X

Visitas guiadas por Corcubión

02/07/2024 - 29/08/2024

Corcubion

Visitas guiadas por Corcubión

Durante os meses de xullo e agosto realizaranse visitas guiadas gratuitas no Concello de Corcubión. Estas visitas serán de dous tipos:

"UN PASEO POLA HISTORIA DE CORCUBIÓN" será un percorrido a través da historia da vila no que se farán paradas naqueles lugares e edificios máis destacados e que son testemuña do desenvolvemento que tivo Corcubión a partir do século XV.
Punto de encontro: Oficina de Turismo de Corcubión (entrada do porto):
Hora de inicio: 18:45h.
Días de realización:
* Xullo: 2, 3, 9, 11, 18, 19, 23, 24, e 31.
* Agosto: 6, 13, 20 e 28.
Duración aproximada: 1 hora 30 minutos.
Percorrido: partindo do porto, camiñarase por algunhas das rúas do conxunto histórico e rematarase a visita guiada no exterior do Edificio José Carrera (Casa do Concello).

"MAR, CARBÓN E SAL" será unha visita guiada para coñecer o pasado industrial que tivo Corcubión e que tan importante foi no seu desenvolvemento, centrándose a visita na industria do carbón e da salgadura.
Punto de encontro: Oficina de Turismo de Corcubión (entrada do porto):
Hora de inicio: 18:45h.
Días de realización:
* 1, 7, 14, 21 e 29 de agosto.
Duración aproximada: 1 hora 30 minutos.
Percorrido: partindo do porto, camiñarase polo paseo marítimo en dirección á Praia de Quenxe onde, case ao final da mesma, se rematará o percorrido.

TODAS AS VISITAS GUIADAS TERÁN UN MÁXIMO DE 20 PRAZAS.

SERÁ NECESARIA A INSCRICIÓN PREVIA A TRAVÉS DUN DOS SEGUINTES MEDIOS:

- Formulario (se se quere participar en máis dunha visita guiada débese enviar un formulario por cada visita): https://forms.gle/JJ1hjAiiANP2nCTk6

- De forma presencial na Oficina de Turismo.

- A través do correo electrónico turismocorcubion@gmail.com. No caso de inscrición por correo electrónico, deberá indicarse un nome e un teléfono de contacto, así coma o número de persoas e o día ou días que van asistir á visita guiada.

Volver atrás