{"id":4455,"date":"2024-03-22T00:00:00","date_gmt":"2024-03-21T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/entrega-diplomas-sicted-costa-da-morte-2024"},"modified":"2024-11-06T06:46:36","modified_gmt":"2024-11-06T05:46:36","slug":"entrega-diplomas-sicted-costa-da-morte-2024","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/entrega-diplomas-sicted-costa-da-morte-2024","title":{"rendered":"Trinta e cinco entidades da Costa da Morte reciben a distinci\u00f3n de Calidade Tur\u00edstica SICTED en Baio"},"content":{"rendered":"<h3>A Asociaci\u00f3n de Turismo de Costa da Morte (CMAT) entrega os diplomas que reco\u00f1ecen a boa labor destas entidades no eido tur\u00edstico<\/h3>\n<h4><strong>Xa est\u00e1 <a href=\"https:\/\/www.calidadendestino.es\/Contenidos\/AdhesionSistema.aspx\">aberto o per\u00edodo de inscrici\u00f3n<\/a> para as entidades que se queiran adherir nesta anualidade<\/strong><\/h4>\n<p><strong>ZAS, 22\/03\/2024.<\/strong> As 35 entidades reco\u00f1ecidas coa distinci\u00f3n do Sistema Integral de Calidade Tur\u00edstica en Destino Costa da Morte participaron no acto de entrega dos diplomas SICTED organizado pola CMAT e celebrado no centro sociocultural de Baio (Zas) este xoves 21 de marzo.<\/p>\n<p>Durante o acto, ademais da entrega dos diplomas \u00e1s entidades, tam\u00e9n houbo tempo para destacar a importante labor que se est\u00e1 a realizar na Costa da Morte no \u00e1mbito do turismo.<\/p>\n<h4><strong>Un traballo p\u00fablico e privado conxunto<\/strong><\/h4>\n<p>O acto foi inaugurado coa intervenci\u00f3n de <strong>Manuel Mu\u00ed\u00f1o<\/strong>, presidente da CMAT e alcalde de Zas, que resaltou unha vez m\u00e1is a importancia de que tanto o sector p\u00fablico como o privado remen conxuntamente e con continuidade para poder chegar a esa meta de desenvolver a Costa da Morte como un destino tur\u00edstico diferente, potenciando as s\u00faas fortalezas: \u00ab\u00c9 importante destacar a integraci\u00f3n dos proxectos SICTED e de astroturismo. Neste sentido, o SICTED pode servir de v\u00ednculo entre os actores tur\u00edsticos locais p\u00fablicos e privados. Deste xeito, p\u00f3dese cooperar no dese\u00f1o e desenvolvemento das actividades que serven para o progreso tur\u00edstico da Costa da Morte, <strong><a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/ga\/post\/costa-da-morte-vii-encontro-internacional-starlight\">como o VII Encontro Internacional Starlight<\/a><\/strong>\u00bb.<\/p>\n<p>Precisamente neste evento internacional a CMAT traballar\u00e1 na coordinaci\u00f3n das actividades e compo\u00f1er\u00e1 o seu programa social, no cal ter\u00e1n prioridade de participaci\u00f3n aquelas empresas e servizos tur\u00edsticos p\u00fablicos membros da CMAT e de APTCM e, en especial, aqueles que participan activamente nas actividades promovidas pola CMAT, sobre todo no SICTED e tam\u00e9n os Monitores e Monitoras Starlight.<\/p>\n<p>A segunda intervenci\u00f3n veu a cargo do vicepresidente da Deputaci\u00f3n de Coru\u00f1a e deputado de Turismo, <strong>Xos\u00e9 Regueira<\/strong>, que tam\u00e9n quixo subli\u00f1ar a importante labor que est\u00e1n a desempe\u00f1ar estas 35 e outras entidades que cada d\u00eda se esforzan por mellorar a marca tur\u00edstica de Costa da Morte. Tam\u00e9n quixo aproveitar parte da s\u00faa intervenci\u00f3n para dar os parab\u00e9ns \u00e1 CMAT por \u00abiniciar ese cami\u00f1o de aposta pola calidade tur\u00edstica\u00bb.<\/p>\n<h4><strong>A continuidade do SICTED na Costa da Morte<\/strong><\/h4>\n<p>Dentro do evento tam\u00e9n houbo lugar para as intervenci\u00f3ns de Marta Rodr\u00edguez, membro da secretar\u00eda t\u00e9cnica da CMAT e tam\u00e9n Xestora SICTED no territorio da Costa da Morte e de Emilio Cu\u00ed\u00f1as, director de Autoxiro e consultor SICTED. Ambos destacaron aspectos t\u00e9cnicos relacionados co Sistema Integral de Calidade Tur\u00edstica en Destino Costa da Morte.<\/p>\n<p><strong>Marta Rodr\u00edguez<\/strong> aproveitou para salientar a importancia do papel das entidades tur\u00edsticas: \u00abAdemais do apoio por parte da CMAT e da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, hai que reco\u00f1ecer o gran esforzo de todas as persoas que hoxe ides recoller este reco\u00f1ecemento, porque hai que dedicarlle moito tempo, autocr\u00edtica e compromiso coa calidade tur\u00edstica\u00bb.<\/p>\n<p><strong>Emilio Cu\u00ed\u00f1as<\/strong>, pola s\u00faa banda, adiantou informaci\u00f3n sobre a planificaci\u00f3n cronol\u00f3xica do SICTED Costa da Morte para esta anualidade 2024. Neste sentido as entidades xa distinguidas pasar\u00e1n a un segundo ciclo e tam\u00e9n se abrir\u00e1 un n\u00adovo per\u00edodo de adhesi\u00f3n ao Ciclo 1 para novas empresas e outros servizos tur\u00edsticos. O obxectivo \u00e9 desenvolver este proxecto entre abril e novembro de 2024.<\/p>\n<p>Tras a entrega oficial dos diplomas que reco\u00f1ecen a boa labor destas entidades no eido tur\u00edstico, <strong>Pepe Formoso<\/strong>, presidente da Asociaci\u00f3n de Profesionais e Empresarios do Turismo da Costa da Morte (APTCM), clausurou o acto cun discurso para reivindicar a capacidade de traballo e as boas sinerx\u00edas do sector privado para po\u00f1er en valor o territorio da Costa da Morte a nivel tur\u00edstico: \u00abXa somos uns 170 socios, seguimos crecendo, e actualmente estamos traballando desde APTCM nunha segunda edici\u00f3n de Meses con R\u00bb.<\/p>\n<h4><strong>Aberto o prazo de inscrici\u00f3n para a nova anualidade<\/strong><\/h4>\n<p>Xa est\u00e1 aberto o per\u00edodo de inscrici\u00f3n para as entidades que se queiran adherir nesta anualidade ao SICTED. Toda a informaci\u00f3n sobre o procedemento, os prazos e demais p\u00f3dese atopar <a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/archivos\/pdf\/CMAT_Criterios_e_%20procedemento_%20SICTED_2024_para%20a_web.pdf\"><strong>na web da CMAT<\/strong>.<\/a>\u00a0Para poder solicitar a adhesi\u00f3n ao SICTED por parte de restaurantes, artes\u00e1ns e artes\u00e1s e comercio de artesan\u00eda local \u2013ademais dos oficios xa representados\u2013, \u00e9 necesario facelo a trav\u00e9s da seguinte ligaz\u00f3n:\u00a0<strong><a href=\"https:\/\/www.calidadendestino.es\/Contenidos\/AdhesionSistema.aspx\">https:\/\/www.calidadendestino.es\/Contenidos\/AdhesionSistema.aspx<\/a><\/strong><\/p>\n<p><strong>V\u00eddeo do evento:\u00a0<a href=\"https:\/\/youtu.be\/nNz3HNuKdbI\">https:\/\/youtu.be\/nNz3HNuKdbI<\/a><\/strong><\/p>\n<p><strong>+ info: <a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/es\/cmat\/que-es-cmat\">Costa da Morte Asociaci\u00f3n Tur\u00edstica<\/a> &#8211; Gabinete de Prensa da CMAT. 623 29 77 99<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Asociaci\u00f3n de Turismo de Costa da Morte (CMAT) entrega os diplomas que reco\u00f1ecen a boa labor destas entidades no eido tur\u00edstico Xa est\u00e1 aberto o per\u00edodo de inscrici\u00f3n para as entidades que se queiran adherir nesta anualidade ZAS, 22\/03\/2024. As 35 entidades reco\u00f1ecidas coa distinci\u00f3n do Sistema Integral de Calidade Tur\u00edstica en Destino Costa [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1453,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Trinta e cinco entidades da Costa da Morte reciben a distinci\u00f3n de Calidade Tur\u00edstica SICTED en Baio - Costa da Morte","description":"A Asociaci\u00f3n de Turismo de Costa da Morte (CMAT) entrega os diplomas que reco\u00f1ecen a boa labor destas entidades no eido tur\u00edstico Xa est\u00e1 aberto o per\u00edodo de in"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4455","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4455","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4455"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4455\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1453"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4455"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4455"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4455"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}