{"id":4460,"date":"2024-01-29T00:00:00","date_gmt":"2024-01-28T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/costa-da-morte-amosase-en-fitur-2024"},"modified":"2024-11-06T06:46:45","modified_gmt":"2024-11-06T05:46:45","slug":"costa-da-morte-amosase-en-fitur-2024","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/costa-da-morte-amosase-en-fitur-2024","title":{"rendered":"Costa da Morte am\u00f3sase en FITUR 2024 como un destino atractivo para visitar en calquera \u00e9poca do ano"},"content":{"rendered":"<div class=\"page\" title=\"Page 1\">\n<div class=\"layoutArea\">\n<div class=\"column\">\n<p><strong>O presidente da CMAT, Manuel Mui\u0301n\u0303o, presentou no stand de Turismo de Galicia o vi\u0301deo \u2018Costa da Morte, Destino Turi\u0301stico Starlight \u0301, que convida a visitar e descubrir un \u201cterritorio u\u0301nico\u201d<\/strong><\/p>\n<p><strong>O secretario da CMAT, Pepe Formoso, deu a con\u0303ecer o libro \u2018Rutas Turi\u0301sticas pola Costa da Morte\u2019 de Xan Ferna\u0301ndez Carrera<\/strong><\/p>\n<p><strong>Parte da directiva da CMAT reuniuse en Feira Internacional de Turismo coa directora de Paradores, Raquel Sa\u0301nchez, para propon\u0303erlle que o Parador da Costa da Morte reduza o tempo de peche na tempada baixa<\/strong><\/p>\n<p><strong>MADRID. 26\/01\/2024.<\/strong> Mar e praias salvaxes, natureza, patrimonio, cultura, gastronomi\u0301a, solpores, ceos estrelados&#8230; O novo vi\u0301deo que promociona a Costa da Morte, que leva por ti\u0301tulo Costa da Morte, Destino Turi\u0301stico Starlight, trata de sintetizar a esencia do xeodestino, un territorio que vende en FITUR 2024 os seus atractivos para ser visitado en calquera e\u0301poca do ano. O presidente da Costa da Morte Asociacio\u0301n Turi\u0301stica (CMAT), Manuel Mui\u0301n\u0303o, foi o encargado de presentalo esta man\u0303a\u0301 no stand de Turismo de Galicia. O vi\u0301deo, aproveitando o recente recon\u0303ecemento de Destino Turi\u0301stico Starlight que agora cumpre un ano, convida a visitar e descubrir \u201cun territorio u\u0301nico\u201d.<\/p>\n<p>A presenza da CMAT en FITUR estivo liderada polo seu presidente, Manuel Mui\u0301n\u0303o, alcalde do Concello de Zas. Ademais, representantes de todos os concellos do xeodestino estiveron presentes na Feira Internacional do Turismo, xunto cos membros da Xunta Directiva da CMAT e os representantes da Asociacio\u0301n de Profesionais Turi\u0301sticos da Costa da Morte (APTCM), Pepe Formoso e Damia\u0301n A\u0301lvarez.<\/p>\n<p>\u201cA Costa da Morte ofrece un turismo sostible de experiencias u\u0301nicas\u201d, destacou Manuel Mui\u0301n\u0303o, quen considera que o xeodestino logra concentrar nun u\u0301nico territorio unha variada e atractiva oferta turi\u0301stica. \u201cOfrecemos unha gastronomi\u0301a vinculada ao mar e tame\u0301n ao agro e a\u0301 terra; temos un rico patrimonio con dolmens, castros; a nosa paisaxe ofrece costa e tame\u0301n interior&#8230;\u201d. O presidente da CMAT, satisfeito coa presenza da Costa da Morte en Fitur e co interese dos visitantes en con\u0303ecer o xeodestino, considera que o turismo no territorio ato\u0301pase \u201cnun punto de madurez\u201d no que e\u0301 preciso \u201cmedrar ordenadamente\u201d apostando tame\u0301n pola \u201cdesestacionalizacio\u0301n\u201d. Manuel Mui\u0301n\u0303o, que lembrou que se esta\u0301n a esgotar os materias promocionais da Costa da Morte e as gui\u0301as e mapas a disposicio\u0301n dos visitantes da feira, tame\u0301n destacou a calidade dos establecementos turi\u0301sticos de todo o territorio. Expresou o seu agradecemento a todos os concellos e ao sector turi\u0301stico local, en especial a APTCM, pola su\u0301a participacio\u0301n activa e apoio constante.<\/p>\n<p><strong>Oportunidade u\u0301nica<\/strong><\/p>\n<p>O pasado ano, tame\u0301n en FITUR, a Costa da Morte celebraba a su\u0301a certificacio\u0301n como o cuarto Destino Turi\u0301stico Starlight de Galicia e o primeiro na provincia da Corun\u0303a. Manuel Mui\u0301n\u0303o sublin\u0303ou que \u201co astroturismo, una tendencia global en crecemento, presenta unha oportunidade u\u0301nica para a Costa da Morte\u201d. E destacou \u201co interese por aproveitar este recurso turi\u0301stico por parte de todos os axentes implicados, tanto do eido pu\u0301blico como do privado\u201d.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n<div class=\"page\" title=\"Page 2\">\n<div class=\"layoutArea\">\n<div class=\"column\">\n<p>Pola su\u0301a banda, Pepe Formoso, secretario da CMAT e presidente da APTCM, falou, tras a presentacio\u0301n do vi\u0301deo <em>Costa da Morte, Destino Starlight<\/em>, da campan\u0303a <em>Meses con R, aposta segura<\/em> e presentou en primicia o libro de Xan Ferna\u0301ndez Carrera <em>Rutas turi\u0301sticas pola Costa da Morte<\/em>\u201d. \u201cUn xeodestino precisa ter bibliografi\u0301a para que os visitantes poidan adentrarse neste espazo\u201d, apuntou Pepe Formoso, quen destacou o valor da gui\u0301a para quen queira con\u0303ecer o xeodestino a trave\u0301s de rutas en coche, a pe\u0301&#8230; O presidente de APTCM tame\u0301n lembrou que \u201cFITUR supo\u0301n un paso imprescindible para consolidar a Costa da Morte como un dos destinos turi\u0301sticos ma\u0301is completos; a nosa rica herdanza cultural e natural, a nosa gastronomi\u0301a e artesani\u0301a, ofrecen unha experiencia total para os visitantes; seguir neste camin\u0303o, valida os nosos esforzos e apunta a un futuro prometedor para o noso destino&#8221;.<\/p>\n<p>Pola su\u0301a banda, o vogal da CMAT e secretario de APTCM, Damia\u0301n A\u0301lvarez Tajes, acompan\u0303ado dunha profesional de ma\u0301rketing en representacio\u0301n da CMAT, participou en reunio\u0301ns de traballo con ma\u0301is de vinte axencias e turoperadores de todo o mundo, presentando o destino Costa da Morte e obsequia\u0301ndoos cun lapis de memoria co novo vi\u0301deo promocional e as edicio\u0301ns do mapa e da gui\u0301a acabadas de publicar. \u201cO interese pola Costa da Morte por parte dos profesionais do turismo medra cada ano\u201d, destacou Damia\u0301n A\u0301lvarez Tajes.<\/p>\n<p><strong>Reunio\u0301n coa directora de Paradores<\/strong><\/p>\n<p>O secretario da CMAT e presidente de APTCM, Pepe Formoso, xunto con Damia\u0301n A\u0301lvarez Tajes, mantiveron un encontro en FITUR onte xoves coa directora de Paradores, Raquel Sa\u0301nchez. Propuxe\u0301ronlle que o Parador da Costa da Morte, localizado en Muxi\u0301a, reduza o tempo no que esta\u0301 pechado durante a tempadada baixa, co obxectivo de impulsar a desestacionalizacio\u0301n e apoiar a creacio\u0301n de destino. Raquel Sa\u0301nchez foi receptiva, como tame\u0301n o foi ante a posibilidade de que Paradores, unha entidade de capital pu\u0301blico, apoie \u201cun cambio de paradigma\u201d, tal e como destaca Pepe Formoso. En que consistiri\u0301a? Os representantes da CMAT e APTCM plantexa\u0301ronlle a\u0301 directora que Paradores, tal e como se ofrece aos seus ho\u0301spedes a oferta gastrono\u0301mica dos restaurantes do xeodestino e as actividades de turismo activo, tame\u0301n poida ofrecer aloxamentos alternativos de calidade na Costa da Morte. Pepe Formoso pon un exemplo: \u201cCando chaman a Paradores solicitando unha reserva no Parador de Muxi\u0301a e o establecemento esta\u0301 cheo ou pechado; desde Paradores ofrecen unha alternativa noutro Parador doutro lugar; o que pretendemos e\u0301 que poidan ofrecer e suxerir a opcio\u0301n dun establecemento hoteleiro da Costa da Morte\u201d. Porque, na su\u0301a opinio\u0301n, \u201casi\u0301 e\u0301 como se crea destino\u201d, destaca secretario da CMAT, quen salienta que esta filosofi\u0301a \u201cesta\u0301 no ADN de Paradores\u201d. Ao seu xui\u0301zo, \u201ca colaboracio\u0301n, a unio\u0301n entre todos os actores do sector turi\u0301stico e\u0301 fundamental\u201d.<\/p>\n<p>Tame\u0301n onte xoves, Manuel Mui\u0301n\u0303o recolleu, no nome da CMAT, o Premio SICTED, un recon\u0303ecemento aos destinos certificados este ano coa distincio\u0301n da Secretari\u0301a de Estado de Turismo, o Sistema de Calidade Turi\u0301stica en Destino.<\/p>\n<p><strong>+ info:<a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/ga\/cmat\/que-e-cmat\"> Costa da Morte Asociacio\u0301n Turi\u0301stica<\/a> _<\/strong>Gabinete de Prensa da CMAT. <strong>679.486.961_<\/strong><\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O presidente da CMAT, Manuel Mui\u0301n\u0303o, presentou no stand de Turismo de Galicia o vi\u0301deo \u2018Costa da Morte, Destino Turi\u0301stico Starlight \u0301, que convida a visitar e descubrir un \u201cterritorio u\u0301nico\u201d O secretario da CMAT, Pepe Formoso, deu a con\u0303ecer o libro \u2018Rutas Turi\u0301sticas pola Costa da Morte\u2019 de Xan Ferna\u0301ndez Carrera Parte da directiva [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1473,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Costa da Morte am\u00f3sase en FITUR 2024 como un destino atractivo para visitar en calquera \u00e9poca do ano - Costa da Morte","description":"O presidente da CMAT, Manuel Mui\u0301n\u0303o, presentou no stand de Turismo de Galicia o vi\u0301deo \u2018Costa da Morte, Destino Turi\u0301stico Starlight \u0301, que convida a visitar e"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4460","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4460","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4460"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4460\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1473"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4460"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4460"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4460"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}