X

A CMAT pon en marcha o I Concurso Fotográfico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe

A CMAT pon en marcha o I Concurso Fotográfico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) convoca este certame de fotografía para potenciar o territorio a través da óptica da xente que visita a Costa da Morte

O concurso xa está en marcha a través de Instagram e durará ata o 30 de outubro deste 2024 ás 23:59

ZAS, 25/06/2024. A Asociación de Turismo da Costa da Morte (CMAT), co apoio da Deputación da Coruña, organiza o «I Concurso Fotográfico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe». Un concurso dirixido a calquer persoa para poñer en valor o territorio e dar a coñecer os diferentes lugares e recursos da Costa da Morte.

Para participar neste concurso, será necesario facelo a través dunha conta de Instagram pública. Deste xeito, a CMAT espera que as persoas interactúen a través das redes sociais compartindo momentos, experiencias e reunchos especiais da Costa da Morte.

Temática do I Concurso Fotográfico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe

A temática debe axustarse ao nome do concurso: Naturalmente salvaxe. Isto implica que a fotografía presentada debe resaltar a Costa da Morte como un destino aínda con moito que descubrir, sen masificacións e destacando ese carácter tan propio deste territorio.

Esta temática busca, precisamente, poñer o foco na condición natural e salvaxe da paisaxe, tanto no interior como no litoral. Flora, fauna, actividades deportivas, paisaxes. Todo o que estea relacionado coa idea do Naturalmente Salvaxe, cabe neste concurso. Ademais, a fotografía pode utilizar calquera técnica e formato.

Participación no I Concurso Fotográfico Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe

O concurso xa está en marcha e durará ata o 30 de outubro de 2024 ás 23:59. Ademais, haberá dous categorías de premios. A primeira será a do Premio do Público, que será para a fotografía que, a 31 de outubro de 2024 ás 00 horas, conte con máis “gústame” na publicación de Instagram coa que participou. A segunda, será o Premio do Xurado, que sairá dun grupo de persoas elixidas a tal efecto e que se fará público máis adiante.

Os premios entregaranse no IV Encontro de Turismo da Costa da Morte, ao que serán convidadas todas as persoas finalistas.

Bases e requisitos para participar

As Bases completas do concurso e todos os requisitos para poder participar atópanse na seguinte ligazón: https://www.visitacostadamorte.com/ga/cmat/bases-legales-concurso-naturalmente-salvaxe-2024

Arquivado en:

Novas