{"id":3995,"date":"2021-10-15T11:32:33","date_gmt":"2021-10-15T09:32:33","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/entrevista-juan-blanco-alcalde-mazaricos"},"modified":"2024-11-06T06:57:06","modified_gmt":"2024-11-06T05:57:06","slug":"entrevista-juan-blanco-alcalde-mazaricos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/entrevistas\/entrevista-juan-blanco-alcalde-mazaricos","title":{"rendered":"Entrevista a Juan Blanco, Alcalde de Mazaricos"},"content":{"rendered":"<p>Comezamos as entrevistas aos concellos con\u00a0<a href=\"http:\/\/www.concellomalpica.com\/es\/http:\/\/www.mazaricos.gal\/\">Concello de Mazaricos<\/a>. Mazaricos sit\u00faase ao Noroeste de Galicia, na zona suroeste da provincia de A Coru\u00f1a. Este concello ofrece a t\u00edpica paisaxe frondosa de Galicia.<\/p>\n<p>En Mazaricos p\u00f3dese gozar de actividades e paisaxes para todos os gustos, bosques, fervenzas e marabillosas construci\u00f3ns megal\u00edticas.<\/p>\n<p>Hoxe amos\u00e1mosvos o concello dende o punto de vista de Juan Blanco, Alcalde de Mazaricos. Deix\u00e1mosvos as s\u00faas mellores respostas:<\/p>\n<h3>Que sentimentos esperta para ti Costa da Morte? Que significa para ti?<\/h3>\n<p>Hai xente que ven \u00e1 Costa da Morte con aquela idea dos romanos de que nela acaba o mundo, de que o sol se pon nas augas e m\u00e1is al\u00e1 non hai nada. \u00ff unha visi\u00f3n moi rom\u00e1ntica pero n\u00f3s temos outra distinta e non menos literaria: para n\u00f3s non \u00e9 un lugar onde acaba sen\u00f3n onde est\u00e1 o mundo. O noso mundo. \u00ff unha contorna que co\u00f1ecemos ben, afastada dos grandes circu\u00edtos tur\u00edsticos e cunha personalidade moi marcada que v\u00e9n dada polas nosas paisaxes, polo noso clima e mesmo pola nosa forma de habitar o territorio. Cant\u00eds abraiantes, pero tam\u00e9n chairas verdes, montes rochosos, pi\u00f1eirais fungando, carballeiras antigu\u00edsimas, aldeas monumentais&#8230; Curiosamente, algunhas das zonas que m\u00e1is paga a pena co\u00f1ecer da Costa da Morte est\u00e1n no interior da mesma.<\/p>\n<h3>Tres motivos para descubrila.<\/h3>\n<p>Contalo antes ca ningu\u00e9n: seguro que moitos turistas co\u00f1ecen as R\u00edas Baixas, pero cantos se animan a ir m\u00e1is ao norte?<\/p>\n<p>A gastronom\u00eda, que \u00e9 moi ?aut\u00e9ntica?, con produtos de aqu\u00ed ao xeito de sempre.<\/p>\n<p>E as nosas paisaxes imbatibles.<\/p>\n<h3>En qu\u00e9 \u00e9poca do ano che gusta m\u00e1is Costa da Morte e por que?<\/h3>\n<p>O final do ver\u00e1n e o comezo do outono, cando o tempo a\u00ednda acompa\u00f1a e non vai moita calor nin chove demasiado. Setembro \u00e9 un mes ideal para un turismo m\u00e1is repousado e menos masificado.<\/p>\n<h3>Para os turistas que se animan a visitarvos f\u00f3ra da tempada de ver\u00e1n, que experiencias non poden perderse?<\/h3>\n<p>Sen d\u00fabida o sendeirismo. Tam\u00e9n temos rutas que se prestan para a bicicleta, e de feito celebramos unha ruta BTT moi concorrida anualmente.<\/p>\n<h3>Ademais da fervenza de Chaz\u00edn, que outros lugares ou experiencias non poden perderse?<\/h3>\n<p>O resto de fervenzas de Mazaricos, que son unhas cantas. A da Noveira, un espect\u00e1culo de rocha e auga. A de Gosolfre, nunha contorna natural de denso bosque atl\u00e1ntico. A do F\u00edrvado, onde sentarse no columpio para desfrutar do lugar. Ou a de Santa Locaia, co seu misterioso ?pozo das camp\u00e1s?.<\/p>\n<h3>Galicia en Xeral, e Costa da Morte en particular, son sin\u00f3nimo de boa comida, algunhas recomendaci\u00f3ns de pratos t\u00edpicos para descubrir Mazaricos mediante o padal?<\/h3>\n<p>Carne e pan. Mazaricos \u00e9 un concello eminentemente agrogandeiro e iso n\u00f3tase nos nosos principais produtos. Somos o principal produtor leiteiro de Galicia e, vinculado tam\u00e9n \u00e1 gandar\u00eda vac\u00faa, un produtor de carne excepcional. Unha costeleta de Mazaricos non se esquece r\u00e1pido.<\/p>\n<p>Como non pod\u00eda ser doutro xeito, esta importancia da gander\u00eda trae consigo a do cereal. Nos campos de Mazaricos reinan o trigo e o millo. O noso pan \u00e9 moi famoso f\u00f3ra do municipio. Elab\u00f3rase artesanalmente, en forno de le\u00f1a, e a partir dunha variedade moi caracter\u00edstica de trigo do pa\u00eds que lle d\u00e1 non s\u00f3 un sabor sen\u00f3n tam\u00e9n unha cor especiais. O pan de Mazaricos dist\u00ednguese co padal pero tam\u00e9n co ollo.<\/p>\n<p>Ao igual que somos expertos en pan, s\u00f3molo tam\u00e9n en produtos relacionados como as empanadas. Unha empanada de zamburi\u00f1as con masa de millo feita en Mazaricos \u00e9 outra cousa.<\/p>\n<p>E non podemos esquecer o noso tradicional bolo de pote. Un produto do que se fixo eco a mesma Rosal\u00eda de Castro e que exaltamos anualmente nunha celebraci\u00f3n que retomaremos cando a pandemia nolo permita e que xunta a centos de persoas, veci\u00f1os e visitantes, na Picota.<\/p>\n<h3>Que vos contan os que vos visitan? Que \u00e9 o que m\u00e1is lles apaixona da s\u00faa estancia en Mazaricos? E de Costa da Morte?<\/h3>\n<p>O pr\u00f3ximo que est\u00e1 de todo.\u00a0 A un paso de Santiago ou da Coru\u00f1a, para quen quere co\u00f1ecer as cidades galegas. Pegado tam\u00e9n \u00e1s R\u00edas Baixas, un destino moi habitual dos visitantes. Neste ano Xacobeo unha visita a Mazaricos complementa moi ben unha viaxe a Santiago. \u00ff unha forma de sa\u00edr dos grandes circu\u00edtos tur\u00edsticos e ver ?a aut\u00e9ntica Galicia?. Iso \u00e1 xente que nos visita g\u00fastalle.<\/p>\n<h3>As t\u00faas tres praias favoritas en Costa da Morte? Por que esas? E para os amantes do surf e outras actividades n\u00e1utico-deportivas?<\/h3>\n<p>Xa comentei que a Costa da Morte tam\u00e9n ten moito interior para ver. Tam\u00e9n en praias. A praia fluvial da Pontenova \u00e9 un espazo onde desfrutar dun bo ba\u00f1o no r\u00edo, tomar o sol na herba ou mesmo desfrutar dunha boa comida no espazo habilitado como merendeiro. Para o ba\u00f1o tam\u00e9n temos unha estupenda piscina municipal de acceso gratu\u00edto. E, f\u00f3ra de Mazaricos, non podemos obviar uns lugares como as praias do \u00ffzaro ou de Carnota, claro, tan preto do Pindo que para Mazaricos \u00e9 unha ?fronteira? co mar.<\/p>\n<h3>Para os amantes do sendeirismo&#8230; cal recomendas no teu concellos? E cal \u00e9 a t\u00faa preferida en Costa da Morte?<\/h3>\n<p>En breve imos ter unha ruta espectacular polo r\u00edo Xallas que unir\u00e1 Zas e Santa Comba con Mazaricos. Vai ser unha ruta moi atractiva, pero para ir prepar\u00e1ndose temos unhas cantas sen sa\u00edr do noso municipio. Ademais da das fervenzas, est\u00e1 a ornitol\u00f3xica. Nada menos que 26 quil\u00f3metros que percorre puntos ideais para a observaci\u00f3n de aves que ani\u00f1an aqu\u00ed e mesmo est\u00e1n en perigo de extinci\u00f3n, como o corvo cristado mari\u00f1o. Para quen queira co\u00f1ecer o noso patrimonio, a ruta das feiras vellas \u00e9 un destino a ter en conta. Percorre os lugares hist\u00f3ricos das feiras de Mazaricos, entre a capela da Romaxe e a ponte romana de Ponteolveira, fronteira con Dumbr\u00eda. \u00ff tan antiga que xa na primeira metade do s\u00e9culo XIX a recolle a Carta Xeom\u00e9trica de Galicia de Domingo Font\u00e1n. E non esquezo o Cami\u00f1o de Santiago, con d\u00faas variantes en Mazaricos.<\/p>\n<h3>Que lugar cres que \u00e9 o gran desco\u00f1ecido en Costa da Morte pero que ten un gran interese ou potencial?<\/h3>\n<p>Pois a devesa de Anllares, outra das riquezas do interior da Costa da Morte. \u00ff o bosque aut\u00f3ctono m\u00e1is occidental de Galicia e un dos m\u00e1is importantes.<\/p>\n<h3>Onde atopamos a mellor posta de sol?<\/h3>\n<p>Pois no miradoiro do Enxilde, claro! Ch\u00e1mase tam\u00e9n do Padre Sarmiento porque dende al\u00ed describiu o famoso ilustrado o Monte Pindo. \u00ff espectacular ver o solpor por detr\u00e1s do monte e sobre as augas do encoro de Santa Ux\u00eda. Desde al\u00ed vese claramente ata Fisterra mentres se vai apagando o d\u00eda. Non se d\u00e1 contado, haino que ver.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Comezamos as entrevistas aos concellos con\u00a0Concello de Mazaricos. Mazaricos sit\u00faase ao Noroeste de Galicia, na zona suroeste da provincia de A Coru\u00f1a. Este concello ofrece a t\u00edpica paisaxe frondosa de Galicia. En Mazaricos p\u00f3dese gozar de actividades e paisaxes para todos os gustos, bosques, fervenzas e marabillosas construci\u00f3ns megal\u00edticas. Hoxe amos\u00e1mosvos o concello dende o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":3972,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Entrevista a Juan Blanco, Alcalde de Mazaricos - Costa da Morte","description":"Comezamos as entrevistas aos concellos con\u00a0 Concello de Mazaricos . Mazaricos sit\u00faase ao Noroeste de Galicia, na zona suroeste da provincia de A Coru\u00f1a. Este co"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[105],"tags":[],"class_list":["post-3995","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-entrevistas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3995","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3995"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3995\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3972"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3995"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3995"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3995"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}