{"id":3994,"date":"2021-10-22T11:32:33","date_gmt":"2021-10-22T09:32:33","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/sin-categorizar\/entrevista-patricia-trasmonte-martinez-tecnica-turismo-corcubion"},"modified":"2024-11-06T06:57:06","modified_gmt":"2024-11-06T05:57:06","slug":"entrevista-patricia-trasmonte-martinez-tecnica-turismo-corcubion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/entrevistas\/entrevista-patricia-trasmonte-martinez-tecnica-turismo-corcubion","title":{"rendered":"Entrevista a Patricia Trasmonte Mart\u00ednez, T\u00e9cnica de Turismo de Corcubi\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>Continuamos cas entrevistas aos concellos co\u00a0<a href=\"http:\/\/www.corcubion.gal\/es\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Concello de Corcubi\u00f3n<\/a>. Corcubi\u00f3n est\u00e1 situado en Galicia, actual Comunidade Aut\u00f3noma espa\u00f1ola ubicada no noroeste da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica, onde antigamente localizouse a Gallaecia romana e posteriormente, entre os anos 409 e 1833, o Reino de Galicia.<\/p>\n<p>Galicia pertence tam\u00e9n \u00e1\u00a0<a title=\"Comunidad de trabajo: Galicia - Norte de Portugal\" href=\"http:\/\/www.galicia-nortept.org\/\">eurorrexi\u00f3n Galicia-Norte de Portugal<\/a>.<\/p>\n<p>A R\u00eda de Corcubi\u00f3n, na que se localiza o m\u00edtico cabo de Fisterra, \u00e9 a m\u00e1is alta das R\u00edas Baixas e forma parte da denominada Costa da Morte. A forma m\u00e1is c\u00f3moda de chegar a Corcubi\u00f3n \u00e9 desde Santiago de Compostela (capital de Galicia) ou desde A Coru\u00f1a.<\/p>\n<div>Hoxe amos\u00e1mosvos o concello desde o punto de vista de Patricia Trasmonde Mart\u00ednez, T\u00e9cnica de Turismo. Nada en Corcubi\u00f3n, a\u00ednda que os seus pais non son deste concello, sen\u00f3n do concello de Mux\u00eda. \u00ff a pequena de catro irm\u00e1ns e a \u00fanica deles nacida en Corcubi\u00f3n. Coma moitos outros veci\u00f1os da Costa da Morte, seus pais emigraron a Su\u00edza onde estiveron uns anos para despois volver \u00e1 s\u00faa terra, escollendo Corcubi\u00f3n como o seu lugar de residencia e onde abriron o seu negocio, un pequeno supermercado no que traballaron durante 30 anos.\u00a0<\/div>\n<div>\n<p>En Corcubi\u00f3n \u00e9 onde medrou, ata que con 18 anos marchou estudar a Vigo. Tras un ano nesta cidade trasladouse \u00e1 Coru\u00f1a para cursar a Diplomatura en Turismo, remat\u00e1ndoa no ano 2010, tras unha estancia de 5 meses no <em>Instituto Superior de L\u00ednguas e Administra\u00e7\u00e3o<\/em>, en Lisboa. Pouco despois cursou o M\u00e1ster en Profesorado na Universidade da Coru\u00f1a para poder optar \u00e1 preparaci\u00f3n dunhas oposici\u00f3ns e poder dedicarse alg\u00fan d\u00eda \u00e1 ensinanza (algo polo que tivo predilecci\u00f3n desde pequena). Posteriormente, cursou tam\u00e9n o M\u00e1ster en Planificaci\u00f3n e Xesti\u00f3n de Destinos e Produtos Tur\u00edsticos, tam\u00e9n na Universidade da Coru\u00f1a.<\/p>\n<p>Entre os anos 2011 e 2016 viviu na Coru\u00f1a traballando f\u00f3ra do \u00e1mbito do turismo, nunha ocupaci\u00f3n que lle permitise traballar e estudar ao mesmo tempo. Ata que en 2016 regresou a Corcubi\u00f3n xa para quedar. Tivo a sorte de poder comezar a traballar no ver\u00e1n de 2016 como T\u00e9cnico de Turismo no Concello de Corcubi\u00f3n e, por sorte, excepto no ano 2019, seguiu o resto dos anos ata o actual desempe\u00f1ando ese mesmo posto (a\u00ednda que non de forma continua).<\/p>\n<p>As s\u00faas funci\u00f3ns neste emprego son as de atenci\u00f3n a visitantes e peregrinos na Oficina de Turismo da vila, levando a cabo as tarefas propias da mesma como son a atenci\u00f3n presencial, telef\u00f3nica e por correo electr\u00f3nico tanto de visitantes e peregrinos ou calquera outra persoa que queira consultar alg\u00fan tipo de informaci\u00f3n; a elaboraci\u00f3n de estat\u00edsticas, de material divulgativo, dos horarios de autob\u00fas, de museos, dos establecementos de aloxamento e restauraci\u00f3n&#8230; Todo o relacionado con dar informaci\u00f3n tanto do seu municipio coma dos demais concellos que conforman a Costa da Morte, ademais de traballar na realizaci\u00f3n de actividades de divulgaci\u00f3n cultural do seu Concello, como o dese\u00f1o e realizaci\u00f3n das visitas guiadas polo conxunto hist\u00f3rico-art\u00edstico de Corcubi\u00f3n que se ve\u00f1en realizando desde o 2018.<\/p>\n<\/div>\n<div>Deix\u00e1mosvos as s\u00faas mellores respostas:<\/div>\n<div>\n<h3>Que sentimentos esperta para ti Costa da Morte? Que significa para ti?<\/h3>\n<p>Para min a Costa da Morte \u00e9 calidade de vida. M\u00e1is a\u00ednda cando, coma no meu caso, tes fillos. Poder criarse e medrar aqu\u00ed \u00e9 un privilexio. A nivel persoal, despois de vivir nas cidades de Vigo, A Coru\u00f1a e Lisboa por estudos e na Coru\u00f1a por traballo, non cambiar\u00eda Corcubi\u00f3n e a Costa da Morte pola vida nunha cidade. E con m\u00e1is motivo tendo en conta que en Corcubi\u00f3n e Cee dispo\u00f1emos de todos os servizos e temos A Coru\u00f1a e Santiago de Compostela a unha hora de cami\u00f1o.<\/p>\n<p>A Costa da Morte \u00e9, como dixen, calidade de vida. Pero tam\u00e9n \u00e9 tranquilidade, paz, calma, familia, amigos, morri\u00f1a&#8230; A nivel persoal, lembro como na mi\u00f1a \u00e9poca de estudante cando chegaba o venres o ritual era, unha vez rematadas as clases, coller ruta de volta a casa na fin de semana. E o mesmo ocorr\u00eda no meu entorno m\u00e1is pr\u00f3ximo: a fin de semana era para estar na casi\u00f1a, coa familia e cos amigos. Isto \u00e9 algo que a\u00ednda se ve hoxe en d\u00eda: a excepci\u00f3n do ver\u00e1n (sobre todo os meses de xullo e agosto, que \u00e9 cando m\u00e1is visitantes temos e vemos que aumenta a poboaci\u00f3n nas nosas vilas) o resto do ano entre semana non hai demasiado movemento na vila, pero de venres a domingo temos un ambiente na vila que non s\u00f3 se debe a que sexan os d\u00edas nos que a xente est\u00e1 m\u00e1is libre do seu traballo, sen\u00f3n tam\u00e9n a que veci\u00f1os de Corcubi\u00f3n por estudos e traballo est\u00e1n f\u00f3ra da vila volven a ela nas fins de semana ou cando as s\u00faas obrigas llo permiten. E xa non falemos do ver\u00e1n&#8230; con todas as festas que hai por toda a Costa da Morte (falo de antes da COVID-19), destacando, para min, as festas de campo.<\/p>\n<p>Persoalmente, a Costa da Morte para min \u00e9 sin\u00f3nimo de fogar.<\/p>\n<h3>Tres motivos para descubrila<\/h3>\n<ul>\n<li>Gastronom\u00eda.<\/li>\n<li>Paisaxe.<\/li>\n<li>Desconexi\u00f3n da rutina.<\/li>\n<\/ul>\n<h3>En qu\u00e9 \u00e9poca do ano che gusta m\u00e1is Costa da Morte e por que?<\/h3>\n<p>G\u00fastame en todas as \u00e9pocas do ano, pero eu non son moito de praia, polo que g\u00fastame m\u00e1is en outono e primavera, ou incluso no inverno m\u00e1is que no ver\u00e1n. Non quero dicir que non me guste no ver\u00e1n, que si que me gusta porque a temperatura \u00e9 moito m\u00e1is agradable, porque \u00e9 a \u00e9poca do ver\u00e1n cando que se celebran m\u00e1is festas (das que me gustan m\u00e1is as de campo) e porque os d\u00edas son m\u00e1is longos e podes aproveitalos m\u00e1is para visitar sitios, facer rutas ou tomar algo\/cear nunha terraza. Pero o outono, para min, \u00e9 unha \u00e9poca m\u00e1is tranquila, bonita para facer algunha ruta a p\u00e9 por calquera lugar da Costa da Morte, xa non hai aglomeraci\u00f3ns de xente nos puntos m\u00e1is co\u00f1ecidos&#8230; E para min, que agora vou cun neno que a\u00ednda non ten 3 anos a todos os sitios, dir\u00eda que \u00e9 a mellor \u00e9poca para percorrer a Costa da Morte pola tranquilidade que nos ofrece.<\/p>\n<h3>Para os turistas que se animan a visitarvos f\u00f3ra da tempada de ver\u00e1n, que experiencias non poden perderse?<\/h3>\n<ul>\n<li>Unha ruta a p\u00e9 polos espazos naturais de calquera dos Concellos da Costa da Morte.<\/li>\n<li>Degustar un bo cocido galego nun d\u00eda de inverno.<\/li>\n<li>Un paseo polo conxunto hist\u00f3rico de Corcubi\u00f3n.<\/li>\n<li>Ata en d\u00edas de vento ou se hai algo de temporal \u00e9 moi bonito ver romper o mar na costa de Mux\u00eda.<\/li>\n<li>Ver unha posta de sol.<\/li>\n<\/ul>\n<h3>Ademais do faro da illa Lobeira, que outros lugares ou experiencias non poden perderse?<\/h3>\n<ul>\n<li>Unha posta de sol desde Redonda.<\/li>\n<li>Un paseo dese a igrexa de San Pedro de Redonda ata o Cabo da Nasa, onde se atopa o noso banco azul desde onde ver o Cabo Fisterra, a illa Lobeira ou o faro do Carrumeiro Chico.<\/li>\n<li>Un percorrido polos arredores da vila de Corcubi\u00f3n, desde onde se pode apreciar unha voa vista da r\u00eda de Corcubi\u00f3n.<\/li>\n<\/ul>\n<h3>Galicia en Xeral, e Costa da Morte en particular, son sin\u00f3nimo de boa comida, algunhas recomendaci\u00f3ns de pratos t\u00edpicos para descubrir Corcubi\u00f3n mediante o padal?<\/h3>\n<p>Nos establecementos de restauraci\u00f3n de Corcubi\u00f3n poderemos degustar ricos pratos de peixe e marisco, algo com\u00fan en todas as vilas da Costa da Morte. Pero, ademais, tam\u00e9n poderemos tomar unha saborosa tortilla de patacas e outros pratos como polbo \u00e1 feira, calamares fritos ou raxo e zorza. E moitas m\u00e1is cousas que seguro non defraudan, como por exemplo un cocido ou as orellas e filloas do Entroido. Se aqu\u00ed por comer&#8230; comemos moi ben!<\/p>\n<h3>Que vos contan os que vos visitan? Que \u00e9 o que m\u00e1is lles apaixona da s\u00faa estancia en Corcubi\u00f3n? E de Costa da Morte?<\/h3>\n<p>En xeral comentan o preciosa que \u00e9 toda a Costa da Morte, as fermosas praias que temos e as impresionantes vistas que se aprecian desde moitos dos lugares que visitan. O tema da gastronom\u00eda tam\u00e9n \u00e9 de destacar, pois todos os nosos visitantes coinciden en destacar a boa gastronom\u00eda que temos, o ben que comen en xeral e a boa relaci\u00f3n calidade-prezo dos establecementos da Costa da Morte.<\/p>\n<p>De Corcubi\u00f3n destacan o bonita que \u00e9 a entrada na vila, bordeando a r\u00eda que est\u00e1 chea de pequenas embarcaci\u00f3ns. E todos destacan o marabillosa que \u00e9 a Igrexa de San Marcos as\u00ed como as diferentes casas se\u00f1oriais que se poden ver facendo un percorrido por Corcubi\u00f3n. En xeral coinciden en que Corcubi\u00f3n ten un conxunto hist\u00f3rico ben conservado e, con ser unha vila das m\u00e1is pequena, par\u00e9celles que \u00e9 a que m\u00e1is encanto ten en conxunto.<\/p>\n<h3>As t\u00faas tres praias favoritas en Costa da Morte? Por que esas? E para os amantes do surf e outras actividades n\u00e1utico-deportivas?<\/h3>\n<p>Persoalmente, e pola mi\u00f1a situaci\u00f3n, a mi\u00f1a favorita \u00e9 a de Quenxe, en Corcubi\u00f3n, pois no meu caso, e vivindo aqu\u00ed cun neno de 2 anos \u00e9 \u00e1 que podo chegar cami\u00f1ando en 10 minutos desde o centro da vila, aproveitando para facer o percorrido polo paseo mar\u00edtimo e sen necesidade de coller o coche. Ademais, tr\u00e1tase dunha praia de r\u00eda moi resgardada que para ir con nenos pequenos non ten ning\u00fan perigo.<\/p>\n<p>Outra das que me gusta \u00e9 a de Estorde, tam\u00e9n pola s\u00faa proximidade a Corcubi\u00f3n ou Gures, a que en d\u00edas con vento \u00e9 moi resgardada. A\u00ednda que estas praias son moi bonitas e est\u00e1n moi ben para o ba\u00f1o \u00e9 dif\u00edcil dicir cales son as favoritas ou escoller tres, pois temos moitas praias moi fermosas \u00e1s que poder ir a\u00ednda que sexan m\u00e1is perigosas para o ba\u00f1o, como por exemplo a Praia do Rostro.<\/p>\n<p>Por destacar destacar\u00edaas todas: a praia de Carnota, a de Nemi\u00f1a, Os Mu\u00ed\u00f1os, Trece, Traba de Laxe&#8230; e seguir\u00eda coa lista, porque todas te\u00f1en o seu encanto.<\/p>\n<p>Para a pr\u00e1ctica do surf destacar\u00eda a Praia de Nemi\u00f1a, a\u00ednda que tam\u00e9n en Mar de F\u00f3ra se practica e xa m\u00e1is arriba, en Carballo, a de Razo.<\/p>\n<h3>Para os amantes do sendeirismo&#8230; cal recomendas no teu concello? E cal \u00e9 a t\u00faa preferida en Costa da Morte?<\/h3>\n<p>En Corcubi\u00f3n a que fago con m\u00e1is frecuencia \u00e9 o percorrido que vai dende Corcubi\u00f3n polo paseo mar\u00edtimo ata Quenxe, de a\u00ed ao Faro de Corcubi\u00f3n, a Redonda e ao Vilar, para despois volver de novo \u00e1 vila baixando dende ao Vilar polo Cami\u00f1o de Santiago a Fisterra (en sentido inverso).<\/p>\n<p>Outra das que me gustan pr\u00f3ximas a Corcubi\u00f3n \u00e9 a da Meigha Lirea, que comeza en Lires (Cee). E como non, a subida ao Monte Pindo desde O Fieiro. Tam\u00e9n te\u00f1o pendente de facer a Ruta da Auga de Zas, moi recomendada por co\u00f1ecidos que xa a fixeron e a cal te\u00f1o na lista de cousas pendentes.<\/p>\n<h3>Que lugar cres que \u00e9 o gran desco\u00f1ecido en Costa da Morte pero que ten un gran interese ou potencial?<\/h3>\n<p>Dentro do Concello de Corcubi\u00f3n dir\u00eda que \u00e9 a zona de costa entre o Faro do Cabo Cee e Redonda e Amarela que se pode facer a p\u00e9, a\u00ednda que de momento non hai un itinerario sinalizado. O que quero dicir con isto \u00e9 que Corcubi\u00f3n \u00e9 m\u00e1is co\u00f1ecido polo seu conxunto hist\u00f3rico-art\u00edstico e os que visitan a vila ve\u00f1en m\u00e1is coa idea de ver a s\u00faa parte hist\u00f3rica, pero tam\u00e9n no noso municipio temos unha parte de costa que se pode percorrer a p\u00e9 e que, de forma xeral, non \u00e9 tan co\u00f1ecida como outras zonas costeiras dos arredores.<\/p>\n<p>Xa en conxunto, de forma xeral, penso que as zonas m\u00e1is desco\u00f1ecidas da Costa da Morte son as dos municipios de interior. Polo menos esa \u00e9 a sensaci\u00f3n que te\u00f1o dos visitantes que pasan por Corcubi\u00f3n e que demandan m\u00e1is ver lugares de costa e facer rutas a p\u00e9 de mar, cando en moitos lugares de interior hai bonitas paisaxes con pequenas fervenzas e cami\u00f1os para facer a p\u00e9 (Mazaricos, Zas, Coristanco, Carballo&#8230;) ou paseos fluviais como o de Gabenlle, na Laracha. Isto \u00e9 a mi\u00f1a opini\u00f3n base\u00e1ndome nas persoas que demandan informaci\u00f3n na Oficina de Turismo de Corcubi\u00f3n.<\/p>\n<h3>Onde atopamos a mellor posta de sol?<\/h3>\n<p>Sendo o Cabo Touri\u00f1\u00e1n o punto m\u00e1is occidental \u00e9 moi recomendable ver a posta de sol dende al\u00ed. A mi\u00f1a experiencia al\u00ed foi fant\u00e1stica, nunha tarde de finais de ver\u00e1n e con moi pouca xente (haber\u00eda 4 coches, non m\u00e1is). Un lugar cunha tranquilidade e unha paisaxe inmellorables.<\/p>\n<p>Sen quitar m\u00e9rito a outros lugares, como o Cabo Fisterra ou Lires, desde onde tam\u00e9n se pode ver unha posta de sol marabillosa, tam\u00e9n en Corcubi\u00f3n temos o Lugar de Redonda desde onde ver a posta de sol \u00e9 algo que se aconsella experimentar.<\/p>\n<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Continuamos cas entrevistas aos concellos co\u00a0Concello de Corcubi\u00f3n. Corcubi\u00f3n est\u00e1 situado en Galicia, actual Comunidade Aut\u00f3noma espa\u00f1ola ubicada no noroeste da Pen\u00ednsula Ib\u00e9rica, onde antigamente localizouse a Gallaecia romana e posteriormente, entre os anos 409 e 1833, o Reino de Galicia. Galicia pertence tam\u00e9n \u00e1\u00a0eurorrexi\u00f3n Galicia-Norte de Portugal. A R\u00eda de Corcubi\u00f3n, na que se [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":7,"featured_media":3970,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_angie_page":false,"slim_seo":{"title":"Entrevista a Patricia Trasmonte Mart\u00ednez, T\u00e9cnica de Turismo de Corcubi\u00f3n - Costa da Morte","description":"Continuamos cas entrevistas aos concellos co\u00a0 Concello de Corcubi\u00f3n . Corcubi\u00f3n est\u00e1 situado en Galicia, actual Comunidade Aut\u00f3noma espa\u00f1ola ubicada no noroeste"},"page_builder":"","footnotes":""},"categories":[105],"tags":[],"class_list":["post-3994","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-entrevistas"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3994","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/7"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3994"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3994\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3970"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3994"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3994"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3994"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}