{"id":4000,"date":"2021-12-23T11:32:33","date_gmt":"2021-12-23T10:32:33","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/entrevista-margarita-lamela-louzan-alcaldesa-cee"},"modified":"2024-11-06T06:57:14","modified_gmt":"2024-11-06T05:57:14","slug":"entrevista-margarita-lamela-louzan-alcaldesa-cee","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/entrevistas\/entrevista-margarita-lamela-louzan-alcaldesa-cee","title":{"rendered":"Entrevista a Margarita Lamela Louz\u00e1n, Alcaldesa de Cee"},"content":{"rendered":"<p>Continuamos cas entrevistas aos concellos co\u00a0<a href=\"https:\/\/www.alaracha.gal\/https:\/\/cee.gal\/es\/\">Concello de Cee<\/a>. O concello de Cee as\u00f3mase ao mar por tres fragmentos de costa: a r\u00eda de Lires no noroeste, a praia de Estorde na enseada fisterr\u00e1 e, desde o mesmo Cee ata a enseada de O \u00ffzaro.\u00a0<\/p>\n<p>Cee \u00e9 o punto esencial no Cami\u00f1o de Santiago a Fisterra xa que, pertence ao \u00faltimo tramo do mesmo, ofrece a entrada ao mar ao peregrino. Desde o Alto de San Pedro M\u00e1rtir, na parroquia da Pereiri\u00f1a, os cami\u00f1antes divisan por primeira vez o mar dende a s\u00faa partida da Catedral.\u00a0<\/p>\n<p>Cee ofrece a tranquilidade e as comodidades dunha vila acompa\u00f1adas dos servizos de calquera cidade.<\/p>\n<p>Hoxe amos\u00e1mosvos o concello dende o punto de vista de Margarita Lamela Louz\u00e1n, Alcaldesa de Cee. Deix\u00e1mosvos as mellores respostas:\u00a0<\/p>\n<h3>Que sentimentos esperta para ti Costa da Morte? Que significa para ti?<\/h3>\n<p>Como lugar no que nac\u00edn, resido e traballo, a Costa da Morte \u00e9 algo marabilloso que penso se debe po\u00f1er e valor non s\u00f3 para os que nos visitan sen\u00f3n tam\u00e9n para os seus propios habitantes, xa que a moitas cousas das que atesoura, por telas moi preto seguramente, non lle damos a verdadeira importancia que merecer\u00edan.<\/p>\n<h3>Tres motivos para descubrila<\/h3>\n<p>As s\u00faas paisaxes, as s\u00faas xentes e a s\u00faa riqueza patrimonial.<\/p>\n<h3>En qu\u00e9 \u00e9poca do ano che gusta m\u00e1is Costa da Morte e por que?<\/h3>\n<p>O outono e o ver\u00e1n, polas s\u00faas cores, e por esa luz tan especial que a\u00ednda realza m\u00e1is a fermosura que de por s\u00ed ten a nosa terra.<\/p>\n<h3>Para os turistas que se animan a visitarvos f\u00f3ra da tempada de ver\u00e1n, que experiencias non poden perderse?<\/h3>\n<p>A visita \u00f3 Museo e xard\u00edns da Fundaci\u00f3n Fernando Blanco. Tam\u00e9n un paseo polo noso litoral permite unha experiencia moi diferente e sorprendente xa que nos permite descubrir a verdadeira esencia da Costa da Morte.<\/p>\n<h3>Ademais da Ermida de San Pedro M\u00e1rtir,\u00a0que outros lugares ou experiencias non poden perderse?<\/h3>\n<p>O entorno de Gures e Caneli\u00f1as, a vista pintoresca desde Ameixenda, un paseo polo casco hist\u00f3rico, paseo mar\u00edtimo de Cee, os mui\u00f1os de Toba, a praia de Estorde ou o solpor de Lires&#8230; Todos eles, lugares m\u00e1xicos para relaxarse e evadirse da realidade coti\u00e1.\u00a0<\/p>\n<h3>Galicia en xeral, e Costa da Morte en particular, son sin\u00f3nimo de boa comida, algunhas recomendaci\u00f3ns de pratos t\u00edpicos para descubrir Cee mediante o padal?<\/h3>\n<p>Temos a sorte de contar cunhas materias primas de primeira calidade e ser\u00edame moi dif\u00edcil escoller unha. A mi\u00f1a recomendaci\u00f3n \u00f3s visitantes que se achegan a Cee \u00e9 que den un paseo pola praza de abastos municipal e al\u00ed, ademais de ser aconsellados polos diferentes profesionais que al\u00ed est\u00e1n, poder\u00e1n escoller en funci\u00f3n dos seus gustos.\u00a0<\/p>\n<h3>Que vos contan os que vos visitan? Que \u00e9 o que m\u00e1is lles apaixona da s\u00faa estancia en Cee? E de Costa da Morte?<\/h3>\n<p>O ter todos os servizos moi preto coa comodidade e calidade de vida que eso conleva. Cee combina os servizos dunha gran cidade coa tranquilidade da vida das zonas rurais e iso, sen d\u00fabida, \u00e9 moi apreciado polos nosos visitantes. Da s\u00faa estancia na Costa da Morte, o mar e toda a zona costeira.<\/p>\n<h3>As t\u00faas tres praias favoritas en Costa da Morte? Por que esas? E para os amantes do surf e outras actividades n\u00e1utico-deportivas?<\/h3>\n<p>O concello de Cee conta con praias moi diferentes pero todas cun encanto especial. Eu destacar\u00eda as de Gures, Estorde e Lires. A primeira pola s\u00faa tranquilidade, area fina e augas cristalinas, a segunda pola s\u00faa domesticidade, paraxe natural e por ser un lugar moi axeitado para desfrutar da praia en familia e a terceira polo seu marco incomparable e a fermosura das postas de sol que al\u00ed se poden contemplar. \u00ff car\u00f3n desta \u00faltima, a praia muxi\u00e1n de Nemi\u00f1a \u00e9 un lugar propicio para a pr\u00e1ctica do surf, mentras que para outras actividades n\u00e1uticas recomendar\u00eda a praia da Concha, no n\u00facleo urbano de Cee, por todas as comodidades que pode ofrecer.\u00a0<\/p>\n<h3>Para os amantes do sendeirismo&#8230; cal recomendas no teu concello? E cal \u00e9 a t\u00faa preferida en Costa da Morte?<\/h3>\n<p>O roteiro que vai de Brems a Ameixenda, o roteiro por Toba, os trazados do Cami\u00f1o Xacobeo ao seu paso por Cee (a primeira fiestra ao mar), o co\u00f1ecido como cami\u00f1o dos Faros ao seu paso pola costa de Lires&#8230;, perm\u00edtenos gozar dunhas espectaculares paisaxes e dun rico patrimonio etnogr\u00e1fico e art\u00edstico. Na Costa da Morte hai infinidade de alternativas pero eu quedar\u00edame co litoral de Cee desde Brems ata Gures, pasando por Ameixenda, neste lugar temos unha das vistas panor\u00e1micas m\u00e1is impresionantes de Costa da Morte na que se vislumbra o cabo Fisterra ao fondo, o monte Pindo que parece querer precipitarse ao mar e as Illas Lobeiras e os Carrumeiros ao centro.\u00a0<\/p>\n<p>Sen ser Cee, qu\u00e9dome co Monte do Pindo e o impresionante litoral de Carnota, calquera recuncho deste litoral \u00e9 fermoso.\u00a0<\/p>\n<h3>Que lugar cres que \u00e9 o gran desco\u00f1ecido en Costa da Morte pero que ten un gran interese ou potencial?<\/h3>\n<p>Sen d\u00fabida, a parroquia de Ameixenda que engloba Gures e Caneli\u00f1as. Creo que agocha un rico patrimonio hist\u00f3rico-art\u00edstico e goza dunhas vistas privilexiadas sobre a r\u00eda e o Cabo Fisterra.<\/p>\n<h3>Onde atopamos a mellor posta de sol?<\/h3>\n<p>Cada rinc\u00f3n da nosa costa \u00e9 \u00fanico e todos te\u00f1en algo especial. O importante \u00e9 o que lle aporta cada un deses lugares \u00f3 visitante. Para min, \u00e9 Lires ese rinc\u00f3n especial, neste caso.\u00a0<\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Continuamos cas entrevistas aos concellos co\u00a0Concello de Cee. O concello de Cee as\u00f3mase ao mar por tres fragmentos de costa: a r\u00eda de Lires no noroeste, a praia de Estorde na enseada fisterr\u00e1 e, desde o mesmo Cee ata a enseada de O \u00ffzaro.\u00a0 Cee \u00e9 o punto esencial no Cami\u00f1o de Santiago a Fisterra [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":3982,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Entrevista a Margarita Lamela Louz\u00e1n, Alcaldesa de Cee - Costa da Morte","description":"Continuamos cas entrevistas aos concellos co\u00a0 Concello de Cee . O concello de Cee as\u00f3mase ao mar por tres fragmentos de costa: a r\u00eda de Lires no noroeste, a pra"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[105],"tags":[],"class_list":["post-4000","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-entrevistas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4000","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4000"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4000\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3982"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4000"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4000"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4000"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}