{"id":4477,"date":"2023-08-09T00:00:00","date_gmt":"2023-08-08T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/blogtrip-astroturistico-da-costa-da-morte"},"modified":"2024-11-06T06:47:01","modified_gmt":"2024-11-06T05:47:01","slug":"blogtrip-astroturistico-da-costa-da-morte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/blogtrip-astroturistico-da-costa-da-morte","title":{"rendered":"Blogtrip para mostrar e divulgar o potencial astrotur\u00edstico da Costa da Morte"},"content":{"rendered":"<p><strong>Seis blogueiros e blogueiras profesionais de viaxes con m\u00e1is de medio mill\u00f3n de visitas ao mes iniciaron hoxe, da man da CMAT, unha ruta de catro d\u00edas para dar a co\u00f1ecer un territorio que xa \u00e9 referente no turismo das estrelas<\/strong><\/p>\n<p><strong>Rub\u00e9n L\u00f3pez, Angi Baldrich, Sergio Casal, Nuria P. Espasand\u00edn, Dani Keral e Eva Abal percorrer\u00e1n a Costa da Morte para mostrar nas s\u00faas redes sociais a cultura, patrimonio, natureza e o ceo nocturno do destino<\/strong><\/p>\n<p><strong>Manuel Mu\u00ed\u00f1o, presidente da CMAT e alcalde de Zas: \u201cTemos un territorio privilexiado para a observaci\u00f3n do ceo e queremos dalo a co\u00f1ecer\u201d<\/strong><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><strong>\u00c9zaro. 09\/08\/2023<\/strong>. O <strong>Blogtrip Costa da Morte Starlight<\/strong> comezou hoxe, m\u00e9rcores, 9 de agosto, cun encontro de familiarizaci\u00f3n e presentaci\u00f3n dos\/as participantes, seguido dunha ruta en caiac ata a fervenza do \u00c9zaro. A CMAT (Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica), presidida por Manuel Mu\u00ed\u00f1o (alcalde de Zas), organizou esta iniciativa, que pretende mostrar e divulgar o destino, en xeral, e o potencial do astroturismo na Costa da Morte, en particular. A organizaci\u00f3n do itinerario xurdiu dunha estreita colaboraci\u00f3n p\u00fablico-privada e do traballo conxunto co equipo de Monitores\/as Starlight, no que o astroturismo serve de f\u00edo condutor para dar a co\u00f1ecer a riqueza do patrimonio natural e cultural da Costa da Morte. O territorio conta, desde xaneiro de 2023, co distintivo de calidade Destino Tur\u00edstico Starlight, emitido pola Fundaci\u00f3n Starlight.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Os blogueiros e blogueiras que, do 9 ao 12 de agosto, mostrar\u00e1n a Costa da Morte nos seus canais, son Rub\u00e9n L\u00f3pez (<a href=\"https:\/\/caminantedelplaneta.com\/\"><strong>Caminante del planeta<\/strong><\/a>), Angi Baldrich (<strong>@galicia.angibaldrich<\/strong>), Nuria e Sergio (<a href=\"https:\/\/toxio.gal\/\"><strong>Tox\u00edo<\/strong><\/a><strong>)<\/strong>; Dani Keral (<a href=\"https:\/\/unviajecreativo.com\/yo-soy-keral\/\"><strong>Un viaje creativo<\/strong><\/a>) e Eva Abal (<a href=\"https:\/\/unaideaunviaje.com\/author\/eva\/\"><strong>Una idea, un viaje<\/strong><\/a>). Xuntos, suman m\u00e1s de 50.000 seguidores na rede social de Instagram e os seus blogs reciben m\u00e1is de medio mill\u00f3n de visitas cada mes.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><strong>Promoci\u00f3n do territorio, establecemento de sinerx\u00edas e conciencia ambiental<\/strong><\/p>\n<p>Segundo o presidente da CMAT, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, o Blogtrip Costa da Morte Starlight pretende \u201cdifundir, promocionar e impulsar o noso xeodestino como territorio de referencia no astroturismo\u201d. A CMAT representa ao sector tur\u00edstico vinculado \u00e1 iniciativa privada e tam\u00e9n aos 17 concellos que integran o destino Costa da Morte: Cabana de Berganti\u00f1os, Camari\u00f1as, Carballo, Carnota, Cee, Corcubi\u00f3n, Coristanco, Dumbr\u00eda, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Mux\u00eda, Ponteceso, Vimianzo e Zas. \u201cTemos un territorio privilexiado para a observaci\u00f3n do ceo e queremos apostar pola excelencia no eido do astroturismo\u201d, destaca<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>tam\u00e9n Mu\u00ed\u00f1o, quen conf\u00eda en que os blogueiros e blogueiras \u201cdean a co\u00f1ecer os nosos ceos e tam\u00e9n o noso patrimonio, a nosa natureza e a nosa cultura\u201d.<\/p>\n<p>Salienta, ademais, que \u201ca meirande parte dos servizos e das actividades programadas neste Blogtrip real\u00edzana empresas socias da CMAT, de APTCM (Asociaci\u00f3n de Profesionais Tur\u00edsticos da Costa da Morte), adheridas ao SICTED (Sistema Integral de Calidade Tur\u00edstica en Destino) e\/ou Monitores\/as Starlight\u201d. Isto \u00e9 froito da orientaci\u00f3n da CMAT cara a mellora da competitividade do sector, traballando na creaci\u00f3n de sinerx\u00edas co obxectivo de visibilizar as entidades implicadas no incremento da calidade das experiencias tur\u00edsticas, a preservaci\u00f3n dos ceos nocturnos e o fomento da sostibilidade no destino Costa da Morte.<\/p>\n<p>O Blogtrip Costa da Morte Starlight visitou hoxe pola tarde o Faro Touri\u00f1\u00e1n e a praia da Moreira, rematando o d\u00eda cun roteiro de case tres horas polos petr\u00f3glifos de As Laxi\u00f1as.<\/p>\n<p>O percorrido continuar\u00e1 ma\u00f1\u00e1 xoves, 10 de agosto, cunha visita guiada \u00e1s 10.30h. por unha parte do Cami\u00f1o dos Faros para, posteriormente, colaborar nunha recollida de lixo na praia de Mar de F\u00f3ra. Xa pola tarde, co\u00f1ecer\u00e1n a vila de Corcubi\u00f3n, desde onde sair\u00e1n cara as Illas Lobeiras. Rematar\u00e1 o d\u00eda co solpor na r\u00eda de Lires e, tras a cea, os participantes iniciaranse na astrofotograf\u00eda nocturna mediante un obradoiro na praia de Nemi\u00f1a.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><strong>Paddle surf, Ruta das Estrelas e Carballeira de Zas<\/strong><\/p>\n<p>O venres 11 de agosto, comezar\u00e1 cunha cami\u00f1ada polo esteiro do r\u00edo Anll\u00f3ns, desde Ponteceso ata Balar\u00e9s, e continuar\u00e1 cunha pr\u00e1ctica de paddle surf. Pola tarde, est\u00e1 prevista a visita \u00e1s praias de Laxe e a ruta da Insua, rematando o d\u00eda coa participaci\u00f3n na Ruta das Estrelas, desde Dombate ata o Castro de Borneiro, guiada por Jorge Mira, catedr\u00e1tico da USC e embaixador de excepci\u00f3n da Costa da Morte.<\/p>\n<p>O final do Blogtrip Costa da Morte chegar\u00e1 o s\u00e1bado, 12 de agosto, cun paseo polo Street Art de Carballo, no que co\u00f1ecer\u00e1n alg\u00fans dos murais de graffiti m\u00e1is emblem\u00e1ticos da vila; para pechar o d\u00eda e a viaxe na 33 edici\u00f3n da Festa da Carballeira de Zas, declarada Festa de Interese Tur\u00edstico de Galicia.<\/p>\n<p>Esta actividade foi cofinanciada pola Xunta de Galicia a trav\u00e9s dun convenio, que se v\u00e9n de asinar, entre a CMAT e Turismo de Galicia.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><strong>+ info: <\/strong><a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/es\/cmat\/que-es-cmat\"><strong>Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica<\/strong><\/a><strong><span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/strong><\/p>\n<p>Gabinete Prensa da CMAT<strong>. 679.486.961<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Seis blogueiros e blogueiras profesionais de viaxes con m\u00e1is de medio mill\u00f3n de visitas ao mes iniciaron hoxe, da man da CMAT, unha ruta de catro d\u00edas para dar a co\u00f1ecer un territorio que xa \u00e9 referente no turismo das estrelas Rub\u00e9n L\u00f3pez, Angi Baldrich, Sergio Casal, Nuria P. Espasand\u00edn, Dani Keral e Eva Abal [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1538,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Blogtrip para mostrar e divulgar o potencial astrotur\u00edstico da Costa da Morte - Costa da Morte","description":"Seis blogueiros e blogueiras profesionais de viaxes con m\u00e1is de medio mill\u00f3n de visitas ao mes iniciaron hoxe, da man da CMAT, unha ruta de catro d\u00edas para dar"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4477","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4477","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4477"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4477\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1538"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4477"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4477"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4477"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}