{"id":4464,"date":"2023-11-29T00:00:00","date_gmt":"2023-11-28T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/iii-encontro-de-turismo-da-costa-da-morte"},"modified":"2024-11-06T06:46:45","modified_gmt":"2024-11-06T05:46:45","slug":"iii-encontro-de-turismo-da-costa-da-morte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/iii-encontro-de-turismo-da-costa-da-morte","title":{"rendered":"O III Encontro de Turismo da Costa da Morte consol\u00eddase como a festa do turismo do xeodestino"},"content":{"rendered":"<p><strong>M\u00e1is de 140 asistentes, entre representantes dos 17 concellos, empresas asociadas a APTCM e diferentes entidades de turismo na Costa da Morte, participaron hoxe en Laxe nesta cita anual do sector.<\/strong><\/p>\n<p><strong>O catedr\u00e1tico bai\u00e9s da USC Jorge Mira recibiu o premio \u2018Embaixador<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 \u00a0 <\/span>da Costa da Morte 2023\u2019, que a CMAT entrega este ano por primeira vez.<\/strong><\/p>\n<p><strong>\u201c\u00c9 inspirador ver \u00e1 CMAT como lidera iniciativas que marcar\u00e1n o cami\u00f1o cara o crecemento sostible\u201d, destacou o director de Turismo de Galicia.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Jorge Mira: \u201cO premio \u00e9 un privilexio que comparto con toda a comunidade\u201d.<\/strong><\/p>\n<p><strong>ZAS. 28\/11\/2023<\/strong>. A Costa da Morte, celebrou esta tarde o <strong>III Encontro de Turismo de Costa da Morte, <\/strong>no Complexo Tur\u00edstico A Torre de Laxe. A esta cita anual acheg\u00e1ronse 140 participantes, representantes dos 17 concellos vinculados a Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica (CMAT), a Asociaci\u00f3n de Profesionais Tur\u00edsticos da Costa da Morte (APTCM), e entidades e empresas vinculadas ao turismo na Costa da Morte. O III Encontro de Turismo de Costa da Morte, marco no se que fixo entrega por primeira vez do premio Embaixador da Costa da Morte a o catedr\u00e1tico Jorge Mira, consol\u00eddase como a festa co turismo do xeodestino.<\/p>\n<p><strong>O presidente da CMAT e alcalde de Zas, Manuel Mu\u00ed\u00f1o<\/strong>, inaugurou a xornada dando unha c\u00e1lida benvida aos participantes. &#8220;\u00c9 un honor dar inicio a este evento que simboliza a uni\u00f3n e o esforzo conxuntos para potenciar o turismo na Costa da Morte. Este encontro \u00e9 a expresi\u00f3n viva da colaboraci\u00f3n que define \u00e1 CMAT&#8221;, expresou Mu\u00ed\u00f1o, quen se amosou optimista sobre o porvir do sector tur\u00edstico do xeodestino.<\/p>\n<p>A continuaci\u00f3n, <strong>o director de Turismo de Galicia, Xos\u00e9 Manuel Merelles<\/strong>, tivo tempo para compartir as s\u00faas reflexi\u00f3ns sobre o futuro do turismo en Galicia e na Costa da Morte. \u201cEstamos ante un momento crucial para o turismo, e \u00e9 inspirador ver \u00e1 CMAT liderar iniciativas que marcar\u00e1n o cami\u00f1o cara a un crecemento sostible\u201d, comentou Merelles.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, o <strong>vicepresidente da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, Xos\u00e9 Regueira<\/strong>, destacou a relevancia dos Plans de Sostibilidade Tur\u00edstica en Destino no territorio. &#8220;A planificaci\u00f3n sostible \u00e9 esencial para salvar a beleza da Costa da Morte; este encontro \u00e9 un paso adiante nesa direcci\u00f3n&#8221;, afirmou Regueira.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p><strong>Marta Rodr\u00edguez, da Secretar\u00eda T\u00e9cnica da CMAT<\/strong>, compartiu a evoluci\u00f3n do destino e a traxectoria da asociaci\u00f3n. &#8220;Cada paso que damos \u00e9 froito dun esforzo colectivo. A CMAT enorgull\u00e9cese de que, despois de anos de esforzo e traballo en conxunto, se vexa clara a contribuci\u00f3n do ente ao desenvolvemento tur\u00edstico do territorio&#8221;, expresou.<\/p>\n<p>Posteriormente, <strong>Emilio Cu\u00ed\u00f1as, de Autoxiro<\/strong>, expuxo o proceso e resultados da implantaci\u00f3n do Sistema Integral de Calidade Tur\u00edstica en Destino (SICTED) na Costa da Morte. &#8220;Representa un paso significativo cara \u00e1 excelencia tur\u00edstica, evidenciando o compromiso de todo o sector coa calidade e o traballo en rede\u201d. <strong>Nuria P. Espasand\u00edn<\/strong>, <strong>de Toxio.gal<\/strong>, falou sobre as novas f\u00f3rmulas de promoci\u00f3n de destinos en li\u00f1a que \u201cest\u00e1n \u00e1 nosa disposici\u00f3n e s\u00f3 toca aproveitalas ben, pensando no p\u00fablico, vendendo emoci\u00f3ns que poidan chegar a deixar pegada\u201d. <strong>\u00d3scar Blanco, de Trevinca Skies<\/strong>, ofreceu os seus co\u00f1ecementos sobre astrofotograf\u00eda e astroturismo, e as inmensas posibilidades que ten este produto no destino. \u201cExplorar os ceos da Costa da Morte a trav\u00e9s da do astroturismo \u00e9 abrir as portas a un universo de experiencias \u00fanicas.\u201d<\/p>\n<p><strong>O secretario da CMAT e presidente de APTCM, Pepe Formoso<\/strong>, conclu\u00edu a xornada destacando o papel fundamental do asociacionismo empresarial no desenvolvemento tur\u00edstico do xeodestino. \u201cA uni\u00f3n fai a forza, e s\u00f3 co asociacionismo lograremos avanzar no turismo da Costa da Morte. Imos polo bo cami\u00f1o pero os empresarios tam\u00e9n precisamos da uni\u00f3n coas administraci\u00f3ns locais e auton\u00f3micas. Temos que ir todos da man\u201d, afirmou Formoso.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p><strong>Embaixador da Costa da Morte 2023<\/strong><\/p>\n<p>A entrega, por primeira vez, do reco\u00f1ecemento <strong>Embaixador da Costa da Morte 2023<\/strong>, a cargo da <strong>alcaldesa de Fisterra, \u00c1urea Dom\u00ednguez<\/strong>, \u201cfoi un momento emocionante\u201d, no que se reco\u00f1eceu o labor destacado do <strong>catedr\u00e1tico bai\u00e9s Jorge Mira<\/strong>, polo seu \u201ccompromiso coa terra e incansable traballo a prol do desenvolvemento tur\u00edstico da Costa da Morte e a s\u00faa proxecci\u00f3n internacional\u201d. &#8220;Este reco\u00f1ecemento como Embaixador da Costa da Morte \u00e9 un privilexio que comparto con toda a comunidade\u201d, destaco Jorge Mira. \u201cSempre \u00e9 unha honra recibir un premio, pero m\u00e1is a\u00ednda na mi\u00f1a terra, no meu fogar, e sendo o primeiro en acadalo; estou orgulloso e agradecido de poder contribu\u00edr ao esforzo colectivo por potenciar o desenvolvemento tur\u00edstico do xeodestino e proxectar internacionalmente o nome da Costa da Morte\u201d, engadiu emocionado o premiado.<\/p>\n<p>O galard\u00f3n foi este ano 2023 unha peza senlleira, realizada polo <strong>ceramista Nacho Porto<\/strong>, inspirada nos cornos e coa funci\u00f3n de altofalante, elaborada cunha f\u00f3rmula matem\u00e1tica en colaboraci\u00f3n coas tres Universidades galegas. \u201cO prop\u00f3sito \u00e9 que o obsequio sexa diferente cada ano, coa intenci\u00f3n de po\u00f1er en valor e darlle visibilidade aos artes\u00e1ns e artes\u00e1s da Costa da Morte e ao patrimonio art\u00edstico e etnogr\u00e1fico do territorio\u201d, destaca a CMAT.<\/p>\n<p>O evento foi clausurado polo <strong>alcalde anfitri\u00f3n, Jos\u00e9 Luis P\u00e9rez A\u00f1\u00f3n, rexedor de Laxe<\/strong>, quen agradeceu a asistencia a todos os participantes \u00e1 vez que gabou a impecable acollida da celebraci\u00f3n por parte do Complexo Tur\u00edstico A Torre de Laxe. \u201cA nosa vila est\u00e1 encantada de acoller o III Encontro de Turismo da Costa da Morte, e agardo con entusiasmo que continuemos a tecer esta rede colaborativa a trav\u00e9s da CMAT, consolidando as\u00ed a nosa uni\u00f3n para o progreso e a prosperidade tur\u00edstica do noso territorio\u201d. <span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p>O III Encontro de Turismo da Costa da Morte rematou cun c\u00f3ctel que propiciou a conversa e o fortalecemento da uni\u00f3n do sector.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0 <\/span>Un ano m\u00e1is esta cita reafirma o compromiso do sector no turismo na Costa da Morte e no seu desenvolvemento sostible.<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p>A actividade foi organizada pola CMAT e contou co cofinanciamento da Xunta, a trav\u00e9s dun convenio con Turismo.<span class=\"Apple-converted-space\">\u00a0<\/span><\/p>\n<p><strong>+ info: <\/strong><a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/es\/cmat\/que-es-cmat\"><strong>Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica<\/strong><\/a><\/p>\n<p>Gabinete de Prensa da CMAT<strong>. 679.486.961<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>M\u00e1is de 140 asistentes, entre representantes dos 17 concellos, empresas asociadas a APTCM e diferentes entidades de turismo na Costa da Morte, participaron hoxe en Laxe nesta cita anual do sector. O catedr\u00e1tico bai\u00e9s da USC Jorge Mira recibiu o premio \u2018Embaixador\u00a0 \u00a0 da Costa da Morte 2023\u2019, que a CMAT entrega este ano por [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1489,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"O III Encontro de Turismo da Costa da Morte consol\u00eddase como a festa do turismo do xeodestino - Costa da Morte","description":"M\u00e1is de 140 asistentes, entre representantes dos 17 concellos, empresas asociadas a APTCM e diferentes entidades de turismo na Costa da Morte, participaron hoxe"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4464","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4464","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4464"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4464\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1489"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4464"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4464"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4464"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}