{"id":3997,"date":"2021-12-10T11:32:33","date_gmt":"2021-12-10T10:32:33","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/entrevista-jose-manuel-pequeno-castro-alcalde-dumbria"},"modified":"2024-11-06T06:57:06","modified_gmt":"2024-11-06T05:57:06","slug":"entrevista-jose-manuel-pequeno-castro-alcalde-dumbria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/entrevistas\/entrevista-jose-manuel-pequeno-castro-alcalde-dumbria","title":{"rendered":"Entrevista a Jos\u00e9 Manuel Peque\u00f1o Castro, Alcalde de Dumbr\u00eda"},"content":{"rendered":"<p>Continuamos cas entrevistas aos concellos co\u00a0<a href=\"https:\/\/www.dumbria.com\/?lang=es\">Concello de Dumbr\u00eda<\/a>. O concello de Dumbr\u00eda est\u00e1 situado no Cami\u00f1o de Santiago a Fisterra e Mux\u00eda, a uns setenta kil\u00f3metros de Santiago e pertence \u00e1 provincia de A Coru\u00f1a. \u00ff un concello simb\u00f3lico da comarca de Costa da Morte debido a que a desembocadura do seu principal r\u00edo, o \u00ffzaro, precip\u00edtase ao oc\u00e9ano Atl\u00e1ntico en forma de fervenza.<\/p>\n<p>Hoxe amos\u00e1mosvos o concello dende o punto de vista de Jos\u00e9 Manuel Peque\u00f1o Castro, Alcalde.\u00a0Deix\u00e1mosvos as mellores respostas:\u00a0<\/p>\n<h3>Que sentimentos esperta para ti Costa da Morte? Que significa para ti?<\/h3>\n<p>Costa da Morte \u00e9 liberdade, \u00e9 respirar\u00a0profundo e empaparte do seu lado salvaxe, \u00e9 un xeito distinto de entender a vida.<\/p>\n<p>Costa da Morte \u00e9 descubrir cada d\u00eda cami\u00f1os novos, paisaxes novas e moi diferentes entre si. \u00ff saborear lentamente cada bocado, e non s\u00f3 gastronomicamente falando sen\u00f3n en t\u00f3dolos sentidos da vida.<\/p>\n<h3>Tres motivos para descubrila<\/h3>\n<p>Gastronom\u00eda, paisaxe natural \u00fanica, e a s\u00faa diversidade e variedade a todos os niveis.<\/p>\n<h3>En qu\u00e9 \u00e9poca do ano che gusta m\u00e1is Costa da Morte e por que?<\/h3>\n<p>Dif\u00edcil escolla! Cada \u00e9poca ten o seu encanto. Recom\u00e9ndovos que nos visitedes en todas elas e elixades por v\u00f3s.<\/p>\n<p>A primavera \u00e9 a vida abr\u00edndose paso, o verde intenso, as cami\u00f1adas eternas.<\/p>\n<p>O ver\u00e1n tr\u00e1enos a cara doce da Costa da Morte, a froita nas hortas, as augas limpas, os paseos pola praia, o bulicio da xente nas r\u00faas.<\/p>\n<p>Do outono, qu\u00e9dome coas postas de sol, a ca\u00edda das follas na Carballeira de Berdeogas, menos masificaci\u00f3n; o bo tempo, xeralmente.<\/p>\n<p>E o inverno tr\u00e1enos as impresionantes imaxes da natureza da Costa da Morte no seu m\u00e1ximo esplendor, coa fereza das s\u00faas augas, das salgadas do oc\u00e9ano, pero tam\u00e9n das doces dos r\u00edos e fervenzas que atopamos a cada paso.<\/p>\n<h3>Para os turistas que se animan a visitarvos f\u00f3ra da tempada de ver\u00e1n, que experiencias non poden perderse?<\/h3>\n<ul>\n<li>Cami\u00f1ar entre a n\u00e9boa, facendo, por exemplo, o Cami\u00f1o polas Terras do V\u00e1kner.<\/li>\n<li>Gozar da fervenza do \u00ffzaro caendo salvaxe e plet\u00f3rica grazas \u00e1s chuvias.<\/li>\n<li>Desfrutar do ruxido do mar nun d\u00eda de temporal.<\/li>\n<li>Probar a nosa gastronom\u00eda de inverno, de pota, quente; e se \u00e9 ao car\u00f3n dunha lareira, xa ser\u00eda o summum de saborear un bo cocido.<\/li>\n<\/ul>\n<h3>Ademais da Fervenza do \u00ffzaro, que outros lugares ou experiencias non poden perderse?<\/h3>\n<ul>\n<li>Subir en bicicleta ao Miradoiro do \u00ffzaro.<\/li>\n<li>Ver a Fervenza do \u00ffzaro e o seu entorno nun paseo en kaiak.<\/li>\n<li>Facer unha merenda campestre na Carballeira de Berdeogas ou na \u00e1rea recreativa de Vilafern\u00e1ndez.<\/li>\n<li>Sentirte diminuto ante a impo\u00f1ente natureza e a altura de Ponte Pe\u00f3n, en San Crimenzo, mentres fas un ?selfie?, algo tan de moda hoxe.<\/li>\n<li>Visitar o cemiterio de cores de Dumbr\u00eda.<\/li>\n<li>Facer un tramo Cami\u00f1o, visitando Olveiroa.<\/li>\n<li>Sentarte ao p\u00e9s da Pedra Cabalgada do Brazal e admirar o poder do vento e a auga para labrar a pedra.<\/li>\n<\/ul>\n<h3>Galicia en xeral, e Costa da Morte en particular, son sin\u00f3nimo de boa comida, algunhas recomendaci\u00f3ns de pratos t\u00edpicos para descubrir Dumbr\u00eda mediante o padal?<\/h3>\n<p>Un bo cocido no inverno, a carne criada polos nosos gandeiros cos mellores produtos, unha caldeirada de peixe, as filloas e as orellas do entroido.<\/p>\n<p>Pero tam\u00e9n a nova coci\u00f1a que nos est\u00e1n achegando os restaurantes do noso concello, que te\u00f1en como base o produto local da mellor calidade e a innovaci\u00f3n, que nos fai descubrila con outros ollos, sen prexu\u00edzos.<\/p>\n<h3>Que vos contan os que vos visitan? Que \u00e9 o que m\u00e1is lles apaixona da s\u00faa estancia en Dumbr\u00eda? E de Costa da Morte?<\/h3>\n<p>O mimo e o coidado que po\u00f1emos en manter as nosas aldeas, co esforzo que iso nos sup\u00f3n, e a est\u00e9tica en xeral dos nosos n\u00facleos.<\/p>\n<p>Sorpr\u00e9ndense polo gran abano de recursos tur\u00edsticos, afastados da Costa, que descobren na s\u00faa visita e que fai que sexan conscientes da diversidade da Costa da Morte, dos contrastes entre as paisaxes mar\u00edtimas e as de interior, impo\u00f1entes por igual.<\/p>\n<h3>As t\u00faas tres praias favoritas en Costa da Morte? Por que esas? E para os amantes do surf e outras actividades n\u00e1utico-deportivas?<\/h3>\n<p>A do \u00ffzaro, non pode faltar nesta relaci\u00f3n por motivos obvios. \u00ff a sa\u00edda ao mar do concello de Dumbr\u00eda. Levamos m\u00e1is de 25 anos mantendo a Bandeira Azul e intentando ofrecerlle aos visitantes os servizos b\u00e1sicos para que gocen dela de maneira pracenteira.<\/p>\n<p>A de Carnota, porque \u00e9 a m\u00e1is longa de Galicia e permite paseos infinitos.<\/p>\n<p>A praia de Gures, en Cee, porque al\u00ed o ver\u00e1n empeza antes e remata despois, polo abrigada que \u00e9.<\/p>\n<p>Para o surf, Nemi\u00f1a e Razo-Baldaio.<\/p>\n<h3>Para os amantes do sendeirismo&#8230; cal recomendas no teu concello? E cal \u00e9 a t\u00faa preferida en Costa da Morte?<\/h3>\n<p>En Dumbr\u00eda, a ruta que atravesa todo o concello seguindo o curso do r\u00edo Xallas, desde o encoro da Fervenza, en Olveira, ata a mesma Fervenza do \u00ffzaro, onde morren as s\u00faas augas.<\/p>\n<p>Ao longo desta ruta podemos desfrutar da variedade de flora e fauna propia do encoro, na \u00e1rea recreativa de Vilafern\u00e1ndez; A Ponte Olveira, onde tivo lugar a gran batalla contra as tropas napole\u00f3nicas e onde a\u00ednda hoxe se conservan os postos de venda da antiga feira que al\u00ed se celebraba.<\/p>\n<p>Atravesa tam\u00e9n Olveiroa, cita indispensable dos peregrinos, coa s\u00faa arquitectura popular e o encanto das s\u00faas r\u00faas, que acollen tam\u00e9n locais onde degustar a boa gastronom\u00eda das nosas terras. Seguindo o Cami\u00f1o Xacobeo e desvi\u00e1ndonos uns metros antes de chegar ao Logoso, atoparemos a Pedra Cabalgada do Brazal, fen\u00f3meno natural que nunca defrauda.<\/p>\n<p>A ruta contin\u00faa seguindo as augas do Xallas por todo o val da parroquia de Buxantes. Al\u00ed destaca a fervenza de Xestosa, cos seus mu\u00ed\u00f1os; As Teixoeiras, que albergan algunhas das edificaci\u00f3ns m\u00e1is antigas do concello; o acueduto de Ponte Pe\u00f3n, que salva as augas do r\u00edo de San Crimenzo; para chegar ao encoro de Santa Ux\u00eda, ao miradoiro do \u00ffzaro e rematar a ruta desfrutando da fervenza do \u00ffzaro.<\/p>\n<p>E a maior ruta de sendeirismo da Costa da Morte, cos engadidos espirituais e persoais que a acompa\u00f1an, \u00e9, sen d\u00fabida, para min, o Cami\u00f1o.<\/p>\n<h3>Que lugar cres que \u00e9 o gran desco\u00f1ecido en Costa da Morte pero que ten un gran interese ou potencial?<\/h3>\n<p>Na mi\u00f1a opini\u00f3n, o gran desco\u00f1ecido da Costa da Morte \u00e9 toda ela en si.<\/p>\n<p>Quen viaxa a Galicia non o fai porque ve\u00f1a expresamente aqu\u00ed. Non saben de n\u00f3s, a\u00ednda que, co traballo de promoci\u00f3n que se leva facendo nos \u00faltimos anos, isto empeza a cambiar. En gran parte grazas ao Cami\u00f1o, que \u00e9 o noso mellor escaparate e a nosa mellor promoci\u00f3n.<\/p>\n<p>O viaxeiro v\u00e9n a Galicia e trae na mente desprazarse un d\u00eda a unha das cidades, ou \u00e1 Ribeira Sacra, ou \u00e1s R\u00edas Baixas; pero non nos trae a n\u00f3s en mente.<\/p>\n<p>Iso si, unha vez que nos atopa, repite. Adoita converterse nun visitante que volve porque descubre as bondades deste recuncho, a paisaxe, tanto de mar coma de interior, a gastronom\u00eda, a tranquilidade,&#8230;<\/p>\n<h3>Onde atopamos a mellor posta de sol?<\/h3>\n<p>A Posta de Sol con mai\u00fasculas \u00e9 a de Fisterra, a da fin da Terra, onde todo remata, onde todo chega ao seu fin, o d\u00eda, o Cami\u00f1o,&#8230;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Continuamos cas entrevistas aos concellos co\u00a0Concello de Dumbr\u00eda. O concello de Dumbr\u00eda est\u00e1 situado no Cami\u00f1o de Santiago a Fisterra e Mux\u00eda, a uns setenta kil\u00f3metros de Santiago e pertence \u00e1 provincia de A Coru\u00f1a. \u00ff un concello simb\u00f3lico da comarca de Costa da Morte debido a que a desembocadura do seu principal r\u00edo, o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":3976,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Entrevista a Jos\u00e9 Manuel Peque\u00f1o Castro, Alcalde de Dumbr\u00eda - Costa da Morte","description":"Continuamos cas entrevistas aos concellos co\u00a0 Concello de Dumbr\u00eda . O concello de Dumbr\u00eda est\u00e1 situado no Cami\u00f1o de Santiago a Fisterra e Mux\u00eda, a uns setenta k"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[105],"tags":[],"class_list":["post-3997","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-entrevistas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3997","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3997"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3997\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3976"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3997"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3997"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3997"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}