{"id":4478,"date":"2023-08-07T00:00:00","date_gmt":"2023-08-06T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/nova-xunta-directiva-cmat"},"modified":"2024-11-06T06:47:01","modified_gmt":"2024-11-06T05:47:01","slug":"nova-xunta-directiva-cmat","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/nova-xunta-directiva-cmat","title":{"rendered":"A nova Xunta Directiva de CMAT re\u00fanese por primeira vez para abordar e dese\u00f1ar a estratexia tur\u00edstica do xeodestino para os pr\u00f3ximos meses"},"content":{"rendered":"<p><strong>Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica, en representaci\u00f3n do sector p\u00fablico e privado, crear\u00e1 o premio Embaixador da Costa da Morte para reco\u00f1ecer o compromiso de divulgar o territorio<\/strong><\/p>\n<p><strong>Acordou potenciar a presenza en feiras sectoriais e xa traballa na organizaci\u00f3n do III Encontro de Turismo Costa da Morte, que ser\u00e1 a final de ano e onde se dar\u00e1 o Premio Embaixador da Costa Morte<\/strong><\/p>\n<p><strong>A pr\u00f3xima semana o xeodestino acoller\u00e1 un blogtrip astrotur\u00edstico onde seis blogueiros dar\u00e1n a co\u00f1ecer o potencial deste territorio<\/strong><\/p>\n<p><strong>O xeodestino expor\u00e1 a final de ano medidas para que os concellos poidan reducir a contaminaci\u00f3n lum\u00ednica en n\u00facleos de poboaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p><strong>Baio (Zas). 04\/08\/2023.<\/strong> A nova Xunta Directiva de Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica (CMAT), presidida por Manuel Mu\u00ed\u00f1o Espasand\u00edn, celebrou onte m\u00e9rcores, 3 de agosto, en Baio a s\u00faa primeira reuni\u00f3n para abordar a estratexia para os pr\u00f3ximos seis meses. Entre outros asuntos trataron o financiamento, as actividades programadas a curto e medio prazo e as novas iniciativas. CMAT, entre outros proxectos, decidiu a creaci\u00f3n en 2023 do <strong>Premio Embaixador\/Embaixadora da Costa da Morte<\/strong>. O galard\u00f3n recaer\u00e1 \u201cen aquelas personalidades que contrib\u00faan \u00e1 divulgaci\u00f3n, promoci\u00f3n e conservaci\u00f3n do xeodestino\u201d. A nova Xunta Directiva, ademais, acordou potenciar a presenza en feiras sectoriais, tratou as campa\u00f1as promocionais como o Blogtrip Costa da Morte Starlight, que ter\u00e1 lugar a pr\u00f3xima semana, ou a celebraci\u00f3n do III Encontro de Turismo Costa da Morte, previsto para o pr\u00f3ximo mes de novembro.<\/p>\n<p>Ademais do presidente, acudiron ao encontro celebrado no Centro Sociocultural de Baio a vicepresidenta, Mar\u00eda Lema, concelleira de Turismo do Concello de Dumbr\u00eda; o tesoureiro Jos\u00e9 Mu\u00ed\u00f1o, alcalde de Cabana; os vogais \u00c1urea Dom\u00ednguez, alcaldesa de Fisterra, e Juan Carlos Garc\u00eda, alcalde de Coristanco; o secretario Pepe Formoso, presidente de APTCM; Dami\u00e1n \u00c1lvarez, vogal de CMAT e secretario de APTCM; e Marta Rodr\u00edguez e Catherine Garc\u00eda, do equipo da Secretar\u00eda T\u00e9cnica.<\/p>\n<p>Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica xa traballa nos proxectos reflectidos no Programa de subvenci\u00f3ns dirixidos a entes de xesti\u00f3n, asociaci\u00f3n, mancomunidades e consorcios tur\u00edsticos para a mellora da calidade, competitividade e actividades tur\u00edsticas da provincia da Coru\u00f1a, da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, cuxa resoluci\u00f3n definitiva foi publicada hai unhas semanas. CMAT, a trav\u00e9s desta li\u00f1a e en materia de competitividade, impulsou as <strong>Xornadas de Intercambio de Boas Pr\u00e1cticas en Xesti\u00f3n Tur\u00edstica e Astroturismo,<\/strong> o Curso de Monitores Astrotur\u00edsticos Starlight e a implantaci\u00f3n do <strong>Sistema Calidade Tur\u00edstico en Destino <\/strong>(SICTED). En materia de creaci\u00f3n e promoci\u00f3n de produtos tur\u00edsticos apoiou a presenza en <strong>FITUR 2023<\/strong> e <strong>Turexpo<\/strong> e apoiar\u00e1 a asistencia a <strong>INTUR Feira Internacional do Turismo de Interior e Fairway 2023<\/strong>, que se celebrar\u00e1 en novembro en Valladolid e en Santiago de Compostela. O equipo directivo da CMAT tam\u00e9n abordou as acci\u00f3ns que desenvolver\u00e1 a trav\u00e9s do <strong>Convenio con Turismo de Galicia<\/strong>, cuxa firma se demora ante os cambios \u00e1 fronte da direcci\u00f3n desta entidade dependente da Xunta. O ente que xestiona o turismo do xeodestino desenvolver\u00e1 a creaci\u00f3n do <strong>Produto de Astroturismo<\/strong> en coordinaci\u00f3n cos Monitores Astron\u00f3micos Starlight de Costa da Morte, cos 17 concellos que integran o destino tur\u00edstico e con APTCM.<\/p>\n<p>Ademais, a pr\u00f3xima semana, do 9 ao 12 de agosto, est\u00e1 prevista a celebraci\u00f3n do\u00a0<strong>Blogtrip Costa da Morte Starlight,<\/strong> coa presenza de seis blogueiros e blogueiras l\u00edderes no \u00e1mbito das viaxes. Promocionar\u00e1n o xeodestino Costa da Morte e dar\u00e1n a co\u00f1ecer a miles de seguidores. O CMAT tam\u00e9n dese\u00f1ar\u00e1 novo material promocional para oficinas municipais de turismo, empresas de APTCM e feiras de turismo.<\/p>\n<p><strong>III Encontro de Turismo Costa da Morte<\/strong><br \/>As\u00ed mesmo, Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica traballa na organizaci\u00f3n do III Encontro de Turismo Costa da Morte, unha cita anual que acolle ao sector p\u00fablico e privado deste sector e que servir\u00e1 para \u201cpo\u00f1er en com\u00fan os resultados do ano e fixar os retos do exercicio de 2024\u201d. Celebrarase no pr\u00f3ximo mes de novembro. CMAT abrir\u00e1 en breve un prazo para a presentaci\u00f3n de candidaturas de establecementos, cun aforo m\u00ednimo de 200 persoas, que se ofrezan para albergar o evento, onde tam\u00e9n se dar\u00e1 visibilidade aos produtos gastron\u00f3micos locais.<\/p>\n<p>No marco do <strong>III Encontro de Turismo Costa da Morte<\/strong>, <strong>CMAT po\u00f1er\u00e1 en marcha \u201ctres premios especiais\u201d<\/strong>. Un deles ser\u00e1 o <strong>Premio de Fotograf\u00eda<\/strong> Costa da Morte Turismo Starlight. Outro, tam\u00e9n de fotograf\u00eda, estar\u00e1 relacionado cun dos emblemas e proxectos m\u00e1is populares do xeodestino: <strong>Naturamente salvaxe<\/strong>. As\u00ed mesmo, a Xunta Directiva decidiu po\u00f1er en marcha o <strong>Premio Embaixador\/Embaixadora<\/strong> da Costa da Morte. Este galard\u00f3n recaer\u00e1 \u201cen personalidades que contrib\u00faan de maneira altru\u00edsta \u00e1 divulgaci\u00f3n, promoci\u00f3n e conservaci\u00f3n d\u00e1 Costa da Morte\u201d.<\/p>\n<p><strong>Feiras internacionais e Boas Pr\u00e1cticas<\/strong><\/p>\n<p>A Xunta Directiva de CMAT, por outra banda, analizar\u00e1 a medio prazo a posibilidade de incrementar a presenza do xeodestino durante 2024 en novas feiras de turismo internacionais. E tam\u00e9n expor\u00e1 a organizaci\u00f3n da <strong>II Xornada de Intercambio de Boas Pr\u00e1cticas Tur\u00edsticas en Cooperaci\u00f3n P\u00fablico-Privada<\/strong>. Ser\u00eda no \u00faltimo trimestre de 2023. A Xunta Directiva de CMAT xa participou en marzo na primeira edici\u00f3n deste encontro, celebrado na Ribeira Sacra e Trevinca.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, no \u00faltimo trimestre de 2023 est\u00e1 prevista a celebraci\u00f3n dun encontro t\u00e9cnico-pol\u00edtico en Cabana de Berganti\u00f1os para abordar en detalle o <strong>Mapa de Zonificaci\u00f3n de Costa da Morte, elaborado pola Fundaci\u00f3n Starlight<\/strong>. A\u00ed abordaranse medidas para a mellora da iluminaci\u00f3n e alumeados p\u00fablicos e, ao mesmo tempo, daranse a co\u00f1ecer modelos de ordenanzas municipais que contrib\u00faan \u00e1 reduci\u00f3n da contaminaci\u00f3n lum\u00ednica en n\u00facleos de poboaci\u00f3n. Os asistentes co\u00f1ecer\u00e1n as acci\u00f3ns postas en marcha neste sentido polo Concello de Cabana de Berganti\u00f1os. A Fundaci\u00f3n Starlight expuxo unha serie de medidas nesta mataria dentro do plan de melloras para Costa da Morte tras a s\u00faa certificaci\u00f3n como Destino Tur\u00edstico Starlight.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><strong>+ info: Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica<\/strong><\/p>\n<p>Gabinete Prensa d\u00e1 CMAT. 679.486.961<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica, en representaci\u00f3n do sector p\u00fablico e privado, crear\u00e1 o premio Embaixador da Costa da Morte para reco\u00f1ecer o compromiso de divulgar o territorio Acordou potenciar a presenza en feiras sectoriais e xa traballa na organizaci\u00f3n do III Encontro de Turismo Costa da Morte, que ser\u00e1 a final de ano e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1542,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"A nova Xunta Directiva de CMAT re\u00fanese por primeira vez para abordar e dese\u00f1ar a estratexia tur\u00edstica do xeodestino para os pr\u00f3ximos meses - Costa da Morte","description":"Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica, en representaci\u00f3n do sector p\u00fablico e privado, crear\u00e1 o premio Embaixador da Costa da Morte para reco\u00f1ecer o compromiso de"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4478","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4478","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4478"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4478\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1542"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4478"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4478"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4478"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}