{"id":4476,"date":"2023-09-05T00:00:00","date_gmt":"2023-09-04T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/costa-da-morte-pon-marcha-mesa-de-calidade-socted-mesa-starlight"},"modified":"2024-11-06T06:47:01","modified_gmt":"2024-11-06T05:47:01","slug":"costa-da-morte-pon-marcha-mesa-de-calidade-socted-mesa-starlight","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/costa-da-morte-pon-marcha-mesa-de-calidade-socted-mesa-starlight","title":{"rendered":"Costa da Morte pon en marcha a Mesa de Calidade SICTED e a Mesa Starlight para situar o xeodestino na vangarda da excelencia tur\u00edstica"},"content":{"rendered":"<p class=\"p2\"><strong>As Torres do Allo acolleron hoxe a constituci\u00f3n de d\u00faas mesas que reafirman o compromiso da Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica na mellora da calidade e competitividade do turismo neste territorio.<\/strong><\/p>\n<p class=\"p2\"><strong>A Mesa de Calidade e a Mesa Starlight Costa da Morte estar\u00e1n integradas polos actores do sector nos \u00e1mbitos p\u00fablico e privado e servir\u00e1n para dese\u00f1ar a estratexia no eido SICTED e no astroturismo<span class=\"Apple-converted-space\">.<\/span><\/strong><\/p>\n<p class=\"p2\"><span class=\"Apple-converted-space\">A actividade do SICTED est\u00e1 cofinanciada pola Deputaci\u00f3n d\u00e1 Coru\u00f1a. grazas \u00e1 concesi\u00f3n das axudas ou entes de xesti\u00f3n tur\u00edstica para a anualidade 2023.\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p2\"><strong>Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica <\/strong>(CMAT) <strong>constitu\u00edu oficialmente hoxe, 5 de setembro de 2023, nas Torres do Allo <\/strong>(Concello de Zas) <strong>a Mesa de Calidade SICTED e a Mesa Starlight Costa da Morte<\/strong>. O acto, ao que asistiron os principais actores implicados na xesti\u00f3n e promoci\u00f3n tur\u00edstica de Galicia, estivo presidido por Manuel Mu\u00ed\u00f1o, alcalde de Zas e m\u00e1ximo responsable da CMAT. Estes dous foros, creados no seo da CMAT, \u201cservir\u00e1n para situar o noso xeodestino, integrado por 17 concellos da Costa da Morte, na vangarda da excelencia tur\u00edstica\u201d, destacou Manuel Mu\u00ed\u00f1o ao inicio do acto, no que salientou a \u201crelevancia do encontro de constituci\u00f3n da Mesa de Calidade e da Mesa Starlight da Costa da Morte\u201d.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p2\">A reuni\u00f3n da xunta directiva da CMAT comezou \u00e1s 10.00 horas. O encontro serviu para constitu\u00edr a Mesa de Calidade SICTED, seguindo as pautas fixadas polo Sistema Integral de Calidade Tur\u00edstica en Destino, dependente da Secretar\u00eda de Estado de Turismo; e a Mesa Starlight Costa da Morte, como parte do plan de medidas propostas pola Fundaci\u00f3n Starlight, que acompa\u00f1a a certificaci\u00f3n da Costa da Morte como Destino Tur\u00edstico Starlight, acadada en xaneiro de 2023.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p2\">Na mesa que presidiu o acto de hoxe nas Torres do Allo, ademais de Manuel Mu\u00ed\u00f1o, tam\u00e9n estaban presentes Pepe Formoso, en representaci\u00f3n do sector tur\u00edstico privado da Costa da Morte; Xos\u00e9 Regueira, vicepresidente da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a; Enrique P\u00e9rez Etcheverr\u00eda, t\u00e9cnico da \u00c1rea de Calidade e Proxectos Europeos de Turismo de Galicia; Mavi Lezcano, experta en Patrimonio, e Marta Rodr\u00edguez Casas, xestora SICTED e membro do equipo da Secretar\u00eda T\u00e9cnica da CMAT.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p2\"><strong>Ferramentas estrat\u00e9xicas<\/strong><\/p>\n<p class=\"p2\">Marta Rodr\u00edguez Casas foi a encargada de explicar as funci\u00f3ns e obxectivos da Mesa de Calidade SICTED e da Mesa Starlight Costa da Morte. Indicou que estas novas ferramentas \u201cser\u00e1n estrat\u00e9xicas na promoci\u00f3n e mellora do turismo na Costa da Morte\u201d. Tam\u00e9n destacou a necesidade de colaboraci\u00f3n entre os diferentes sectores, p\u00fablicos e privados, representados nas mesas para chegar o acadar os obxectivos propostos.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p2\">Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica destaca, tras po\u00f1er en marcha estas d\u00faas iniciativas, que contin\u00faa \u201co compromiso de mellora da calidade e competitividade\u201d do destino tur\u00edstico. E tam\u00e9n traballa na \u201cconfiguraci\u00f3n e promoci\u00f3n de produtos tur\u00edsticos diferenciadores na Costa da Morte\u201d a trav\u00e9s da procura de \u201ccolaboraci\u00f3ns e sinerx\u00edas entre os diversos actores involucrados do sector\u201d.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\">A directora da Fundaci\u00f3n Starlight, Antonia Varela; e o catedr\u00e1tico da USC, Jorge Mira, enviaron unha mensaxe grabada ante a imposibilidade de estar presentes hoxe nas Torres do Allo. Antonia Varela, de viaxe en Chile, agradeceu a \u201cdilixencia da CMAT\u201d para po\u00f1er en marcha as recomendaci\u00f3ns para impulsar o proxecto Destino Tur\u00edstico Starlight e concretamente a Mesa Stalight Costa da Morte. \u201cEstamos nun momento de cambio no sector tur\u00edstico onde prima a calidade; e na Costa da Morte hai talento, profesionalidade e interese por preservar o ceo\u201d. Augurou que a iniciativa \u201cser\u00e1 un \u00e9xito\u201d.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\">Pola s\u00faa banda, Jorge Mira, ante a imposibilidade de acudir, enviou unha mensaxe. Destacou que as mesas creadas \u201cson oportunas\u201d porque \u201ca posta en valor do ceo nocturno redunda en beneficio da sa\u00fade e as condici\u00f3ns de vida da veci\u00f1anza da zona a trav\u00e9s dun alumeado p\u00fablico eficiente\u201d. O catedr\u00e1tico da USC destacou que \u201cas alcald\u00edas son claves para que esto funcione\u201d, en referencia ao traballo para reducir o impacto dos alumeados p\u00fablicos. Mira destacou o perfil do visitante que busca ceos puros. \u201c\u00c9 un turista cun perfil cultural e econ\u00f3mico alto, que respecta o entorno e o medio ambiente\u201d.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><strong>Mesa de Calidade SICTED<\/strong>. Entre as s\u00faas funci\u00f3ns est\u00e1 a an\u00e1lise da situaci\u00f3n tur\u00edstica do xeodestino, a proposta de obxectivos e plans de mellora e a avaliaci\u00f3n anual dos participantes no proxecto SICTED, entre outros asuntos clave. As reuni\u00f3ns desta mesa ter\u00e1n lugar antes dos Comit\u00e9s de Distinci\u00f3n (xu\u00f1o e decembro) e, de forma extraordinaria, sempre a proposta dos seus membros. O presidente desta mesa ser\u00e1 Manuel Mu\u00ed\u00f1o, alcalde de Zas; a vicepresidenta, Mar\u00eda Lema Santabaya, concelleira de Cultura do Concello de Dumbr\u00eda; e a secretaria, Marta Rodr\u00edguez Casas, xestora SICTED e membro da Secretar\u00eda T\u00e9cnica da CMAT. Os vogais ser\u00e1n Enrique P\u00e9rez Etcheverr\u00eda, t\u00e9cnico da \u00c1rea de Calidade e Proxectos Europeos de Turismo de Galicia; Xos\u00e9 Regueira, vicepresidente da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a; Pepe Formoso, presidente de APTCM; Jos\u00e9 Mu\u00ed\u00f1o, alcalde do Concello de Cabana de Berganti\u00f1os; Dami\u00e1n \u00c1lvarez, secretario de APTCM; Juan Carlos Garc\u00eda Pose, alcalde do Concello de Coristanco; e \u00c1urea G\u00f3mez Sisto, alcaldesa do Concello de Fisterra.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p1\"><strong>Mesa Starlight Costa da Morte<\/strong>.Esta acci\u00f3n est\u00e1 enmarcada dentro da actividade &#8220;Configuraci\u00f3n do produto de turismo astron\u00f3mico&#8221;, que est\u00e1 cofinanciada pola Xunta de Galicia, a trav\u00e9s dun convenio entre CMAT e Turismod e Galicia para a anualidade 2023. Esta mesa exercer\u00e1 o seguimento de acci\u00f3ns destinadas \u00e1 conservaci\u00f3n do ceo nocturno do xeodestino e servir\u00e1 para dese\u00f1ar unha folla de ruta para a promoci\u00f3n de iniciativas para o desenvolvemento do astroturismo e a concienciaci\u00f3n cidad\u00e1 sobre a importancia de preservar os ceos nocturnos do Destino Tur\u00edstico Starlight Costa da Morte. Ser\u00e1 o nexo directo coa Fundaci\u00f3n Starlight e servir\u00e1 de punto de encontro para recoller ideas e proxectos que contrib\u00faan \u00e1 conservaci\u00f3n do ceo nocturno, reflectidos na Declaraci\u00f3n en Defensa del Cielo Nocturno y el Derecho a la Luz de las Estrellas, \u00e1 que a CMAT est\u00e1 adherida desde 2022. Est\u00e1 constitu\u00edda por Administraci\u00f3ns p\u00fablicas municipais, representantes da iniciativa privada do sector tur\u00edstico, asociaci\u00f3ns locais e sector educativo. A CMAT acordou que esta mesa quede constitu\u00edda polos membros da actual xunta directiva de Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica, e que tam\u00e9n forman parte da Mesa de Calidade SICTED. As\u00ed, segundo explica a propia CMAT, \u201cevitamos duplicar \u00f3rganos de goberno\u201d. Este foro contar\u00e1 con cinco membros honor\u00edficos, que apoiar\u00e1n iniciativas neste eido. Ser\u00e1n a directora da Fundaci\u00f3n Starlight, Antonia Varela P\u00e9rez; o director da \u00c1rea de F\u00edsica Aplicada da USC, Jorge Mira; a experta en Turismo e Patrimonio, Mavi Lezcano; o vicepresidente da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, Xos\u00e9 Regueira; e o t\u00e9cnico da \u00c1rea de Calidade e Proxectos Europeos de Turismo de Galicia, Enrique P\u00e9rez Etcheverr\u00eda.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p class=\"p2\">\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As Torres do Allo acolleron hoxe a constituci\u00f3n de d\u00faas mesas que reafirman o compromiso da Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica na mellora da calidade e competitividade do turismo neste territorio. A Mesa de Calidade e a Mesa Starlight Costa da Morte estar\u00e1n integradas polos actores do sector nos \u00e1mbitos p\u00fablico e privado e servir\u00e1n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1534,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Costa da Morte pon en marcha a Mesa de Calidade SICTED e a Mesa Starlight para situar o xeodestino na vangarda da excelencia tur\u00edstica - Costa da Morte","description":"As Torres do Allo acolleron hoxe a constituci\u00f3n de d\u00faas mesas que reafirman o compromiso da Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica na mellora da calidade e competi"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4476","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4476","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4476"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4476\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1534"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4476"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4476"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4476"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}