un <\/strong><\/span><strong>Reco\u00f1ecemento Especial polo traballo feito durante o proceso de certificaci\u00f3n Destino Tur\u00edstico Starlight.<\/strong><\/p>\n<p class=\"p2\">Costa da Morte xa \u00e9 Destino Tur\u00edstico Starlight. As\u00ed o confirmou a Fundaci\u00f3n Starlight \u00e1 Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica (CMAT), que preside M\u00f3nica Rodr\u00edguez. O xeodestino, integrado por 17 concellos (Cabana de Berganti\u00f1os, Camari\u00f1as, Carballo, Carnota, Cee, Corcubi\u00f3n, Coristanco, Dumbr\u00eda, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Mux\u00eda, Ponteceso, Vimianzo e Zas), s\u00famase xa neste rec\u00e9n iniciado 2023 \u00e1 rede internacional de astroturismo. A xunta directiva de CMAT, ente de xesti\u00f3n do turismo do destino Costa da Morte, mantivo esta semana na Casa da Cultura de Vimianzo a s\u00faa primeira reuni\u00f3n do ano. O encontro abordou a presencia de CMAT en FITUR, que se celebra en Madrid do 18 ao 23 de xaneiro. A asociaci\u00f3n prepara as acci\u00f3ns que servir\u00e1n para promocionar o xeodestino nesta feira internacional e que xirar\u00e1n, fundamentalmente, arredor da obtenci\u00f3n do certificado Destino Tur\u00edstico Starlight.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p2\">Despois dos traballos realizados pola CMAT durante 2022 para alcanzar a certificaci\u00f3n Destino Tur\u00edstico Starlight, e tras o proceso de an\u00e1lise e auditor\u00eda realizado polo equipo t\u00e9cnico da Fundaci\u00f3n Starlight, liderada pola s\u00faa directora Antonia Varela, conf\u00edrmase que Costa da Morte superou os requisitos para obter este prestixioso selo. Desde xaneiro de 2023 int\u00e9grase na rede internacional de Destinos Starlight. O certificado \u201cnon soamente reco\u00f1\u00e9ce a idoneidade de Costa da Morte para a contemplaci\u00f3n do ceo nocturno, sen\u00f3n tam\u00e9n o compromiso para a s\u00faa conservaci\u00f3n e a vontade p\u00fablico-privada para reducir a contaminaci\u00f3n lum\u00ednica e mellorar a iluminaci\u00f3n p\u00fablica en exteriores\u201d, destaca M\u00f3nica Rodr\u00edguez Ord\u00f3\u00f1ez, presidenta da CMAT e alcaldesa de Vimianzo.\u00a0Estes traballos foron posibles grazas \u00e1 cofinanciaci\u00f3n da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a a trav\u00e9s da concesi\u00f3n \u00e1 CMAT das axudas a entes de xesti\u00f3n tur\u00edstica da provincia na anualidade 2022.<\/p>\n<p class=\"p2\"><strong>Catro anos para implantar un plan de melloras<\/strong><\/p>\n<p class=\"p2\">En breve dar\u00e1nse a co\u00f1ecer os resultados detallados da certificaci\u00f3n, e o Plan de Medidas de Mellora proposto pola Fundaci\u00f3n Starlight, que deber\u00e1 ser implantando ao longo dos pr\u00f3ximos catro anos. Tam\u00e9n ser\u00e1 precisa a zonificaci\u00f3n do distintivo, xa que ao contar Costa da Morte cun territorio tan amplo en comparaci\u00f3n con outros destinos da rede, ser\u00e1 preciso delimitar cales ser\u00e1n as zonas mellor conservadas e cales quedar\u00e1n exclu\u00eddas polo incumprimento dos indicadores que garanten unha boa calidade do ceo nocturno.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p2\">Costa da Morte conf\u00edrmase como Destino Tur\u00edstico Starlight, o cuarto de Galicia despois do Parque Nacional das Illas Atl\u00e1nticas, Trevinca e o municipio de Muras, e o primeiro da provincia da Coru\u00f1a. A CMAT considera que o selo \u201cas\u00edgnalle ao xeodestino un relevante posicionamento tanto na comunidade aut\u00f3noma como no eido nacional e internacional\u201d. De tal importancia \u00e9 esta certificaci\u00f3n, non s\u00f3 para Costa da Morte, sen\u00f3n para a provincia e para Galicia, que Turismo de Galicia seleccionou ao xeodestino como un dos que obter\u00e1n un reco\u00f1ecemento especial en FITUR por parte da Xunta de Galicia, xunto con outros destinos galegos seleccionados. \u201cCosta da Morte suma o seu territorio \u00e1 oferta galega de astroturismo, que a fai m\u00e1is competitiva e diferencial\u201d, lembra ao un\u00edsono a xunta directiva da CMAT.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\">\u201c\u00c9 un dos proxectos m\u00e1is ambiciosos, ilusionantes e con maior potencial aos que se ten sumado Costa da Morte nos \u00faltimos anos\u201d, destaca M\u00f3nica Rodr\u00edguez, quen destaca que todo o sector tur\u00edstico do xeodestino, tanto do eido p\u00fablico como privado \u201cest\u00e1 desexando po\u00f1er en marcha e impulsar iniciativas e actividades, co apoio e asesoramento da Fundaci\u00f3n Starlight, \u00e1s que poidan sumarse as empresas do sector\u201d. \u201cQueremos ir consolidando e creando unha nova oferta tur\u00edstica baseada na observaci\u00f3n das estrelas, desde a base da formaci\u00f3n e a especializaci\u00f3n\u201d, destaca a presidenta da CMAT como un novo reto a curto prazo.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><strong>Presencia da CMAT en FITUR<\/strong><\/p>\n<p class=\"p1\">Do 18 ao 22 de xaneiro cel\u00e9brase en Madrid FITUR, a cita internacional m\u00e1is destacada do sector tur\u00edstico. Est\u00e1 previsto que asistan representantes da xunta directiva da CMAT: a s\u00faa presidenta, M\u00f3nica Rodr\u00edguez; vicepresidenta, Sandra Insua; tesoureiro, Jos\u00e9 Mu\u00ed\u00f1o; secretario, Pepe Formoso e o vocal Jos\u00e9 Marcote. Tam\u00e9n acudir\u00e1n alcaldes e alcaldesas dos municipios do destino e unha representaci\u00f3n do sector tur\u00edstico privado, a trav\u00e9s de APTCM.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\">A CMAT asistir\u00e1 como co-expositor, baixo o paraugas da stand de Turismo de Galicia, onde se proxectar\u00e1n v\u00eddeos promocionais do destino de Costa da Morte e onde se ofrecer\u00e1 material promocional, como as gu\u00edas e os novos mapas tur\u00edsticos. Estar\u00e1 presente unha profesional do m\u00e1rketing en representaci\u00f3n da CMAT, que en colaboraci\u00f3n con APTCM, apoiar\u00e1 a promoci\u00f3n en FITUR, a trav\u00e9s dunha completa axenda de encontros cos principais operadores tur\u00edsticos.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><strong>O stand de Turismo de Galicia acoller\u00e1 tres actos nos que Costa da Morte ser\u00e1 protagonista:<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/strong><\/p>\n<p class=\"p1\"><strong>19 de xaneiro \u00e1s 14:30 horas<\/strong>. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, outorgar\u00e1 \u00e1 CMAT un reco\u00f1ecemento especial pola certificaci\u00f3n como Destino Tur\u00edstico Starlight, que recoller\u00e1n o tesoureiro da CMAT e alcalde de Cabana de Berganti\u00f1os, Jos\u00e9 Mu\u00ed\u00f1o; e Jorge Mira, catedr\u00e1tico do Departamento de Astrof\u00edsica da Universidade de Santiago de Compostela, dous dos principais impulsores do proxecto.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><strong>19 de xaneiro, \u00e1s 18:30 horas<\/strong>. A CMAT realizar\u00e1 a presentaci\u00f3n do xeodestino, \u00e1 que asistir\u00e1n a presidenta, M\u00f3nica Rodr\u00edguez; Jorge Mira, a directora da Fundaci\u00f3n Starlight e doutora en astrof\u00edsica do Instituto de Astrof\u00edsica de Canarias, Antonia Varela; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; e o vicepresidente da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, Xos\u00e9 Regueira. Neste acto far\u00e1se entrega oficial do certificado de Costa da Morte Destino Starlight da man da Fundaci\u00f3n Starlight. Proxectarse unha peza audiovisual sobre a iniciaci\u00f3n de Costa da Morte no cami\u00f1o do astroturismo e a s\u00faa incorporaci\u00f3n \u00e1 rede de destinos Starlight.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><strong>20 de xaneiro \u00e1s 12:30 horas<\/strong>. Nava Castro presentar\u00e1, acompa\u00f1ada de Jorge Mira, a Gu\u00eda do \u00faltimo Solpor da Europa Continental, unha nova gu\u00eda de Costa da Morte baseada nos estudos e publicaci\u00f3ns realizadas polo cient\u00edfico bai\u00e9s que reforza o posicionamento e a diferenciaci\u00f3n de Costa da Morte como destino de astroturismo.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\">A CMAT estar\u00e1 presente e apoiar\u00e1 \u00e1 Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a na presentaci\u00f3n do Plan de Sustentabilidade Tur\u00edstica no destino denominado Os Fog\u00f3ns do Anll\u00f3ns, que potenciar\u00e1 a gastronom\u00eda da contorna do r\u00edo nos municipios de Cabana de Berganti\u00f1os, Coristanco, Carballo, A Laracha e Ponteceso, e que sen d\u00fabida os seus froitos contribuir\u00e1n a todo o destino de Costa da Morte. A presentaci\u00f3n ser\u00e1 o <strong>18 de xaneiro \u00e1s 12.30 horas<\/strong>, no stand de Turismo de Galicia.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O xeodestino, integrado por dezasete concellos, s\u00famase xa no ano 2023 a esta rede internacional de astroturismo. A Fundaci\u00f3n Starlight entregar\u00e1 o distintito a Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica en FITUR, que se celebrar\u00e1 en Madrid do 18 ao 23 de xaneiro. Turismo de Galicia outorgar\u00e1 \u00e1 CMAT un Reco\u00f1ecemento Especial polo traballo feito durante [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1582,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Costa da Morte obt\u00e9n o selo Destino Tur\u00edstico Starlight - Costa da Morte","description":"O xeodestino, integrado por dezasete concellos, s\u00famase xa no ano 2023 a esta rede internacional de astroturismo. A Fundaci\u00f3n Starlight entregar\u00e1 o distintito a"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4488","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4488","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4488"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4488\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1582"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4488"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4488"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4488"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}