X

Danza Rosa en Camariñas

19/10/2024 - 19/10/2024

Camariñas

Danza Rosa en Camariñas

Como xa é habitual, o Concello de Camariñas organiza unha “Danza Rosa” para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama. O sábado 19 de outubro as rúas do municipio tinguiranse de cor cos panos e arcos rosas en apoio ás persoas enfermas de cancro.

A actividade, en colaboración coa Asociación Española Contra el Cáncer, consiste nunha andaina e danza de arcos. As persoas participantes sairán desde a praza do Concello ás 16 horas. Unha vez rematada a marcha, impartirase unha clase de zumba ao aire libre.

As persoas interesadas en participar na Danza Rosa poden apuntarse no Concello ou no local Chuchelandy, donde se lles dará a demandada camiseta da Mostra do Encaixe co lema Camariñas Sorprende co donativo de 7 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer.

Volver atrás