X

Noite de Petros en Berdoias, Vimianzo

18/10/2024 - 18/10/2024

Berdoias

Noite de Petros en Berdoias, Vimianzo

O concello de Vimianzo organiza unha visita nocturna guiada aos petróglifos do Pedrouzo e de Boallo, na parroquia de Berdoias.

A visita incluirá unha pequeniña ruta de sendeirismo de 2,6 km polo entorno de Boallo.

A actividade estará guiada polo Colectivo a Rula e as prazas son limitadas.

As incricións poderán realizarse ata o 16 de outubro ou ata completar prazas na seguinte LIGAZÓN: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeXhxHg0w1GidVW3nbBiVnSSU_uhz-bSC3uLUCo1s49Kz_BPw/viewform 

A saída da actividade realizarase ás 21h dende a Praza do Concello en bus.

É imprescindible levar lanterna e calzado axeitado para camiñar polo monte.

Volver atrás