{"id":4468,"date":"2023-11-13T00:00:00","date_gmt":"2023-11-12T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/certificacion-sicted-costa-da-morte"},"modified":"2024-11-06T06:46:53","modified_gmt":"2024-11-06T05:46:53","slug":"certificacion-sicted-costa-da-morte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/certificacion-sicted-costa-da-morte","title":{"rendered":"A Mesa de Calidade da Costa da Morte reuniuse para propo\u00f1er a certificaci\u00f3n SICTED dun total de 35 establecementos do destino"},"content":{"rendered":"<p><strong>A proposta das empresas e servizos que superaron o Ciclo 1 de implantaci\u00f3n, enviarase ao Comit\u00e9 de Distinci\u00f3n en Madrid, para acadar o distintivo SICTED<\/strong><\/p>\n<p><strong>Este ano certific\u00e1ronse aloxamentos rurais, hoteis, apartamentos tur\u00edsticos, albergues, empresas de turismo activo, oficinas de informaci\u00f3n tur\u00edstica, museos, centros de interpretaci\u00f3n e un balneario, coa intenci\u00f3n de abrir a pr\u00f3xima convocatoria a estes e outros subsectores<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/strong><\/p>\n<p><strong>ZAS. 10\/11\/2023<\/strong>. <strong>A Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica (CMAT), co apoio de Turismo de Galicia e a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, celebrou este m\u00e9rcores a Mesa de Calidade do destino no Centro Sociocultural de Baio,<\/strong> liderada polo presidente da mesa e da CMAT, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, na que se elevou a proposta de certificaci\u00f3n de 35 establecementos polo Sistema de Calidade Tur\u00edstica en Destino, co\u00f1ecido como SICTED. Tr\u00e1tase dun proxecto da Secretar\u00eda de Estado de Turismo (Setur), cunha metodolox\u00eda propia, que contrib\u00fae a implantar un sistema de xesti\u00f3n de calidade contando cos axentes tur\u00edsticos locais p\u00fablicos e privados, que obte\u00f1en un distintivo de Compromiso coa Calidade Tur\u00edstica \u00e1 vez que pasan a formar parte da rede de destinos SICTED espa\u00f1ola.<\/p>\n<p><strong>Completaron este Ciclo 1 de 2023 un total de 35 entidades da Costa da Morte: <\/strong>9 aloxamentos rurais; 8 hoteis e apartamentos tur\u00edsticos, 2 albergues, 2 empresas de turismo activo, 6 oficinas de informaci\u00f3n tur\u00edstica, 6 museos e centros de interpretaci\u00f3n; e un balneario.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>O proceso de formaci\u00f3n, asesor\u00eda e avaliaci\u00f3n, que comezou no pasado mes de xu\u00f1o, foi realizado pola empresa Autoxiro, sendo o seu director, Emilio Cu\u00ed\u00f1as, quen presentou os resultados do mesmo na<strong> Mesa de Calidade da Costa da Morte<\/strong>, da que forman parte a Xunta Directiva da CMAT, da cal estiveron presentes Manuel Mu\u00ed\u00f1o, Mar\u00eda Lema, Pepe Formoso, Jos\u00e9 Mu\u00ed\u00f1o e Dami\u00e1n \u00c1lvarez; a xestora SICTED do destino, Marta Rodr\u00edguez; Turismo de Galicia e a Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, representadas nesta ocasi\u00f3n polos t\u00e9cnicos Enrique P. Etcheverr\u00eda e Silvia P\u00e9rez, respectivamente. A Mesa de Calidade foi a encargada de elevar a proposta de certificaci\u00f3n dos 35 establecementos, analizando a participaci\u00f3n, compromiso e cumprimento dos requisitos do SICTED de cada un deles.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>Estas 35 entidades est\u00e1n <strong>distribu\u00eddas por todo o territorio da Costa da Morte dun xeito equilibrado<\/strong>, que era un dos obxectivos, e as empresas privadas <strong>son socias da CMAT a trav\u00e9s de APTCM<\/strong> (Asociaci\u00f3n de Empresarios Tur\u00edsticos da Costa da Morte), buscando esa uni\u00f3n asociativa tan necesaria para continuar consolidando o destino da Costa da Morte.<\/p>\n<p>\u201cAdemais de elevar o nivel de calidade dos servizos tur\u00edsticos da Costa da Morte, o SICTED est\u00e1 a servir de ferramenta para crear destino, contribu\u00edr ao achegamento e traballo en rede dos profesionais do turismo do territorio, ao mellor co\u00f1ecemento da oferta tur\u00edstica e ao fomento de novas oportunidades de colaboraci\u00f3n\u201d, <strong>destaca Manuel Mu\u00ed\u00f1o, Presidente da CMAT.<\/strong><\/p>\n<p>As entidades que superaron este Ciclo 1 de implantaci\u00f3n e se certifiquen no <strong>Comit\u00e9 de Distinci\u00f3n que se celebrar\u00e1 en Madrid en decembro<\/strong>, obter\u00e1n o distintivo Compromiso de Calidade Tur\u00edstica e pasar\u00e1n directamente ao Ciclo 2 no vindeiro ano.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>Cada ciclo de implantaci\u00f3n ten unha duraci\u00f3n estimada dun ano e incl\u00fae formaci\u00f3n sobre metodolox\u00eda, atenci\u00f3n ao cliente, boas pr\u00e1cticas ou lexislaci\u00f3n, entre outros, ademais do asesoramento individualizado en materia de calidade, dese\u00f1o e implantaci\u00f3n de plans de mellora; e obradoiros colectivos para resolver d\u00fabidas e abordar tem\u00e1ticas de interese para o destino. Esta anualidade, realiz\u00e1ronse obradoiros din\u00e1micos para que os establecementos adheridos co\u00f1ecesen de primeira man <strong>iniciativas tur\u00edsticas ligadas \u00e1 certificaci\u00f3n da Costa da Morte como Destino Tur\u00edstico Starlight<\/strong>.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 \u00a0<\/span><\/p>\n<p>Este proxecto, apoiado pola Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a a trav\u00e9s das axudas aos entes de xesti\u00f3n tur\u00edstica, ten vocaci\u00f3n de continuidade e de aglutinar a todos os axentes implicados, polo que o ano pr\u00f3ximo abrirase a convocatoria a outros subsectores, para ir paulatinamente incorporando \u00e1 totalidade da cadea de valor do turismo da Costa da Morte.<\/p>\n<p>ANEXO: Listaxe de entidades e servizos que se propor\u00e1n ao Comit\u00e9 de Distinci\u00f3n para a certificaci\u00f3n do selo de Compromiso de Calidade Tur\u00edstica:<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>1. Centro de Interpretaci\u00f3n dos mu\u00ed\u00f1os de auga, A Laracha<br \/>2. Oficina de Turismo de Cai\u00f3n, A Laracha<br \/>3. Casa de Verdes Turismo Rural, Cabana de Berganti\u00f1os<br \/>4. Turismo Rural O Xastre de Anos, Cabana de Berganti\u00f1os<br \/>5. O Mar de Preciosa, Camari\u00f1as<br \/>6. O Refuxio do N\u00e1ufrago, Camari\u00f1as<br \/>7. Balneario de Carballo <br \/>8. Casa Rural Mar de Queo, Carballo<br \/>9. Oficina de turismo de Carballo<br \/>10. Hotel Faro de Lari\u00f1o, Carnota<br \/>11. Oficina de Informaci\u00f3n Tur\u00edstica de Carnota <br \/>12. As Eiras Hotel, Cee<br \/>13. Atlantis Adventure, Cee<br \/>14. Oficina Informaci\u00f3n Tur\u00edstica Municipal de Cee <br \/>15. Museo da Pataca de Coristanco <br \/>16. Kayak \u00c9zaro, Dumbr\u00eda<br \/>17. Oficina Informaci\u00f3n Tur\u00edstica O \u00c9zaro \u2013 Dumbr\u00eda <br \/>18. Hotel Bela Fisterra<br \/>19. Hotel Sem\u00e1foro de Fisterra <br \/>20. Museo do Mar de Laxe<br \/>21. Oficina Municipal de Turismo de Laxe <br \/>22. Hotel Playa de Laxe <br \/>23. Casa da Vasca, Malpica de Berganti\u00f1os<br \/>24. Centro de Artesan\u00eda e Tradici\u00f3n (CAT), Malpica de Berganti\u00f1os<br \/>25. A de Lol\u00f3 Alojamiento con encanto, Mux\u00eda<br \/>26. Albergue Bela Mux\u00eda <br \/>27. Apartamentos Touri\u00f1\u00e1n Mar, Mux\u00eda<br \/>28. Casa Casti\u00f1eira, Mux\u00eda<br \/>29. Casa de Trillo, Mux\u00eda<br \/>30. A Casa da Canle, Vimianzo<br \/>31. Casas da Fontenla, Vimianzo<br \/>32. Castelo de Vimianzo <br \/>33. Hotel R\u00fastico Casa do Vento, Zas<br \/>34. Torres do Allo, Zas<br \/>35. Morada da Moa, Carnota<\/p>\n<p><strong>+ info: <\/strong><a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/es\/cmat\/que-es-cmat\"><strong>Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica<\/strong><\/a><strong> \/ <\/strong>Gabinete Prensa da CMAT<strong>. 679.486.961<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A proposta das empresas e servizos que superaron o Ciclo 1 de implantaci\u00f3n, enviarase ao Comit\u00e9 de Distinci\u00f3n en Madrid, para acadar o distintivo SICTED Este ano certific\u00e1ronse aloxamentos rurais, hoteis, apartamentos tur\u00edsticos, albergues, empresas de turismo activo, oficinas de informaci\u00f3n tur\u00edstica, museos, centros de interpretaci\u00f3n e un balneario, coa intenci\u00f3n de abrir a pr\u00f3xima [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1505,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"A Mesa de Calidade da Costa da Morte reuniuse para propo\u00f1er a certificaci\u00f3n SICTED dun total de 35 establecementos do destino - Costa da Morte","description":"A proposta das empresas e servizos que superaron o Ciclo 1 de implantaci\u00f3n, enviarase ao Comit\u00e9 de Distinci\u00f3n en Madrid, para acadar o distintivo SICTED Este an"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4468","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4468","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4468"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4468\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1505"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4468"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4468"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4468"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}