{"id":4459,"date":"2024-02-23T00:00:00","date_gmt":"2024-02-22T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/costa-da-morte-vii-encontro-internacional-starlight"},"modified":"2024-11-06T06:46:45","modified_gmt":"2024-11-06T05:46:45","slug":"costa-da-morte-vii-encontro-internacional-starlight","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/costa-da-morte-vii-encontro-internacional-starlight","title":{"rendered":"A Costa da Morte acoller\u00e1 en outubro o pr\u00f3ximo VII Encontro Internacional Starlight"},"content":{"rendered":"<p><strong>A Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica Costa da Morte (CMAT) presentou a s\u00faa candidatura en xaneiro, marcando un fito hist\u00f3rico ao postularse por vez primeira como anfitrioa deste prestixioso evento<\/strong><\/p>\n<p><strong>O Encontro Internacional Starlight, na s\u00faa VII edici\u00f3n, coincidir\u00e1 coa II Conferencia Internacional Starlight, que ten lugar cada 3 anos<\/strong><\/p>\n<p><strong>ZAS. 22\/02\/2024.<\/strong> A CMAT ven de recibir a resoluci\u00f3n da Fundaci\u00f3n Starlight indicando a s\u00faa selecci\u00f3n como sede para o VII Encontro Internacional Starlight. A Fundaci\u00f3n tomou esta decisi\u00f3n tras unha revisi\u00f3n de 9 candidaturas de diferentes Destinos Tur\u00edsticos Starlight do mundo.<\/p>\n<p>Para dar esta importante noticia, a CMAT ofreceu unha rolda de prensa este xoves nas Torres do Allo de Zas na que participaron varios membros da s\u00faa Xunta Directiva: Manuel Mu\u00ed\u00f1o, o seu presidente; Mar\u00eda Lema, a vicepresidenta; Pepe Formoso, secretario e Dami\u00e1n \u00c1lvarez, vogal.<\/p>\n<p>Durante esta rolda de prensa, Manuel Mu\u00ed\u00f1o, presidente da CMAT e alcalde de Zas, destacou que un dos aspectos polos cales a Fundaci\u00f3n Starlight escolleu esta candidatura foi o feito de ser un destino novo e ilusionado: \u201c\u00c9 algo important\u00edsimo para n\u00f3s, unha gran sorpresa. Esp\u00e9ranos un gran traballo por diante, pero cunha gran ilusi\u00f3n polo que vai representar para a Costa da Morte e Galicia un congreso deste estilo\u201d.<\/p>\n<p><strong>Mesa Starlight<\/strong><\/p>\n<p>Para afrontar este fito, ser\u00e1 crucial o papel da Mesa Starlight no proceso de toma de decisi\u00f3ns e na coordinaci\u00f3n dos diferentes axentes implicados na organizaci\u00f3n do congreso. Esta Mesa est\u00e1 formada por parte dos membros da Xunta Directiva da CMAT e a s\u00faa secretar\u00eda t\u00e9cnica, ademais de membros honor\u00edficos como Turismo de Galicia, Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, Jorge Mira da USC, Mavi Lezcano da UDC e Antonia Varela, da propia Fundaci\u00f3n Starlight.<\/p>\n<p>Esta edici\u00f3n de 2024 prevese especialmente relevante, xa que coincidir\u00e1n, nunha mesma data, a celebraci\u00f3n do VII Encontro Starlight de Astroturismo e o V de Gu\u00edas e Monitores Starlight coa II Conferencia Internacional Starlight de Astroturismo, que ten lugar cada 3 anos. Ter\u00e1 lugar entre o 1 e o 5 de outubro deste ano.<\/p>\n<p>O Encontro Internacional Starlight re\u00fane anualmente a profesionais, empresas, entidades p\u00fablicas e privadas, medios de comunicaci\u00f3n, monitores e gu\u00edas Starlight, centrando o seu enfoque nos eixes transversais da Fundaci\u00f3n Starlight: astroturismo, desenvolvemento sostible local, patrimonio natural e cultural vinculado \u00e1 luz das estrelas, protecci\u00f3n do ceo e difusi\u00f3n da astronom\u00eda.<\/p>\n<p>Nas s\u00faas anteriores edici\u00f3ns, este evento celebrouse en lugares tan diversos como Gredos (Castela e Le\u00f3n), Menorca (Baleares), Mosteiro de El Olivar (Arag\u00f3n), \u00c9vora (Portugal) ou Fuencaliente de La Palma (Canarias). O pasado encontro de 2023, no que a Costa da Morte foi o \u00fanico Destino Starlight de Galicia que participou como relator, tivo lugar en Cuenca, atraeu a m\u00e1is de 200 participantes e, ano tras ano, demostra ser un evento de gran impacto econ\u00f3mico e social no territorio.<\/p>\n<p>A CMAT destacaba na s\u00faa candidatura as posibilidades do xeodestino Costa da Morte, ofrecendo sedes e servizos para o evento, presentando o territorio, a implicaci\u00f3n dos diferentes axentes, o sector tur\u00edstico local (en especial, os monitores Starlight), a s\u00faa conectividade, instalaci\u00f3ns, e un amplo abano de actividades atractivas para aos asistentes, entre as que se mesturan as m\u00e1is cient\u00edficas coas puramente l\u00fadicas: desde obradoiros de astrofotograf\u00eda a visitas guiadas, <em>showcookings<\/em> con produtos locais de temporada, observaci\u00f3n das estrelas xunto un dolmen ou rutas en kaiak, entre outras.<\/p>\n<p><strong>Unha oportunidade para a Costa da Morte e Galicia<\/strong><\/p>\n<p>Pepe Formoso, presidente de APTCM, membro da Xunta Directiva da CMAT, resaltou a importancia da cohesi\u00f3n entre as administraci\u00f3ns, o sector privado e os medios de comunicaci\u00f3n: \u201cN\u00f3s non traballamos independentemente. Somos un todo. Tanto os 17 concellos como os empresarios e tam\u00e9n os medios de comunicaci\u00f3n, que ao final son quen contan as historias. \u00c9 unha gran oportunidade\u201d.<\/p>\n<p>Neste sentido, Formoso tam\u00e9n destacou a potencialidade deste congreso a nivel tur\u00edstico para a zona: \u201cOs participantes van ser xente proactiva e van ser futuros clientes dos nosos establecementos cando pase este congreso\u201d.<\/p>\n<p>Segundo a directora da Fundaci\u00f3n Starlight, Antonia Varela, \u201ca Costa da Morte \u00e9 un dos Destinos Tur\u00edsticos m\u00e1is novos da Rede Starlight, pero levou a cabo un cami\u00f1o ascendente e cunha s\u00f3lida estratexia astrotur\u00edstica, \u00e1 que se suma o gran compromiso das administraci\u00f3ns p\u00fablicas e empresas responsables do territorio, af\u00edns aos principios da Rede Starlight\u201d. A Fundaci\u00f3n Starlight tam\u00e9n salienta que celebrar este encontro na Costa da Morte \u00e9 tam\u00e9n estrat\u00e9xico para toda Galicia, que xa conta con sete Destinos Tur\u00edsticos Starlight, sendo a terceira comunidade aut\u00f3noma con m\u00e1is certificaci\u00f3ns deste tipo, despois de Castela A Mancha e Canarias, empatada con Castela e Le\u00f3n e seguida moi de preto por Andaluc\u00eda, Catalu\u00f1a ou Arag\u00f3n.<\/p>\n<p>Polo tanto, a celebraci\u00f3n deste congreso na Costa da Morte \u00e9 hist\u00f3rica e supor\u00e1 unha oportunidade \u00fanica de posicionamento internacional como destino tur\u00edstico, establecendo un precedente para futuros eventos e xerando oportunidades econ\u00f3micas a curto e medio prazo.<\/p>\n<p><strong>+ info:<a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/ga\/cmat\/que-e-cmat\"> Costa da Morte Asociacio\u0301n Turi\u0301stica:\u00a0<\/a><\/strong>Gabinete de Prensa da CMAT. <strong>623297799<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica Costa da Morte (CMAT) presentou a s\u00faa candidatura en xaneiro, marcando un fito hist\u00f3rico ao postularse por vez primeira como anfitrioa deste prestixioso evento O Encontro Internacional Starlight, na s\u00faa VII edici\u00f3n, coincidir\u00e1 coa II Conferencia Internacional Starlight, que ten lugar cada 3 anos ZAS. 22\/02\/2024. A CMAT ven de recibir a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1469,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"A Costa da Morte acoller\u00e1 en outubro o pr\u00f3ximo VII Encontro Internacional Starlight - Costa da Morte","description":"A Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica Costa da Morte (CMAT) presentou a s\u00faa candidatura en xaneiro, marcando un fito hist\u00f3rico ao postularse por vez primeira como anfitrioa de"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4459","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4459","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4459"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4459\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1469"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4459"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4459"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4459"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}