{"id":4001,"date":"2022-11-21T00:00:00","date_gmt":"2022-11-20T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/entrevista-patrick-vilan"},"modified":"2024-09-30T07:22:17","modified_gmt":"2024-09-30T05:22:17","slug":"entrevista-patrick-vilan","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/entrevistas\/entrevista-patrick-vilan","title":{"rendered":"Entrevista a Patrick Vil\u00e1n"},"content":{"rendered":"<p class=\"p1\">Costa da Morte e surf son dous conceptos que est\u00e1n intimamente ligados. Sobre isto \u00e9 bo co\u00f1ecedor Patrick Vil\u00e1n, ao fronte de Cai\u00f3n Surf House, surfcamp que ademais oferta aloxamento a p\u00e9 de Praia en Cai\u00f3n, A Laracha. A continuaci\u00f3n co\u00f1eceremos a s\u00faa perspectiva sobre a situaci\u00f3n actual do sector e as perspectivas de futuro do surf en toda esta costa.<\/p>\n<p class=\"p1\">Entrevista cofinanciada entre CMAT e a Xunta de Galicia a trav\u00e9s dun convenio con Turismo de Galicia.<\/p>\n<h3 class=\"p1\">Turismo como revulsivo para a creaci\u00f3n de escolas de surf ou catalizador e dinamizador tur\u00edstico da Costa da Morte?<\/h3>\n<p class=\"p1\">O surf na Costa da Morte en una das m\u00faltiples actividades e pr\u00e1cticas deportivas existentes nesta zona, sendo algunhas das m\u00e1is co\u00f1ecidas a Cami\u00f1o dos Faros ou o Cami\u00f1o a Fisterra, rutas en kaiak, sendeirismo&#8230; O dispo\u00f1er dunha contorna id\u00edlica como a nosa contrib\u00fae a que o surf este sempre presente en practicamente todas as praias mais importantes, contando cunha boa infraestrutura para poder dar servizo a esta demanda.<\/p>\n<p class=\"p1\">Sen d\u00fabida as escolas de surf contrib\u00faen a dinamizar o sector tur\u00edstico, ao mesmo tempo que tam\u00e9n este favorece que pouco a pouco as empresas se profesionalicen e crezan para poder dar as\u00ed un servizo de maior calidade.<\/p>\n<h3 class=\"p1\">En que momento at\u00f3pase o sector trala pandemia e o posterior auxe do turismo de natureza e o turismo activo? Perc\u00edbese un maior interese pola cultura do surf en esta zona?<\/h3>\n<p class=\"p1\">Nos meses inmediatamente posteriores \u00e1 pandemia, cando se relaxaron as restrici\u00f3ns por primeira vez, si que notamos un gran incremento, xa que moita xente optou polo surf e outras actividades ao aire libre como unha v\u00eda de escape tras tantos meses de encerro. Houbo un aumento considerable da demanda, sobre todo dende a comunidade local e turismo nacional. Pouco a pouco, tras ese boom inicial, o turismo nacional estabilizouse e incrementouse o turismo m\u00e1is internacional, grazas as\u00a0medidas m\u00e1is laxas adoptadas polo noso pa\u00eds. Este ano, tanto un como o outro, estabiliz\u00e1ronse; non percibimos un incremento exponencial dende eses primeiros meses trala pandemia.<\/p>\n<h3 class=\"p1\">Dende unha perspectiva tur\u00edstica, poder\u00edamos diferenciar o ?turismo de surf? propiamente dito, realizado por persoas cuxa motivaci\u00f3n principal \u00e1 hora de elixir un destino sexa a b\u00fasqueda das mellores ondas, e por outro lado, aquelas outras que conciben o surf como unha experiencia m\u00e1is dentro da s\u00faa viaxe, unha actividade complementaria. Poden convivir ambos tipos de concepci\u00f3ns nun mesmo destino? Deber\u00edanse de trazar estratexias diferenciadas para ambas vertentes?<\/h3>\n<p class=\"p1\">En efecto, tr\u00e1tase de d\u00faas estratexias e perf\u00eds diferentes. Por unha banda temos ao surfista avanzado, probablemente con un perfil mais aventureiro, que busca unha viaxe mais independente. Normalmente tr\u00e1tase dunha persoa for\u00e1nea, sobre todo vemos moita xente de Alema\u00f1a, B\u00e9lxica, Austria&#8230;<\/p>\n<p class=\"p1\">O impacto deste tipo de perfil na zona \u00e9 moito menor, xa que viaxan nun formato distinto, en auto caravanas e furgonetas camperizadas. Co o considerable aumento deste tipo de viaxeiros surxe a necesidade de regular e trazar estratexias concretas para poder canalizar este tipo de turismo e que o impacto na zona sexa positivo, que repercuta nos axentes locais. Existen modelos a seguir como os de Francia ou Pa\u00eds Vasco, onde todo est\u00e1 moi regulado, con espazos habilitados, aparcadoiros de pago para furgonetas e demais.<\/p>\n<p class=\"p1\">En xeral, este tipo de turismo de surf mais independente non se achega as escolas para solicitar clases ou alugar material; acoden a praias menos masificadas, con mais ondas, mentres que un perfil de iniciaci\u00f3n si que notamos m\u00e1is o seu impacto econ\u00f3mico.<\/p>\n<h3 class=\"p1\">A Costa da Morte \u00e9 sin\u00f3nimo de praias rec\u00f3nditas, salvaxes&#8230; Cales recomendar\u00edas para a pr\u00e1ctica do surf? Cales son os atributos diferenciadores desta zona con respecto a outras de Galicia?<\/h3>\n<p class=\"p1\">Obviamente a Costa da Morte, pola s\u00faa localizaci\u00f3n e en certa medida pola distancia a centros ou capitais urbanas fan que sexa un lugar diferente, con un encanto que outras zonas non te\u00f1en. Por exemplo, en Oleiros ou Ferrol, outros dos destinos m\u00e1is importantes de surf en Galicia, si contan con centros urbanos m\u00e1is pr\u00f3ximos, pero no caso da Costa da Morte estes quedar\u00edan un pouco m\u00e1is distante. Isto xa fai que sexa un lugar diferente ao resto, con un estilo m\u00e1is aventureiro, cunha menor afluencia, o que sen d\u00fabida \u00e9 un elemento diferenciador.<\/p>\n<p class=\"p1\">Por unha banda ter\u00edamos as praias de f\u00e1cil acceso, c\u00f3modas, con ondas aptas para practicamente todos os niveis (Cai\u00f3n, Razo, Malpica, Nemi\u00f1a&#8230;) e por outra banda estar\u00edan aquelas con accesos m\u00e1is complicados, caracterizadas por unha costa m\u00e1is exposta, abrupta e con maiores riscos, que s\u00f3 deben ser afrontados polos surfistas m\u00e1is experimentados. Estas praias menos co\u00f1ecidas, que non figuran nos mapas ou gu\u00edas tur\u00edsticas son as que busca o surfista, descubrindo a Galicia m\u00e1is salvaxe, m\u00e1is desco\u00f1ecida. Ao non ter ao teu alcance, por exemplo, uns accesos sinxelos, cunha c\u00e1mara en directo onde ver o estado do mar, tam\u00e9n \u00e9 parte desta aventura, o non poder planificalo todo ao detalle e deixar algo sempre para a improvisaci\u00f3n.<\/p>\n<h3 class=\"p1\">Xa dentro do mar, c\u00f3mo \u00e9 a convivencia entre os que vos adicades profesionalmente ao surf e os turistas ou ba\u00f1istas nas zonas m\u00e1is masificadas? Cres que nas praias con maior afluencia deber\u00eda existir unha regulaci\u00f3n visible para todas e todos, con respecto \u00e1 ordenaci\u00f3n dos espazos?<\/h3>\n<p class=\"p1\">Nos m\u00e1is de 20 anos que levo no mundo do surf, vin como algunhas zonas foro masific\u00e1ndose co paso dos anos. Pouco a pouco, organismos como Costas, a Federaci\u00f3n de Surf e os propios concellos comezaron a regular timidamente, pero seguimos lonxe de que exista unha normativa adecuada no canto \u00e1 xesti\u00f3n de estes lugares e, sobre todo, a saber darlle valor \u00e1 pr\u00e1ctica do surf.<\/p>\n<p class=\"p1\">Existen moitos exemplos de c\u00f3mo en algunhas zonas como Ericeira (Portugal), Reserva Mundial de Surf, Ribamont\u00e1n en Cantabria ou as do pa\u00eds galo, conciben o surf como un catalizador clave do turismo, como apostan totalmente por isto, d\u00e1ndolle prioridade con zonas coutadas para o usuario local e o turista, d\u00e1ndolle m\u00e1is valor ao surfista e ao seu espazo. Queda moito para que en Galicia ap\u00f3stese firmemente polo surf e exista unha convivencia ideal entre ambas partes.<\/p>\n<h3 class=\"p1\">Existen sinerx\u00edas e colaboraci\u00f3ns entre o mundo do surf e os axentes tur\u00edsticos en destino (aloxamentos, restauraci\u00f3n, outras empresas de turismo activo&#8230;)? V\u00e9xase por exemplo axencias de viaxe ou aloxamentos que ofrecen bautismos de surf ou actividades relacionadas.<\/h3>\n<p class=\"p1\">S\u00ed, est\u00e1 claro que existen moitos modelos de negocio diferentes dentro do sector; temos empresas que se dedican exclusivamente a dar clases de surf e outras que apostan por ofrecer, m\u00e1is que unha clase unha experiencia, complementando a pr\u00e1ctica deportiva con experiencias gastron\u00f3micas e culturais, por exemplo. Este modelo sempre ven vinculado \u00e1 sinerx\u00edas con empresas da zona. Na nosa escola, por exemplo, colaboramos con empresas que ofrecen visitas as Illas Sisargas, con casas rurais, apartamentos tur\u00edsticos e aloxamentos en xeral&#8230; Sen embargo, si \u00e9 certo que existen surfcamps onde xa canalizan todo de forma interna, facendo todas as actividades dentro das propias instalaci\u00f3ns da escola.<\/p>\n<h3 class=\"p1\">C\u00f3mo poder\u00edan contribu\u00edr as escolas de surf \u00e1 desestacionalizaci\u00f3n de determinadas zonas tur\u00edsticas durante os meses de ver\u00e1n?<\/h3>\n<p class=\"p1\">Debemos desestacionalizar a pr\u00e1ctica do surf, por exemplo, os meses de maio, xu\u00f1o, setembro, outubro ou novembro son meses onde podes sentir unha conexi\u00f3n, unha sinton\u00eda m\u00e1xica co mar. Lamentablemente, seguimos coa mentalidade de viaxar exclusivamente en xullo e agosto, onde se paraliza todo. Este feito \u00e9 percibido por moitos turistas estranxeiros, que ve\u00f1en a clases ou campionatos de surf, onde preguntan cal \u00e9 o motivo desta paralizaci\u00f3n durante todo un mes. Na mi\u00f1a opini\u00f3n, neste senso, deber\u00edamos europeizarnos un pouco e desestacionalizar incluso as nosas vacaci\u00f3ns, repartindo todo un pouco m\u00e1is ao longo do ano.<\/p>\n<p class=\"p1\">A proposta de paquetes atractivos fora de temporada estival e promocionar determinadas actividades xa dende Semana Santa ou Novembro pode atraer ao p\u00fablico que busca algo m\u00e1is al\u00f3 do ver\u00e1n, un turismo m\u00e1is relaxado. Ofrecer paquetes que incl\u00faan experiencias gastron\u00f3micas, por exemplo, organizar e combinar estas actividades coa celebraci\u00f3n de campionatos&#8230; son algunhas das acci\u00f3ns que contrib\u00faen a complementar a actividade principal das escolas de surf.<\/p>\n<h3 class=\"p1\">En relaci\u00f3n coa pregunta anterior, cal \u00e9 a mellor \u00e9poca do ano para a pr\u00e1ctica do surf na zona da Costa da Morte, sexa cal sexa o nivel? Poder\u00edas indicarnos algunhas das vantaxes de practicar surf en inverno ou fora do ver\u00e1n?<\/h3>\n<p class=\"p1\">O inverno \u00e9 duro, os meses de Decembro a Marzo e Abril son complicados para o surf de iniciaci\u00f3n, estamos ante unha costa moi esixente. Sen embargo, ao mesmo tempo, \u00e9 unha \u00e9poca na que os surfistas de alto nivel precisamente buscan isto, as mellores ondas e praias menos masificadas. Sen d\u00fabida, o concepto xeneralizado de que a pr\u00e1ctica do surf \u00e9 exclusiva do ver\u00e1n debe de cambiar, xa que pode prolongarse moito m\u00e1is al\u00e1 dos meses m\u00e1is calorosos, por suposto.<\/p>\n<h3 class=\"p1\">A pr\u00e1ctica do surf, a sostibilidade e o medio ambiente son conceptos intimamente ligados, cal ou cales cres que son as mellores acci\u00f3ns para contrarrestar ou paliar o efecto que un turismo de masas pode exercer en determinadas praias?<\/h3>\n<p class=\"p1\">Obviamente o surfista \u00e9 o primeiro interesado no oc\u00e9ano e o medio ambiente, o vivir conectados coa mar \u00e9 imprescindible para n\u00f3s. Dende a comunidade do surf existe un gran sentimento de responsabilidade e colaboraci\u00f3n para contribu\u00edr a que o medio estea nas mellores condici\u00f3ns posibles. De forma individual todos os surfistas contrib\u00faen, cando saes da auga tes nunha man a t\u00e1boa e noutra lixo que podes chegar a atopar.<\/p>\n<p class=\"p1\">Fai anos, este tipo de acci\u00f3ns non eran tan usuais, pero actualmente si hai bastante conciencia, co desenvolvemento de campa\u00f1as espec\u00edficas. A nivel comunidade existen plataformas que organizan talleres, eventos, charlas&#8230; Todo isto contrib\u00fae a darlle visibilidade a este problema e a b\u00fasqueda de soluci\u00f3ns, a\u00ednda que sexan m\u00ednimas e de xeito individual.<\/p>\n<p class=\"p1\">O programa Surf and Clean de Costa da Morte, por exemplo, traballa dende a parte m\u00e1is educativa, colaborando con talleres, charlas e cursos con colexios, concienciando aos m\u00e1is pequenos a trav\u00e9s do surf. As instituci\u00f3ns tam\u00e9n te\u00f1en que involucrarse coa recollida de lixo nos espazos naturais, con aparcadoiros sostibles e regulados, con capacidades controladas, facilitando o transporte p\u00fablico para desmobilizar a gran cantidade de veh\u00edculos que chegan as praias coa consecuente contaminaci\u00f3n que xeran.<\/p>\n<h3 class=\"p1\">Para rematar, na t\u00faa opini\u00f3n, que acci\u00f3ns poder\u00edanse implementar para contribu\u00edr a que a sociedade fora consciente das oportunidades que o mundo do surf poder\u00eda proporcionar \u00e1 Costa da Morte e a Galicia en xeral?<\/h3>\n<p class=\"p1\">Obviamente a mi\u00f1a perspectiva pode ser distinta a de outras persoas, sobre todo aquelas que a\u00ednda conciben o surf como unha actividade perigosa, centrada no ver\u00e1n, ou s\u00f3 orientada as persoas m\u00e1is aventureiras, de certa idade&#8230; \u00ff indispens\u00e1bel cambiar estas ideas, e concienciar sobre a importancia do surf e os beneficios que pode traer a todos os niveis, dende beneficios para a sa\u00fade, como forma de liberar endorfinas, ata o seu impacto econ\u00f3mico, canalizando todo\u00a0isto cara un turismo de calidade sostible, cunha xesti\u00f3n realizada por xente aut\u00f3ctona, local, que vive na zona e co\u00f1ece a s\u00faa casu\u00edstica.<\/p>\n<p class=\"p1\">Hai exemplos como Marrocos ou algunhas zonas de Galicia onde existe un incipiente n\u00famero de escolas de surf de xente for\u00e1nea, sobre todo su\u00edza, austr\u00edaca, alema\u00f1a&#8230;que xeran un efecto burbullasobre eles mesmos, invisibilizando o impacto na zona. O discurso de todas as escolas deber\u00eda ser o de xerar m\u00e1is comunidade, que os organismos p\u00fablicos contrib\u00faan a facilitar esta convivencia e facer unha folla de ruta de c\u00f3mo axudar a compaxinar o turista libre, o surfista libre e os locais. \u00ff unha ecuaci\u00f3n delicada, pero totalmente posible e necesaria.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Costa da Morte e surf son dous conceptos que est\u00e1n intimamente ligados. Sobre isto \u00e9 bo co\u00f1ecedor Patrick Vil\u00e1n, ao fronte de Cai\u00f3n Surf House, surfcamp que ademais oferta aloxamento a p\u00e9 de Praia en Cai\u00f3n, A Laracha. A continuaci\u00f3n co\u00f1eceremos a s\u00faa perspectiva sobre a situaci\u00f3n actual do sector e as perspectivas de futuro [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":1118,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Entrevista a Patrick Vil\u00e1n - Costa da Morte","description":"Costa da Morte e surf son dous conceptos que est\u00e1n intimamente ligados. Sobre isto \u00e9 bo co\u00f1ecedor Patrick Vil\u00e1n, ao fronte de Cai\u00f3n Surf House, surfcamp que ade"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[105],"tags":[],"class_list":["post-4001","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-entrevistas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4001","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4001"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4001\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/1118"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4001"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4001"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4001"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}