{"id":4479,"date":"2023-07-17T00:00:00","date_gmt":"2023-07-16T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/manuel-muin-espasandin-alcalde-zas-asume-presidencia-costa-da-morte-asociacion-turistica"},"modified":"2024-11-06T06:47:01","modified_gmt":"2024-11-06T05:47:01","slug":"manuel-muin-espasandin-alcalde-zas-asume-presidencia-costa-da-morte-asociacion-turistica","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/manuel-muin-espasandin-alcalde-zas-asume-presidencia-costa-da-morte-asociacion-turistica","title":{"rendered":"Manuel Mui\u00f1o Espasand\u00edn, alcalde de Zas, asume a presidencia de Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica"},"content":{"rendered":"<p><strong>Tam\u00e9n se suman \u00e1 Xunta Directiva de CMAT Mar\u00eda Lema, concelleira de Turismo de Dumbr\u00eda, como vicepresidenta; e como vogais, \u00c1urea Dom\u00ednguez, alcaldesa de Fisterra, e Jos\u00e9 Carlos Garc\u00eda, rexedor de Coristanco.<\/strong><\/p>\n<p><strong>A CMAT destaca, tras a renovaci\u00f3n do seu \u00f3rgano de direcci\u00f3n fixado cada dous anos, a presenza de todas as forzas pol\u00edticas que gobernan nos concellos do xeodestino e a representaci\u00f3n baseada no equilibro territorial.<\/strong><\/p>\n<p><strong>A nova Xunta Directiva celebrar\u00e1 a s\u00faa primeira reuni\u00f3n o 3 de agosto en Baio.<\/strong><\/p>\n<p><strong>O alcalde de Zas, Manuel Mui\u00f1o Espasand\u00edn, \u00e9 o novo presidente de Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica (CMAT). <\/strong>Toma a substituci\u00f3n de M\u00f3nica Rodr\u00edguez, alcaldesa de Vimianzo, que desenvolveu as s\u00faas funci\u00f3ns como presidenta da CMAT desde xu\u00f1o de 2021 ata o de agora. As asembleas iniciais da asociaci\u00f3n estableceron a rotaci\u00f3n da presidencia cada dous anos seguindo a orde alfab\u00e9tica dos municipios. A renovaci\u00f3n da Xunta Directiva acordouse na asemblea extraordinaria de socios da CMAT celebrada onte na Casa d\u00e1 Cultura de Vimianzo.<\/p>\n<p>Incorp\u00f3rase \u00e1 Xunta Directiva da CMAT, como vicepresidenta, Mar\u00eda Lema, concelleira de Turismo do Concello de Dumbr\u00eda. Substit\u00fae a Sandra Insua, alcaldesa de Camari\u00f1as. Tam\u00e9n son novos integrantes do \u00f3rgano de direcci\u00f3n da CMAT, como vogal, \u00c1urea Dom\u00ednguez, alcaldesa de Fisterra, que substit\u00fae ao anterior alcalde deste municipio, Jos\u00e9 Marcote; e, tam\u00e9n como vogal, Jos\u00e9 Carlos Garc\u00eda, alcalde de Coristanco, que releva a Xos\u00e9 Regueira, concelleiro de Turismo de Carballo.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, mant\u00e9\u00f1ense nos seus cargos Jos\u00e9 Mui\u00f1o, alcalde de Cabana de Berganti\u00f1os, como tesoureiro da CMAT; Pepe Formoso, presidente de APTCM, como secretario; e Dami\u00e1n \u00c1lvarez, secretario de APTCM, como vogal. Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica destaca que \u201ctal e como leva facendo desde o nacemento da CMAT, a nova Xunta Directiva conta con representantes pol\u00edticos de todos os partidos que gobernan actualmente no territorio, e mant\u00e9n un equilibro territorial\u201d.<\/p>\n<p><strong>Obxectivos fundamentais <\/strong><\/p>\n<p>A Asemblea Extraordinaria de Socios da CMAT, tras dous anos, renovou a s\u00faa Xunta Directiva cumprindo cos estatutos. E, tras a constituci\u00f3n das novas Corporaci\u00f3ns Municipais, deu a benvida \u00e1s novas alcaldesas e alcaldes dos Concellos que integran o xeodestino. Ao comezo da sesi\u00f3n, Marta Rodr\u00edguez, membro do equipo da Secretar\u00eda T\u00e9cnica da CMAT, realizou un resumo sobre que \u00e9 Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica e destacou os seus obxectivos fundamentais, os seus \u00f3rganos de goberno, as s\u00faas fontes de financiamento, os fitos alcanzados nestes dous \u00faltimos anos, as actividades desenvolvidas de xaneiro a xu\u00f1o de 2023 e as previstas para a segunda metade deste exercicio.<\/p>\n<p>A antiga Xunta Directiva, liderada por M\u00f3nica Rodr\u00edguez, destacou a \u201cvelocidade de cruceiro\u201d alcanzada por CMAT no desenvolvemento de novas iniciativas. Conf\u00eda en que \u201cnon se vexa afectada polo cambio nos \u00f3rganos de goberno\u201d. Ao mesmo tempo, recomendou a celebraci\u00f3n de reuni\u00f3ns mensuais da Xunta Directiva \u201cque permitan e favorezan un seguimento e control das actividades programadas, as\u00ed como a toma de decisi\u00f3ns e a coordinaci\u00f3n coa Secretar\u00eda T\u00e9cnica\u201d.<\/p>\n<p>Na Asemblea Extraordinaria tam\u00e9n se expuxo unha actualizaci\u00f3n dos estatutos da CMAT, onde se especifique, por exemplo, a implicaci\u00f3n dos membros da Xunta Directiva nas s\u00faas funci\u00f3ns, as\u00ed como na responsabilidade econ\u00f3mica dos socios. Tam\u00e9n se propuxo estudar a \u201cnecesaria actualizaci\u00f3n das cotas dos socios da CMAT para ga\u00f1ar m\u00fasculo financeiro que permita o crecemento da asociaci\u00f3n e mellorar o impacto das actividades en todo o territorio\u201d.<\/p>\n<p><strong>Experiencia enriquecedora<\/strong><\/p>\n<p>M\u00f3nica Rodr\u00edguez, a modo de despedida, destac\u00f3 como \u201cenriquecedora y gratificante\u201d su experiencia al frente de la CMAT durante los dos \u00faltimos a\u00f1os. Dijo llevarse \u201cun gran aprendizaje\u201d. \u201cFue un trabajo intenso y fruct\u00edfero gracias al trabajo en equipo y a la implicaci\u00f3n de todos los miembros de la Junta Directiva y de todos los socios; y a la labor de coordinaci\u00f3n, el buen hacer y el apoyo en la gesti\u00f3n desarrollado por la Secretar\u00eda T\u00e9cnica de la CMAT\u201d, manifest\u00f3 la tambi\u00e9n alcaldesa de Vimianzo.<\/p>\n<p>A nova Xunta Directiva, que ter\u00e1 a s\u00faa primeira reuni\u00f3n de traballo o pr\u00f3ximo 3 de agosto na localidade de Baio, Concello de Zas, destaca que \u201cse abre unha nova etapa con s\u00f3lidas vimbias para seguir consolidando \u00e1 CMAT como ente xestor do turismo en Costa da Morte\u201d. O pr\u00f3ximo encontro servir\u00e1 para definir as actividades da segunda metade de 2023 e para asentar as novas bases de traballo e coordinaci\u00f3n da nova Xunta Directiva.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tam\u00e9n se suman \u00e1 Xunta Directiva de CMAT Mar\u00eda Lema, concelleira de Turismo de Dumbr\u00eda, como vicepresidenta; e como vogais, \u00c1urea Dom\u00ednguez, alcaldesa de Fisterra, e Jos\u00e9 Carlos Garc\u00eda, rexedor de Coristanco. A CMAT destaca, tras a renovaci\u00f3n do seu \u00f3rgano de direcci\u00f3n fixado cada dous anos, a presenza de todas as forzas pol\u00edticas que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1546,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Manuel Mui\u00f1o Espasand\u00edn, alcalde de Zas, asume a presidencia de Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica - Costa da Morte","description":"Tam\u00e9n se suman \u00e1 Xunta Directiva de CMAT Mar\u00eda Lema, concelleira de Turismo de Dumbr\u00eda, como vicepresidenta; e como vogais, \u00c1urea Dom\u00ednguez, alcaldesa de Fister"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4479","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4479","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4479"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4479\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1546"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4479"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4479"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4479"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}