X

XV Xornadas Micolóxicas en Carballo

12/10/2024 - 27/10/2024

Carballo

XV Xornadas Micolóxicas en Carballo

Concellaría de Medio Ambiente de Carballo e a Asociación Cultural Lumieira volven colaborar para seguir promovendo a cultura micolóxica entre a veciñanza con saídas ao monte, sesións de clasificación e catalogación, exposición, showcooking e degustación.

Carballo celebra 15 edicións de xornadas micolóxicas. Comezan o sábado 12 de outubro cunha primeira saída dende o Fórum Carballo, ás 10.00 horas, e a posterior clasificación dos cogomelos e a valoración da xornada, xa a partir das 16.30 horas. Esta primeira xornada estará coordinada por Manuel Pose.

sábado 26 contarase con Tomás Rodríguez, co cal realizarase unha nova saída para recoller cogomelos, co mesmo formato que a do día 12.

As persoas interesadas en participar en calquera destas saídas poden inscribirse enviando os seus datos a a.c.lumieira@gmail.com.

E o domingo 27 remata esta edición cunha proposta dobre que se desenvolverá arredor da feira tradicional. A partir das 11.00 horas, todo o público que o desexe poderá achegarse ata o posto que haberá instalado na Praza do Concello (no caso de choiva, no mercado municipal) e aprender máis sobre os cogomelos coa axuda do micólogo Pablo Cuadrado Prado.

Á mesma hora, no interior do mercado municipal (na zona de costume), o cociñeiro Chisco Ramos ofreceranos un showcooking co cal aprender a elaborar distintos pratos con cogomelos e que rematará cunha degustación de petiscos entre todas as persoas asistentes (ata fin de existencias).

Volver atrás