{"id":4002,"date":"2021-11-19T11:32:33","date_gmt":"2021-11-19T10:32:33","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/entrevista-raquel-lema-concelleira-comercio-hosteleria-turismo-laxe"},"modified":"2024-11-06T06:57:14","modified_gmt":"2024-11-06T05:57:14","slug":"entrevista-raquel-lema-concelleira-comercio-hosteleria-turismo-laxe","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/entrevistas\/entrevista-raquel-lema-concelleira-comercio-hosteleria-turismo-laxe","title":{"rendered":"Entrevista a Raquel lema, Concelleira de Comercio, Hostaler\u00eda e Turismo do concello de Laxe"},"content":{"rendered":"<p>Continuamos cas entrevistas aos concellos co\u00a0<a href=\"https:\/\/www.concellodelaxe.com\/portalcidadan\/portada.php?id_language=1\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Concello de Laxe<\/a>. Laxe est\u00e1 situado no noroeste de Galicia, no extremo occidental da Comarca de Berganti\u00f1os, en pleno centro da Costa da Morte.\u00a0<\/p>\n<p>Laxe est\u00e1 \u00edntimamente ligada ao mar e segue conservando o seu pasado agr\u00edcola e pesqueiro.\u00a0<\/p>\n<p>Hoxe amos\u00e1mosvos o concello dende o punto de vista de Raquel lema, Concelleira de Comercio, Hostaler\u00eda e Turismo. Deix\u00e1mosvos as mellores respostas:\u00a0<\/p>\n<h3>Que sentimentos esperta para ti Costa da Morte? Que significa para ti?<\/h3>\n<p>Os sentimentos son varios, dende tranquilidade, paz, satisfaci\u00f3n, alegr\u00eda, libertade&#8230; A Costa da Morte para min \u00e9 un privilexio.<\/p>\n<h3>Tres motivos para descubrila<\/h3>\n<p>As s\u00faas praias, o seu patrimonio cultural, pasisax\u00edstico e hist\u00f3rico e pola s\u00faa gastronom\u00eda.<\/p>\n<h3>En qu\u00e9 \u00e9poca do ano che gusta m\u00e1is Costa da Morte e por que?<\/h3>\n<p>A Costa da Morte \u00e9 encantadora en t\u00f3dalas estaci\u00f3ns, pero o ver\u00e1n fai dela algo \u00fanico e brillante.\u00a0<\/p>\n<h3>Para os turistas que se animan a visitarvos f\u00f3ra da tempada de ver\u00e1n, que experiencias non poden perderse?<\/h3>\n<ul>\n<li>As rutas de sendeirismo PR-G Laxe-Punta \u00cdnsua, PR-G Laxe-Traba.<\/li>\n<li>As rutas de sendeirismo nos Penedos da Pasarela e Traba.<\/li>\n<li>As actuaci\u00f3ns culturais na tempada Outono-Inverno.<\/li>\n<\/ul>\n<h3>Ademais da Praia dos Cristais, que outros lugares ou experiencias non poden perderse?<\/h3>\n<ul>\n<li>As praias de Laxe, Soesto e Traba.<\/li>\n<li>A furna da escuma.<\/li>\n<li>A pedra dos namorados.<\/li>\n<li>O solpor na estatua da Espera, preto do faro de Laxe.<\/li>\n<li>As vistas dende o Monte Cornaceiras.<\/li>\n<li>Os tres BIC\u00b4S, A igrexa Santa Mar\u00eda da Atalaia, a igrexa de Santiago de Traba e o Arquivo fotogr\u00e1fico de Vidal no Museo do Mar en Laxe.<\/li>\n<li>17 de agosto O Naufraxio de Laxe declarada festa de inter\u00e9s tur\u00edstico de Galicia.\u00a0<\/li>\n<li>Semana Santa co Santo Enterro.<\/li>\n<li>Festas patronais.<\/li>\n<li>Os Milagres de Traba.<\/li>\n<li>O d\u00eda do Pe\u00f1\u00f3n.<\/li>\n<li>O casco antigo.<\/li>\n<li>Hoteis, hostais e as Casas de Turismo Rural, Bungalows.<\/li>\n<li>O retablo da Resurreci\u00f3n de Santa Mar\u00eda da Atalaia do s\u00e9culo XV.<\/li>\n<\/ul>\n<h3>Galicia en xeral, e Costa da Morte en particular, son sin\u00f3nimo de boa comida, algunhas recomendaci\u00f3ns de pratos t\u00edpicos para descubrir Laxe mediante o padal?<\/h3>\n<p>O marisco fresco da nosa r\u00eda, carne e os doces (un deles \u00e9 a tortilla doce).<\/p>\n<h3>Que vos contan os que vos visitan? Que \u00e9 o que m\u00e1is lles apaixona da s\u00faa estancia en Laxe? E de Costa da Morte?<\/h3>\n<p>Os visitantes do noso concello com\u00e9ntannos que \u00e9 un pobo con encanto tur\u00edstico e que merece a pena descubrir. Que \u00e9 un pobo acolledor con praias de gran beleza e coa s\u00faa area fina. Con excelente materia prima e de boa calidade, que est\u00e1n orgullosos de poder veranear nunha das mellores praias urbanas de Galicia.<\/p>\n<h3>As t\u00faas tres praias favoritas en Costa da Morte? Por que esas? E para os amantes do surf e outras actividades n\u00e1utico-deportivas?<\/h3>\n<p>Praia de Laxe, Soesto e Traba para amantes do Surf, kitesurf, Kayak. Porque son praias que se prestan a realizar a actividade nun espazo a mar aberto e outras nuns arenais m\u00e1is recollidos.\u00a0<\/p>\n<h3>Para os amantes do sendeirismo&#8230; cal recomendas no teu concello? E cal \u00e9 a t\u00faa preferida en Costa da Morte?<\/h3>\n<p>PR-G 70, PR-G 114 que son as rutas de sendeirismo do concellos e os Penedos de Pasarela e Traba.\u00a0<\/p>\n<h3>Que lugar cres que \u00e9 o gran desco\u00f1ecido en Costa da Morte pero que ten un gran interese ou potencial?<\/h3>\n<p>Ten gran variedade. Unha selecci\u00f3n de espazos naturais, pazos, mu\u00ed\u00f1os, igrexas, patrimonio, festas, gastronom\u00eda, cascadas, illas, praias&#8230; espazos maravillosos nos que merece a pena perderse, vir, co\u00f1ecer, e gozar do noso encanto asalitrado.\u00a0<\/p>\n<h3>Onde atopamos a mellor posta de sol?<\/h3>\n<p>Na estatua da Espera, preti\u00f1o do faro e nas praias salvaxes de mar aberto e asalitradas como son a de Soesto e Traba.\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Continuamos cas entrevistas aos concellos co\u00a0Concello de Laxe. Laxe est\u00e1 situado no noroeste de Galicia, no extremo occidental da Comarca de Berganti\u00f1os, en pleno centro da Costa da Morte.\u00a0 Laxe est\u00e1 \u00edntimamente ligada ao mar e segue conservando o seu pasado agr\u00edcola e pesqueiro.\u00a0 Hoxe amos\u00e1mosvos o concello dende o punto de vista de Raquel [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":3986,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Entrevista a Raquel lema, Concelleira de Comercio, Hostaler\u00eda e Turismo do concello de Laxe - Costa da Morte","description":"Continuamos cas entrevistas aos concellos co\u00a0 Concello de Laxe . Laxe est\u00e1 situado no noroeste de Galicia, no extremo occidental da Comarca de Berganti\u00f1os, en p"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[105],"tags":[],"class_list":["post-4002","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-entrevistas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4002","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4002"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4002\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3986"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4002"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4002"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4002"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}