{"id":4453,"date":"2024-04-16T00:00:00","date_gmt":"2024-04-15T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/ver-estrelas-costa-da-morte"},"modified":"2024-11-06T06:46:36","modified_gmt":"2024-11-06T05:46:36","slug":"ver-estrelas-costa-da-morte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/novas\/ver-estrelas-costa-da-morte","title":{"rendered":"Mellores lugares de Costa da Morte para ver as estrelas"},"content":{"rendered":"<p>A Costa da Morte, ademais de ser un para\u00edso naturalmente salvaxe no mar e na terra, tam\u00e9n \u00e9 un lugar privilexiado cando levantamos a cabeza cara o ceo nocturno.<\/p>\n<h2>Estes son os mellores lugares de Costa da Morte para ver as estrelas<\/h2>\n<p>A Costa da Morte \u00e9 un <strong>Destino Tur\u00edstico Starlight<\/strong> e isto implica que dentro dos nosos 17 concellos, existen moitos lugares onde a baixa contaminaci\u00f3n lum\u00ednica permite unha observaci\u00f3n do ceo nocturno \u00fanica. Imaxinas poder ver o centro da V\u00eda L\u00e1ctea mentres as ondas baten con forza no mar?<\/p>\n<p>Na Costa da Morte \u00e9 posible. E queremos compartir os mellores lugares da Costa da Morte para observar as estrelas, concello a concello. Vai apuntando para visitalos.<\/p>\n<h3><strong>Carballo: Pedra Moura de Aldemunde<\/strong><\/h3>\n<p>En Carballo existe un lugar que evoca historias de fantas\u00eda. O dolmen da <a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/ga\/megalitismo\/pedra-moura-de-aldemunde-ga\">Pedra Moura de Aldemunde<\/a> recolle relatos con centos de anos que falan dunha moura que transportou estas pedras desde o Pet\u00f3n de Calvelo.<\/p>\n<p>Fora como fora, est\u00e1 situada nun lugar con moi baixa contaminaci\u00f3n lum\u00ednica que permite unha boa observaci\u00f3n astron\u00f3mica. A partir do mes de abril, o arco do centro da V\u00eda L\u00e1ctea comeza a ser visible, polo que \u00e9 un bo lugar para a astrofotograf\u00eda.<\/p>\n<h3><strong>Cee: Praias e miradoiros<\/strong><\/h3>\n<p>No caso de Cee, a elecci\u00f3n dun s\u00f3 lugar \u00e9 ben dif\u00edcil. Conta con algunhas praias recollidas onde poder observar con tranquilidade a inmensidade do ceo e tam\u00e9n cun <strong>mirador, o de Gures<\/strong>, perfecto para ver como o sol desaparece detr\u00e1s do mar e presenciar un dos ceos m\u00e1is espectaculares da contorna.<\/p>\n<p>Con respecto \u00e1s praias, depende das nosas preferencias. A <strong>praia de Estorde<\/strong> at\u00f3pase nun entorno semiurbano con accesos sinalizados, duchas, aseos, c\u00e1mping, etc. Se queremos un entorno algo m\u00e1is salvaxe e afastado, podemos achegarnos ata a <a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/ga\/post\/praia-de-lires\"><strong>praia de Lires<\/strong><\/a>, que forma parte da Rede Natura 2000 polo seu valor ecol\u00f3xico. \u00c9 unha cala onde \u00e9 moi sinxelo que o tempo se dete\u00f1a e onde podemos relaxarnos mentres observamos as estrelas.<\/p>\n<h3><strong>Dumbr\u00eda: Pedra Cabalgada do Brazal<\/strong><\/h3>\n<p>Tam\u00e9n co\u00f1ecida como <a href=\"https:\/\/www.dumbriaturismo.com\/pedra-do-brazal\">Pedra do Brazal<\/a>. Destaca como punto de observaci\u00f3n astron\u00f3mica dentro do Concello de Dumbr\u00eda. Este magma gran\u00edtico cunha forma tan caprichosa foi quen de soportar a furia das cat\u00e1strofes naturais e da erosi\u00f3n do tempo. \u00c9 un lugar cheo de historia desde o cal sentirse diminuto baixo a b\u00f3veda celeste.<\/p>\n<p>Outros bos lugares poden ser a Capela de Santa Luc\u00eda de Olveira ou a aldea de As Teixeiras, pola s\u00faa baixa contaminaci\u00f3n lum\u00ednica.<\/p>\n<h3><strong>Fisterra: Pedras Santas ou Marconi<\/strong><\/h3>\n<p>Este punto est\u00e1 situado no segundo lugar m\u00e1is elevado do <a href=\"https:\/\/concellofisterra.gal\/turismo\/portada_turismo\/gl\">concello de Fisterra<\/a>, o Monte Facho. Acc\u00e9dese a trav\u00e9s da estrada que vai ao faro, 100 metros antes de chegar. Este enclave tam\u00e9n \u00e9 chamado Marconi pola estaci\u00f3n telegr\u00e1fica que est\u00e1 al\u00ed situada.<\/p>\n<p>Este recuncho, ao estar tan elevado e \u00e1 vez tan preto do mar, \u00e9 perfecto para poder observar o ceo coa inmensidade do oc\u00e9ano de fondo.<\/p>\n<h3><strong>Coristanco: Lagoa de Fontecova<\/strong><\/h3>\n<p>O concello de Coristanco, ao ser de interior, ten atractivos moi diferentes no que a observaci\u00f3n astron\u00f3mica se refire. Neste caso, hai que resaltar a\u00a0<a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/en\/post\/coristanco\">Lagoa de Fontecova<\/a>, en Cuns. Esta lagoa ten unha superficie de 175 por 125 metros nos seus puntos m\u00e1is lonxanos.<\/p>\n<p>A s\u00faa orixe \u00e9 curiosa, pois xorde cando o lugar que serv\u00eda para a extracci\u00f3n do caol\u00edn foi ocupado pola auga ata chegar nalg\u00fan punto aos trinta metros de profundidade. Os reflexos do ceo nocturno sobre a auga falan por si mesmos, polo que a combinaci\u00f3n da baixa contaminaci\u00f3n lum\u00ednica co propio entorno \u00e9 \u00fanica.<\/p>\n<h3><strong>Laxe: Praias de Soesto e Traba<\/strong><\/h3>\n<p>Se algo ten Laxe \u00e9 areais que quitan o alento. Tanto a praia de <a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/ga\/post\/praia-e-lagoa-de-traba\">Traba<\/a> como a de <a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/ga\/post\/praia-de-soesto\">Soesto<\/a> contan cun entorno natural privilexiado no cal se poden realizar moit\u00edsimas actividades, inclu\u00edndo a observaci\u00f3n astron\u00f3mica.<\/p>\n<p>De feito, unha proposta fant\u00e1stica pode ser ir pasar o d\u00eda a Soesto. Pola ma\u00f1\u00e1 facendo o paseo pola costa ata Traba e volver (uns 6 quil\u00f3metros en total). Despois xantar no merendeiro de Soesto, unha sesi\u00f3n de surf pola tarde e pola noite quedarse a ver as estrelas. Un plan en plena natureza para cargar pilas e gozar de todo o que ofrece esta zona.<\/p>\n<h3><strong>Vimianzo: Miradoiro de San Bartolo<\/strong><\/h3>\n<p>En <a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/es\/vive\/rutas\/ruta-del-sol-dia-8-vimianzo\">Vimianzo<\/a> o lugar m\u00e1is alto oc\u00fapao o miradoiro de San Bartolo. A vila de Vimianzo at\u00f3pase ben recollida nun val entre elevaci\u00f3ns e un deses puntos elevados \u00e9 San Bartolo, un emblem\u00e1tico lugar onde se celebra unha peculiar romar\u00eda.<\/p>\n<p>A s\u00faa elevaci\u00f3n permite ter unha panor\u00e1mica fant\u00e1stica de Vimianzo e unha vista privilexiada da b\u00f3veda estelar. Ademais, o Concello organiza actividades relacionadas co astroturismo que pagan moito a pena.<\/p>\n<h3><strong>Corcubi\u00f3n: Entorno do Cabo Cee<\/strong><\/h3>\n<p>Un emprazamento algo afastado da vila que permite ter unha panor\u00e1mica desde Fisterra ata o Pindo. A s\u00faa orientaci\u00f3n sur faino un lugar agradable para poder pasar unha noite tranquila. Non son estranos os avistamentos de arroaces durante o solpor. Un lugar moi recomendable para desfrutar da noite.<\/p>\n<h3><strong>Zas: Pico de Meda<\/strong><\/h3>\n<p>O <a href=\"https:\/\/concellodezas.org\/es\/que-ver-pico-de-meda\/\">Pico de Meda<\/a>, en Zas, xa foi protagonista nun evento singular este 2024: o eclipse solar parcial. Foi un dos poucos enclaves onde foi posible ver un pouco este fen\u00f3meno. Ten 566 metros de altura e desde o seu cumio \u00e9 posible albiscar o Atl\u00e1ntico, a\u00ednda sen ser un concello con sa\u00edda ao mar.<\/p>\n<p>Nesta atalaia nace o r\u00edo Grande, que ba\u00f1a tam\u00e9n outros concellos da contorna. Tam\u00e9n \u00e9 posible ver animais en liberdade. Pola noite, a amplitude deste miradoiro permite unhas fant\u00e1sticas vistas estelares.<\/p>\n<h3><strong>Camari\u00f1as: Praia de Reira e arredores<\/strong><\/h3>\n<p>Se hai un lugar que represente a natureza salvaxe da Costa da Morte \u00e9 a ruta que vai desde o Cabo Vil\u00e1n ata o Monte Branco. Unha paraxe practicamente virxe cunha natureza impactante. Consideramos que calquera das praias que hai nesta ruta pode ser fant\u00e1stica nunha noite de ceo despexado, pero desde a praia da Balea ou desde Reira ter\u00e1s unhas das mellores vistas do ic\u00f3nico faro Vil\u00e1n.<\/p>\n<p>Imaxinas unha noite estrelada co mar batendo forte e o Vil\u00e1n como tel\u00f3n de fondo? Pois xa podes reservar un oco na axenda de ver\u00e1n para este plan tan \u00fanico.<\/p>\n<h3><strong>A Laracha: Miradoiro de Santa Marta<\/strong><\/h3>\n<p>Outro lugar elevado e afastado dos n\u00facleos urbanos para ter unha noite tan s\u00f3 iluminada polas estrelas. Est\u00e1 situado no alto do Monte de Santa Marta, entre as parroquias de Coiro, Soandres e Soutullo, a unha altura de 432 metros. Antigamente, aqu\u00ed estaba a capela de Santa Marta, da que a\u00ednda se conservan os restos.<\/p>\n<p>O miradoiro \u00e9 un espazo natural recuperado polo Concello e que hoxe se converteu nunha ampla \u00e1rea de recreo, equipada con grellas, bancos e mesas, desde a que se pode gozar de impresionantes vistas do municipio e doutros lugares da comarca de Berganti\u00f1os.<\/p>\n<h3><strong>Ponteceso: Faro de Brantuas<\/strong><\/h3>\n<p>Este \u00e9 un deses lugares ic\u00f3nicos e diferentes que vix\u00edan as nosas costas. E non, non \u00e9 un \u201cfaro\u201d como o co\u00f1ecemos. \u00c9 un monumento ao Sagrado Coraz\u00f3n de Xes\u00fas situado no monte do Faro, a 231 metros de altura, na parroquia de San Xi\u00e1n de Brantuas, en Ponteceso.<\/p>\n<p>Desde este alto, p\u00f3dese observar a r\u00eda de Corme e Laxe e cara o outro lado Punta Nariga. Con esa vista, o ceo tam\u00e9n ofrece un espect\u00e1culo digno de ver. Un bo momento para gozar das estrelas aqu\u00ed \u00e9 durante as Perseidas, en agosto.<\/p>\n<h3><strong>Cabana de Berganti\u00f1os: Castro A Cid\u00e1 de Borneiro<\/strong><\/h3>\n<p>En Cabana de Berganti\u00f1os, un dos mellores lugares para mesturar patrimonio e astronom\u00eda \u00e9 o <a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/ga\/post\/castro-a-cida-de-borneiro\">Castro A Cid\u00e1 de Borneiro<\/a>. Un lugar que xa temos recomendado moito visitar <a href=\"https:\/\/www.instagram.com\/visitacostadamorte\/\">nas nosas redes sociais<\/a> pero que de noite ten unha maxia especial.<\/p>\n<p>En ver\u00e1n real\u00edzase unha actividade \u00fanica neste lugar: a <a href=\"https:\/\/www.quepasanacosta.gal\/articulo\/cabana\/nova-ruta-das-estrelas-cabana-jorge-mira\/20230809093900147928.html\">Ruta das Estrelas<\/a>. Unha cami\u00f1anta nocturna que sae desde o <a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/ga\/megalitismo\/dolmen-de-dombate-ga\">Dolmen de Dombate<\/a> e concl\u00fae no Castro de Borneiro cunha observaci\u00f3n astron\u00f3mica conducida polo f\u00edsico Jorge Mira. Moi recomendable.<\/p>\n<h3><strong>Mazaricos: Miradoiro do Monte Aro<\/strong><\/h3>\n<p>Este lugar \u00e9 un punto cun gran valor ornitol\u00f3xico e, ademais, por el cruza parte do Cami\u00f1o de Santiago. Conta con prism\u00e1ticos gratu\u00edtos para poder observar aves. Pola noite, o avistamento de aves cambia polo de estrelas e outros astros. Un lugar non tan co\u00f1ecido pero moi especial.<\/p>\n<h3><strong>Mux\u00eda: Faro Touri\u00f1\u00e1n\u00a0<\/strong><\/h3>\n<p>O co\u00f1ecido e ic\u00f3nico <a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/ga\/post\/cabo-tourinan\">faro Touri\u00f1an<\/a> est\u00e1 situado no cabo no cal o sol se despide da Costa da Morte. Ofrece un dos entornos naturais m\u00e1is impresionantes e privilexiados non s\u00f3 para ver uns abraiantes solpores, sen\u00f3n tam\u00e9n para observar as estrelas.\u00a0<\/p>\n<h3><strong>Carnota: Praia de Carnota e Faro de Lari\u00f1o<\/strong><\/h3>\n<p>Tanto o faro de Lari\u00f1o, algo m\u00e1is ao sur dentro da costa, como a propia praia de Carnota, son lugares xeniais para ver as estrelas.<\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/ga\/post\/praia-de-carnota\">inmenso areal de 7 quil\u00f3metros<\/a> de lonxitude de Carnota destaca como punto natural para a observaci\u00f3n das estrelas na Costa da Morte. \u00c9 un lugar id\u00f3neo para pasar un largo d\u00eda de ver\u00e1n, gozando do mar, da observaci\u00f3n de aves e doutras actividades antes da chegada da noite.<\/p>\n<p>Unha vez que cae a luz, as estrelas comezan a aparecer e, con algo de sorte, pode coincidir un bo ceo nocturno co fen\u00f3meno do <strong><a href=\"https:\/\/www.quepasanacosta.gal\/articulo\/carnota\/mar-ardora-volveu-iluminar-mar-do-sur-da-costa-da-morte\/20230809091718147922.html\">Mar de Ardora<\/a>. <\/strong>Imax\u00ednalo? \u00c9 posible porque xa pasou!<\/p>\n<h3>Malpica de Berganti\u00f1os: Faro de Punta Nariga<\/h3>\n<p>Ic\u00f3nico para ver o solpor, para observar a inmensidade do horizonte mar\u00edtimo, para botar unha ollada \u00e1s Illas Sisargas&#8230; O <a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/ga\/post\/faro-de-punta-nariga\">faro de Punta Nariga<\/a> \u00e9 tam\u00e9n un dos mellores lugares de Malpica e de toda a Costa da Morte para poder observar o ceo estrelado e facer astrofotograf\u00eda nun marco incomparable.<\/p>\n<h2>Desfruta do ceo m\u00e1is fermoso da Costa da Morte<\/h2>\n<p><strong><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/archivos\/2022\/lugares_starlight_costadamorte.jpg\" alt=\"\" width=\"678\" height=\"452\" \/><\/strong><\/p>\n<p>En resumo, Costa da Morte \u00e9 un destino \u00fanico para os amantes da astronom\u00eda e a astrofotograf\u00eda. Conta con moit\u00edsimos lugares onde poder perderse baixo o ceo nocturno. Por esta raz\u00f3n entre outras, seremos a <a href=\"https:\/\/www.visitacostadamorte.com\/ga\/post\/costa-da-morte-vii-encontro-internacional-starlight\">sede do VII Encontro Internacional Starlight<\/a> en outubro de 2024.<\/p>\n<p>As\u00ed que colle o teu abrigo e prep\u00e1rate para descubrir a noite m\u00e1is fermosa nos <strong>mellores lugares de Costa da Morte para ver as estrelas<\/strong>. Lembra respectar sempre o entorno natural e se fas fotos e v\u00eddeos, non esquezas etiquetarnos nas redes sociais (<a href=\"https:\/\/www.instagram.com\/visitacostadamorte\/\">@visitacostadamorte<\/a>) e usar o cancelo #visitacostamorte. \u00a1Bos ceos!<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Costa da Morte, ademais de ser un para\u00edso naturalmente salvaxe no mar e na terra, tam\u00e9n \u00e9 un lugar privilexiado cando levantamos a cabeza cara o ceo nocturno. Estes son os mellores lugares de Costa da Morte para ver as estrelas A Costa da Morte \u00e9 un Destino Tur\u00edstico Starlight e isto implica que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1445,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Mellores lugares de Costa da Morte para ver as estrelas - Costa da Morte","description":"A Costa da Morte, ademais de ser un para\u00edso naturalmente salvaxe no mar e na terra, tam\u00e9n \u00e9 un lugar privilexiado cando levantamos a cabeza cara o ceo nocturno."},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[106],"tags":[],"class_list":["post-4453","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-novas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4453","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4453"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4453\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1445"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4453"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4453"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4453"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}