{"id":63309,"date":"2024-07-11T21:30:55","date_gmt":"2024-07-11T19:30:55","guid":{"rendered":"https:\/\/great-goldberg.213-199-36-195.plesk.page\/post\/arquina-de-vilaseco-vimianzo"},"modified":"2024-11-29T18:57:36","modified_gmt":"2024-11-29T17:57:36","slug":"arquina-de-vilaseco-vimianzo","status":"publish","type":"contenido","link":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/post\/arquina-de-vilaseco-vimianzo","title":{"rendered":"Arqui\u00f1a de Vilaseco (Vimianzo)"},"content":{"rendered":"<h2>O t\u00famulo que agocha un dolmen<\/h2>\n<p> Protexida por un enorme t\u00famulo de terra, que alcanza case os 40 metros de di\u00e1metro, at\u00f3pase a Arqui\u00f1a de Vilaseco. Deste dolme, que poder\u00eda ser un dos m\u00e1is grandes da Costa da Morte, apenas se pode ver a parte superior dunha c\u00e1mara poligonal, con catro laxes de pedra, parte do corredor orientado ao sueste e unha das s\u00faas tapas de cobertura. En calquera caso, o feito de que o meg\u00e1lito a\u00ednda se encontre baixo terra suxire unha boa conservaci\u00f3n, que quizais futuras escavaci\u00f3ns arqueol\u00f3xicas poidan confirmar. Un elemento interesante \u00e9 o muro de pedra divisorio de predios colindantes que pasa xusto por enriba da Arqui\u00f1a. Esta circunstancia rep\u00edtese noutros monumentos do territorio como Pedra Cuberta, Chan das Embarradas ou Arca do Rab\u00f3s. Isto f\u00e1lanos de que os t\u00famulos e d\u00f3lmenes continuaron utiliz\u00e1ndose para fins distintos aos funerarios moito despois da desaparici\u00f3n das sociedades que os constru\u00edron. Os meg\u00e1litos non s\u00f3 foron fonte de lendas e mitos para a sociedade tradicional galega, sen\u00f3n que tam\u00e9n se utilizaron para marcar os l\u00edmites de parroquias, predios, coutos&#8230; Durante a Idade Media, existen en Galicia un gran n\u00famero de documentos como os contratos agrarios, vendas de terras&#8230; que fan referencia aos monumentos megal\u00edticos como marcos territoriais. Cando se fixaban as lindes, sempre se utilizaban elementos fixos na paisaxe, como r\u00edos, cami\u00f1os ou monta\u00f1as, pero tam\u00e9n xacementos arqueol\u00f3xicos como t\u00famulos, d\u00f3lmenes, castros e mesmo petr\u00f3glifos.        <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O t\u00famulo que agocha un dolmen Protexida por un enorme t\u00famulo de terra, que alcanza case os 40 metros de di\u00e1metro, at\u00f3pase a Arqui\u00f1a de Vilaseco. Deste dolme, que poder\u00eda ser un dos m\u00e1is grandes da Costa da Morte, apenas se pode ver a parte superior dunha c\u00e1mara poligonal, con catro laxes de pedra, parte [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"featured_media":17524,"template":"","concellos-contenido":[329],"categorias-contenido":[245,253,411],"class_list":["post-63309","contenido","type-contenido","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","concellos-contenido-vimianzo-gl","categorias-contenido-cultura-e-historia-gl","categorias-contenido-megalitismo-gl","categorias-contenido-prehistoria-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/contenido\/63309","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/contenido"}],"about":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/contenido"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/17524"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=63309"}],"wp:term":[{"taxonomy":"concellos-contenido","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/concellos-contenido?post=63309"},{"taxonomy":"categorias-contenido","embeddable":true,"href":"https:\/\/visitacostadamorte.com\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categorias-contenido?post=63309"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}